Análise da Obra Narrativa en Galego: Relatos, Persoaxes e Estilo

Enviado por Chuletator online y clasificado en Otras lenguas extranjeras

Escrito el en español con un tamaño de 11,46 KB

Introdución

Hai un narrador que responde ao eu autor. A vila é observada no lusco-fusco desde unha fiestra do último andar. Entre a visión e a realidade interpónse un vidro que, para máis, vai embazándose co alento do que observa. Así, a visión está desfigurada, distorsionada e tan deformada que, ás veces, dúbidase da súa veracidade.

Os homes e a noite

Aloi e Mingos estaban nunha festa. O Pitutas proponlles armar unha liorta para que a xente se arremuíñe e veña a Garda Civil. Mentres se arma ese rebumbio, el mataría unha persoa porque alguén lle pagara por matar. Aceptan, pero Aloi decátase de que o Pitutas roubara un neno de cinco anos e moreno. Mingos está moi preocupado porque pensa que pode ser o seu fillo. Van detrás do Pitutas, véno cun neno ao lombo. Pelexan porque Mingos pensa que é o seu fillo. Mata ao Pitutas e logo comproban que non é o seu fillo. Mingos mostra unha total indiferenza; dálle igual que haxa dous mortos.

Dúas cartas a Lou

1.ª carta

Ramón Fraiz mándalle unha carta a Lou (el está en Vigo e ela en Puech Merlhou, Provenza). Quere contarlle toda a verdade sobre as dúas mulleres coas que estivera antes. Marchou da súa casa na aldea cun plan secreto. Atopou unha casoupa na que vivían Xaquín (deitado nunha cama) e a Vella cega (súa nai). Quedou alí e estaba nun recanto cada vez máis inconsciente. De súpeto, un día espértao unha raiola e érguese despexado. Xaquín non estaba e a Vella era unha moza. Viven xuntos e a «vella» dille que van ter un fillo ao que chamarán Xaquín. El vaise; a vella dille que non importa, que xa virá outro home para facerlle o fillo.

2.ª carta

Ao saír do ambiente anterior, o protagonista atopou a Ana. Ao mesmo tempo atopou o seu camiño, a súa arte. Antes, un amigo díxolle que visitara o salón da señora Nores. Alí tocou o piano; foi a mellor interpretación da súa vida. Desde alí mirou por unha fiestra e, na casa de enfronte, viu unha face e nos seus ollos a mesma paixón que el puxera no piano (de soidade).

Un día entrou naquela casa que cheiraba mal. A muller tiña os beizos moi móbiles. Tiña un cobertor tapándolle as pernas. Ía bicala cando ela retira o cobertor e, ao baixar a vista, ve que as pernas eran só ósos pequenos recubertos dunha carne fedorenta e negra. Quedou horrorizado. Volveu á casa da señora Nores e outro día, no que tomara moita xinebra, entrou na casa de Ana e deulle co canón dun revólver ata matala. Confésalle a Lou na carta que esas foron as dúas mulleres da súa vida antes que ela.

O Suso

O Suso chama, de noite, a Manolito para que o acompañe ao río, porque había un rapaz afogado. Manolito tiña medo, pero estaba moi orgulloso de que o Suso o viñera chamar a el. Puxéronse a andar pola beira do río. El tiña frío, pero non quería amosar medo diante de Suso. O río era o Barbaña e cheiraba moi mal. O Suso propúxolle que se separasen para atoparen antes o neno morto. Manolito atopouno e viu que era o Suso. Horrorizouse e foise para a casa. Á mañá seguinte os rapaces berraban debaixo da súa fiestra a noticia: o Suso afogara no río Barbaña.

Boas noites, Eire

Eire espertou, estaba canso, acendeu un pito. Chove, ve unha muller batendo unha alfombra e comeza a lembrar a noite anterior: a noite vella. Estaba nun bar atestado de xente e tres mozos tiran as copas contra a parede do bar. Violeta estaba soa; fíxolle graza o feito e ela fixo o mesmo. Eire achegouse a ela e saíron xuntos. Pararon a tomar unha copa e logo acompañouna á súa casa. Bicouna no portal e subiu con ela ao piso.

Ela explicoulle que vivía co seu tío Carlos (un home duns cincuenta anos), que se ocupara dela cando morreu a súa nai. El estaba sempre bébedo; pola mañá pedíalle sifón e deitábase con ela. Ese era o segredo de Violeta, por iso lle pediu a Eire que se fose: esa é a súa vida. Remata o pito e tírao pola fiestra; a muller bate a alfombra, pero deixou de chover.

Diario

Terzo feira (martes)

En primeira persoa, o protagonista di que baixa as escaleiras da casa e vai ao café de enfronte; alí comeza a escribir o seu diario. Toda a noite estivo sen durmir. Asómase á fiestra do cuarto, pecha os vidros, pero di que o medo xa entrara e xa se deitara na súa cama. Algo eléctrico mórdeo e el abre a boca para berrar; entón choutou pola fiestra, tiña unha ferida na testa e amencía.

Cuarta feira (mércores)

Di que é carpinteiro e que todos os patróns o botan. Por cada patrón que o despide, el corta un dedo da man coa serra eléctrica. Pero di que o Reitor é un gran home porque lle deu cartos e café con leite. El volveu á casa, aínda que sabía que o medo estaría alí. Tiña moito sono, subía as escaleiras e Eusebia Cons saíu á porta a pedirlle lume. Faltáballe unha perna. El comezou a fixarse nela e tirouna ao chan coa intención de violala, pero quedou durmido toda a noite na escaleira.

Quinta feira (xoves)

Atopou a Eusebia Cons e púxose vermello porque cría que lle contara a todo o mundo o do día anterior. Pensaba que todo era unha manobra do seu pai. Foi ao seu cuarto. Cheiraba a chinches, pero non era polas chinches: era o seu pai, que fumara os seus pitos. Estaba avergoñado porque seguramente vira a roupa interior de muller que mercara e que bicaba escote.

Sexta feira (venres)

Di que leva anos sendo escravo do seu pai, que lle paga dándolle tabaco de contrabando. Esa noite baixa polo cano da auga para entrar na casa de Eusebia e deitarse con ela. De súpeto, oe dúas respiracións: unha é de Eusebia e a outra de seu pai; recoñéceo polo alento fétido a chinche. Sente-se moi desgraciado.

Sábado

O protagonista escribe o que fará o día seguinte (escribe ao día anterior), porque ten pensado aforcarse.

Sábado (verdadeiro)

Decidiu non suicidarse. Tomou barbitúricos e durmiu toda a noite. O seu pai deulle unha aperta, pero el expresa o noxo que lle dan os beizos do pai, sobre todo cando bicaba á súa nai. Supón-se que matou o pai dunha navallada. Xa non quere seguir escribindo o diario; fixérao por terapia encomendada polo psiquiatra que o atende e, agora que se cre curado, déixao, aínda que o doutor o anima a seguir.

Un chinche dorme no teito

Nota do autor dicindo que ordenou as notas que deixou León Barreiros na pensión onde vivía.

A pensión Míguez de Compostela é sórdida e escura. Unha ducia de estudantes (escrito en primeira persoa) pasan o día estomballados nas camas. O protagonista, que escribe en primeira persoa, escoita as conversas do teléfono que está a carón do seu cuarto. Leva un mes chovendo e di que xa tarda en levarse a cabo o costume de que cada ano haxa un suicidio; de seguir a chover, non tardará en cumprirse. Un chinche dorme no teito; un día que baixa, mátao e limpa o sangue.

Hai tres días que recibiu a noticia da morte da súa nai, mais non sente ningunha dor, aínda que busca dentro de si, porque quixera sentir a desolación maior. Carmiña, a criada da pensión, dille que ten mala cara. Mírase ao espello, queda espantado e comeza a ouvear. Carmiña vén correndo, tranquilízao e méteo na cama coma a un neno pequeno; así facía tamén a súa nai.

O autor deixa un espazo en branco e comeza noutra folla para transmitirnos que xa estamos na seguinte das notas de León. É domingo pola mañá. Bebeu moito a noite anterior, ten manías persecutorias, hai dous homes de traxe negro que se senten a carón del. Séntese desacougado desde que lle morreu a nai e imaxínaa comida polos vermes no cadaleito.

Novo espazo en branco, outra nota do protagonista. Non sae do seu cuarto, madruga, non lle sae da cabeza que el sobra nesta vida. Derradeiro espazo en branco para a derradeira nota. O protagonista di que leva chovendo unha chea de meses, así que a auga chega ata o terceiro andar. Carmiña mira por el, mais sempre sae chorando do seu cuarto. Uns vascos chámano desde a rúa para ir xuntos xogar ao chinchón. Como é bo nadador e a auga da chuvia chega ao terceiro andar, bótase á rúa pola fiestra.

A casa azul

(Pequena homenaxe a Samuel Beckett)

Rosa tiña vinte anos. Non era guapa. Vivía co Portugués nunha casoupa no arrabalde dos esmoleiros. Queda embarazada e o Portugués díxolle que ten que ir á Casa Azul; ten que cumprir co costume. Ela quere romper con esa tradición, desconfía, ten medo, aínda que a casa sexa luminosa e alegre. El pégalle e dille que ten que ser así, como foi sempre.

Ela queixase de que os homes están todo o día deitados, que traballan un só día á semana e que lles pegan. Por riba, cando quedan prenadas teñen que ir á Casa Azul. Ao final, ela tamén vai; non lle queda outra.

Ramil, Ramil, vas morrer Ramil

(Escrito en terceira persoa)

Charles Eguières comezou a agatuñar, ás tres da mañá, pola enorme morea de mineral de ferro que se erguía sobre o malecón de Vigo. Custáballe moito subir. Leva un revólver e quere matar a Ramil por un asunto que aconteceu en Madrid. Apareceu Ramil cunha lanterna acesa que o cega. Charles disparoulle, mais non lle deu. Ramil tirou con el e fixo rolar polo monte de mineral de ferro, que daba no mar, e desapareceu na auga. Ramil quedou paralizado mirando o mar desde o cume do montón de mineral.

A cabeza fendida

(Escrito en terceira persoa)

Unha parella estaba nunha praia de Vigo. Ela é María e el un xogador de fútbol famoso, Gustavo Comesaña. Foron comer á praia. Había un mes que saían xuntos. Todo o mundo cría que ela era a amante do señor Ferreiro, o contratista. Pero el só quedaba con ela para beber e falar. Aínda así, se chegaba a saber que tiña mozo, botábaa do traballo e ela e a súa nai non tiñan de que vivir.

Cando remata o día vanse da praia cara a Vigo. El tiña unha moto e debía atravesar un bosque para collela. Ela sobe a un penedo, esvara e fende a cabeza. El sae, asustado, en busca de axuda; entra nun bar e comeza a beber. Volve ao pé dela e queda alí deitado, bébedo, facéndolle mecos a ela, morta.

O cadro pintado

(Escrito en terceira persoa)

Silvio e Helena son pintores. Discuten porque din que asasinaron o seu fillo. Entre os dous pintaron un cadro no que representaron o que denominaban o seu fillo. Tiña unha mirada, mans e cor anormais. A casa convertérase nun inferno, porque se lles aparecía a todas horas coa súa face verde. Convviñeron en matalo, tapándolle a cabeza e afogándoo na bañeira. Silvio di que fora un absurdo que aparecera entre os dous e que, agora que o mataran, volverían á normalidade.

Regras de pronunciación e ortografía

e aberto: precedido de i breve, e longo ou œ latinos; en sufixos -és/-esa, -edo, -eza, -ello/-ella; ditongos decrecentes; nomes acabados en -eo; nome dalgunhas letras (be, ce, pe); demostrativos; infinitivos en -er; pretéritos regulares; verbos en -ear; tónico dos verbos da CII excepto P2, P3 e P6.

o aberto: precedido de u breve ou o longo latino; sufixos -oso/-osa, -oño/-oña, -on/-ona, -ollo; ditongos decrecentes; nomes acabados en -on, -or; infinitivo de pór e derivados; pretéritos de ser e ir; tónico dos verbos da CII excepto P2, P3 e P6; seguido de consoante palatal.

Símbolo integral x: xa, xente, xisto, axotar, xugo.

ks: exame, óxido, mixto.

0 con raia no medio: z, c.

Entradas relacionadas: