Análise Comparativa de Descartes, Hume e Santo Tomás de Aquino
Enviado por Programa Chuletas y clasificado en Filosofía y ética
Escrito el en gallego con un tamaño de 8,86 KB
Descartes, Hume e Santo Tomás de Aquino: Unha Comparativa
René Descartes: O Racionalismo e a Dúbida Metódica
Descartes propón a construción dun método que trata de avanzar no coñecemento da verdade. Este método presenta unha dobre faceta: a crítica negativa (tendente a excluír toda posibilidade de erro) e a crítica positiva (pola cal se pretende proporcionar as regras e establecer as condicións para o descubrimento da verdade). A parte crítica caracterízase pola dúbida. A dúbida escéptica renuncia á verdade, mentres que a metódica é xustamente o camiño para desbotar o erro e así chegar á verdade indubidable.
No Discurso do Método, Descartes propón catro regras que reunirían as vantaxes e evitarían as insuficiencias dos métodos da lóxica:
- A regra da evidencia: só debemos aceptar como verdade aquilo que se impón como tal á razón.
- A regra da análise: recomendámola dividir os problemas complexos nas súas partes.
- A regra da síntese: pon os elementos nunha unidade argumentativa de forma ordenada.
- A regra da revisión.
Comezou a rexeitar a información proporcionada polos sentidos. As matemáticas, ao non dependeren da sensibilidade, permanecen alleas á dúbida. A hipótese de Deus como xenio maligno pon en dúbida mesmo a seguridade nas certezas matemáticas. Aquí decátase de que, mentres quería pensar que todo era falso, estaba pensando, e de aí o famoso "Eu penso, logo eu son" (cogito ergo sum). Só se acepta como evidente a existencia do meu pensamento e das ideas que este pensamento contén.
En canto ás ideas, concíbeas como a mediación entre o suxeito pensante e as cousas, posto que o pensamento opera sempre sobre as ideas, nunca sobre as cousas. Clasifica as ideas en:
- Innatas (cousas que están dentro de min)
- Adveticias (cousas que veñen de fóra)
- Ficticias (mestura)
David Hume: O Empirismo e a Crítica ao Coñecemento
Hume recolle os principios xerais do empirismo e avanza na crítica xeral á teoría do coñecemento presentada polo racionalismo, de maneira que as súas conclusións supoñen un desafío escéptico a calquera pretensión de coñecemento. Hume diferencia entre impresións e ideas:
- Impresións (o primeiro dato que recibe a nosa mente: sensacións, paixóns):
- De sensación: se son consecuencia directa do exterior.
- De reflexión: se son froito da nosa mente.
- Ideas (reflexo debilitado e difuso dunha impresión):
- Simples: que proveñen directamente das impresións.
- Complexas: que son produto ben da copia de impresións complexas ou da asociación de varias ideas simples.
Segundo Hume, unha proposición será verdadeira se as ideas que contén e as súas relacións se corresponden con algunha impresión, e falsa se non se dá esa correspondencia. Hume distingue dous tipos de coñecemento: as cuestións de feito e as relacións de ideas. As relacións de ideas están representadas por aquelas ciencias que parten de afirmacións intuitivas e seguen extraendo verdades polas relacións entre estas. Os obxectos destas ciencias dependen soamente da actividade da razón, coa que nas súas proposicións só se expresen relacións entre ideas. Ao segundo grupo pertencen aquelas ciencias que usan proposicións sobre un feito. Como o contrario dun feito sempre é, en principio, posible, a contradición non pode ser utilizada aquí como unha guía para demostrar a verdade ou a falsidade das súas proposicións.
Hume admite que a maioría das morais que coñece deducen os seus xuízos morais da experiencia a través dun proceso indutivo. A partir da negación da validez dese proceso, Hume afirma que tales inducións non poden ser consideradas máis que costumes producidos polo hábito e, polo tanto, sen valor racional ningún. O razoamento lóxico que usan as morais tradicionais, que permite pasar de descricións de feito a prescricións que expoñen valores, é un falso razoamento. Hume di que son os sentimentos os responsables da conduta moral.
O emotivismo moral oponse ao intelectualismo moral. Supón unha visión da moralidade máis achegada ao sentido común, pois permite explicar por que persoas racionalmente desenvolvidas teñen actitudes morais negativas. A razón pode axudar a adecuar os medios aos fins das nosas accións e, ademais, permítenos desbotar crenzas erróneas sobre os obxectos e facilitar a elección dos nosos fins, pero a razón non propón os fins que necesita perseguir o ser humano; isto depende do gusto.
Santo Tomás de Aquino: A Escolastica e a Síntese entre Fe e Razón
Santo Tomás de Aquino é o representante principal e a figura máis destacada da etapa escolástica da filosofía cristiá. Representou a Aristóteles e serviuse do seu sistema para mostrar unha das maiores sínteses da historia do pensamento. O seu tomismo, coas achegas do seu mestre Alberto Magno, proporcionou un método chamado escolástico, que estivo presente en varias universidades. O seu pensamento contextualízase no século XIII, en pleno auxe da escolástica. Esta etapa abrangue desde o século IX ao XIV. Ata o século XII a cultura foi privilexio exclusivo do clero. Substitúense as antigas escolas por universidades, que nacen debido á masificación dos estudantes nas escolas episcopais. Do mesmo xeito, é preciso ter en conta que neste século existen varios factores que contribúen ao cambio da cultura, como o coñecemento da cultura árabe.
Tomás de Aquino naceu a finais de 1224. Formaba parte dunha familia de nobres e é o pequeno de doce irmáns. Con catorce anos entra na Universidade de Nápoles e empeza estudando artes. Ata o século XIII o pensamento de Occidente caracterizouse polo predominio absoluto da filosofía de inspiración platónica, por influencia de Agostiño. Neste século, Aristóteles aparece en moitas traducións e comentarios, a pesar das enormes resistencias por parte da xerarquía católica e do pensamento dominante platónico. Cobra forza o averroísmo, que se desenvolve na Universidade de París, onde Tomás polemiza. As teses averroístas que ocasionan máis polémica son:
- A eternidade do mundo (motor inmóbil)
- A alma de cada ser humano non é inmortal, senón perecedoiira e corrutible
- Existe unha dobre verdade: unha da fe e outra filosófica
Pero Tomás de Aquino rexeitou estas teses, afirmando todo o contrario:
- O mundo pode ser eterno e creado
- A alma humana é inmortal
- Existe unha única verdade
Para Tomás de Aquino, fe e razón representan dúas canles distintas, pero non diverxentes, de coñecemento. Afirma que son distintas porque a fe baséase na revelación sobrenatural, mentres que a razón é unha facultade que corresponde ás persoas en base á súa propia natureza. Pero non son diverxentes porque entre elas non pode darse contradición, dado que teñen unha orixe común. Tomás describe un triplo ámbito de verdades:
- Verdades ás que se pode acceder coa razón natural (coñecementos matemáticos)
- Verdades que o ser humano podería acadar coa súa razón, pero que son importantes para a salvación da especie humana
- Verdades que están contidas nos artigos de fe, que exceden a potencialidade natural da razón humana; nelas resulta imprescindible a fe
En resumo, razón e fe son autónomas e independentes. Así, a razón e a fe teñen unha orixe distinta (abstracción, iluminación divina), unha actuación distinta (entender-crer) e un obxectivo distinto (verdade natural-verdade sobrenatural).
Segundo Tomás de Aquino, o ser natural ten certas tendencias que están enraizadas na súa natureza. O ser humano distínguese dos outros seres pola súa racionalidade, porque só el é capaz de coñecer as propias tendencias e deducir certas normas de conduta encamiñadas a darlles o cumprimento adecuado. Así, demóstrase a existencia da lei natural (o ser humano, en canto que é ser racional, pode formular certas normas de conduta de acordo coas esixencias da súa propia natureza). A lei natural baséase en tres tendencias:
- O ser humano tende a conservar a súa propia existencia
- Tende a procrear
- Tende a coñecer a verdade e a vivir en sociedade
A lei natural ten tres características:
- É evidente, porque as súas normas son facilmente coñecidas por todos os seres humanos.
- É universal, porque é común a todos os seres humanos.
- É inmutable, porque permanece sempre igual a pesar dos cambios na sociedade.
A lei positiva é unha extensión da lei natural mesma; constitúe a prolongación da lei natural e as súas normas deben ser respectadas pola lexislación positiva. Por riba de todo está a lei eterna, gobernada por Deus.