Álvaro Cunqueiro e Ánxel Fole: Vida e Obra Literaria
Enviado por Programa Chuletas y clasificado en Diseño e Ingeniería
Escrito el en
gallego con un tamaño de 2,5 KB
1. Vida de Álvaro Cunqueiro
Cursa o bacharelato en Lugo e marcha a Santiago para realizar os estudos de Filosofía e Letras, onde inicia o seu labor literario. Tras a guerra, comeza a súa profesión como xornalista e retoma a actividade literaria como narrador. Ingresa na RAG e, en 1981, é nomeado doutor honoris causa pola Universidade de Santiago.
2. Novelas de Álvaro Cunqueiro
- Merlín e familia: Retoma a figura do mago Merlín no pazo de Miranda, en terras luguesas. A narración está posta en boca de Felipe de Amancia, antigo paxe de Merlín. O libro reúne unha sucesión de historias independentes, aínda que cun mesmo esquema.
- As crónicas do sochantre: Sitúase na Bretaña francesa e está protagonizada por un músico que é recollido por un carro no que van varios defuntos; irá escoitando historias das súas vidas pasadas.
- Se o vello Simbad volvese ás illas: Inspírase nunha historia de As mil e unha noites. Simbad é un vello xa retirado que rememora as súas aventuras como mariñeiro.
3. Vida de Ánxel Fole
Na súa cidade natal cursa o bacharelato e, posteriormente, realiza estudos de Dereito en Santiago e Valladolid. Durante a súa mocidade formará parte do PG e inicia a súa actividade literaria; funda a revista literaria Yunque. A súa militancia política fai que, ao comezo da Guerra Civil, fuxa da súa cidade natal e se instale en Quiroga. As experiencias e as xentes coñecidas nestes anos alimentarán a súa obra literaria. En 1963 ingresa na RAG.
4. Narrativa e técnica de Ánxel Fole
Á lus do candil e Terra brava están ambientadas na Galicia rural de alta montaña, concretamente nas terras do alto Courel e no val do Sil. Reflicten modos de vida daquel tempo e ofrecen abundante información sobre o mundo rural galego: a paisaxe, a economía, etc. Os temas dos relatos están relacionados co medo, o misterio e experiencias paranormais, adobiados co humor galego.
Os dous últimos contos, Na néboa e Historias que ninguén cre, sitúanse na cidade de Lugo e nas vilas próximas, continuando cos temas de medo e misterio. A técnica narrativa de Fole está baseada no conto popular de tradición oral e na técnica do conto marcado.
Teatro
Publicou a peza teatral Pauto do demo, cuxa acción se desenvolve nunha aldea da ribeira do Sil en tempo de vendima.