Álvaro Cunqueiro: Claves Literarias y Obras Imprescindibles
Enviado por Chuletator online y clasificado en Otras lenguas extranjeras
Escrito el en
español con un tamaño de 2,76 KB
Álvaro Cunqueiro: Estilo y Características Literarias
Mestura do real e do marabilloso
Nas súas obras conviven personaxes míticos, como Sinbad ou Merlín, con personaxes de caracterización realista. Os feitos máis cotiáns conviven con feitos extraordinariamente fantásticos e son presentados e aceptados con naturalidade.
Uso de recursos da tradición oral popular
Ten preferencia polos xeitos de contar propios da literatura oral. Na súa prosa hai unha tendencia á digresión e á complicación da historia, coa introdución de voces e relatos secundarios. Tamén emprega a técnica das historias encaixadas (un narrador conta unha historia na cal, á súa vez, aparecen personaxes que actúan como narradores doutras).
Presenza do humor e da ironía
Estes elementos serven para humanizar os personaxes e habitualmente van asociados ao uso dun ton lírico e nostálxico.
Obras destacadas
- Merlín e familia (1955): O personaxe central é o mítico mago Merlín das lendas da literatura artúrica. Aparece residindo en Galicia xunto á raíña Xenebra e varios criados, entre eles Filipe de Amancia, que exerce de narrador testemuña e axudante. Estes personaxes son o eixe que dá unidade a unha serie de historias independentes, en que visitantes moi diversos acoden a Merlín para que lles solucione os seus problemas.
- As crónicas do sochantre (1956): Está ambientada na Bretaña francesa e o fío argumental é o secuestro dun sochantre (mestre cantor dunha catedral) por parte dunha comitiva de defuntos que viaxa nunha carroza. Estes irán contando as súas incribles historias e xuntos vivirán novas aventuras ao longo da viaxe.
- Si o vello Sinbad volvese ás illas (1961): O protagonista é o mítico mariño de As mil e unha noites. Sinbad, agora vello e retirado da navegación, recibe unha oferta para volver ao mar. Ante esta posibilidade, Sinbad conforma unha tripulación e emprende unha viaxe para facerse cargo do barco. Ao chegar, descobre que as súas ilusións non tiñan fundamento e que non hai ningún navío para el.
- Escola de menciñeiros (1960): Consta dun conxunto diverso de retratos de personaxes (menciñeiros ou curandeiros) moi relacionados coa cultura popular. Ademais, a obra integra unha parte dedicada a retratos de animais fantásticos (o gatipedro, o murigante...).
- Xente ao lonxe (1971) e Os outros feirantes (1979): Son conxuntos de retratos de personaxes pintorescos, moitos deles con características sorprendentes ou fantásticas, pero todos baseados no xeito de actuar dos personaxes populares galegos.