Alfonso Daniel Rodríguez Castelao: Vida, Obra Literaria y Legado Artístico
Enviado por Chuletator online y clasificado en Otras lenguas extranjeras
Escrito el en
español con un tamaño de 3,61 KB
Alfonso Daniel Rodríguez Castelao: Biografía y Contexto
Alfonso Daniel Rodríguez Castelao naceu en Rianxo en 1886, fillo dun mariñeiro que posteriormente fixo fortuna na emigración; viaxou de rapaz coa súa familia á Arxentina. Licenciouse en medicina e, durante a Segunda República, foi deputado polo Partido Galeguista. O triunfo dos franquistas na Guerra Civil provocou a súa fuxida a Buenos Aires, onde seguiu encabezando o galeguismo desde o exilio ata a súa morte en 1950. Aínda que foi un dos membros do Grupo Nós, non formou parte do Cenáculo Ourensán.
Obra Gráfica y Humorismo
- Castelao debuxante: Cousas da vida, debuxos que aparecerían nos xornais Galicia, El Pueblo Gallego... É humor gráfico. En 1915 comeza a súa madurez artística e intelectual.
- Álbum Nós (1918): É un rexeitamento do anterior humor gráfico inserido no superfluo, onde os personaxes populares facían rir aos ricos; agora é un humorismo popular de denuncia da realidade para superala. Emprega o humorismo para espertar a consciencia galega.
- Temática: A obra gráfica reflicte a súa posición crítica fronte ás inxustizas sociais e emprega o humor e a ironía para denunciar aspectos como a avaricia e o caciquismo.
Produción Literaria y Narrativa
Narrativa
- Un ollo de vidro (1922): Relato breve de tema macabro, no que un esqueleto que é enterrado co ollo de vidro que levaba a persoa cando vivía, pode ver a través del o mundo dos mortos.
- Cousas (1926 e 1929): É o libro máis orixinal de Castelao. Consta de 44 relatos (debuxo e texto). É un xénero literario novo, unha novela condensada onde aparecen todo tipo de personaxes populares. Os textos reflicten con dureza pero con gran ternura a vida das clases populares galegas, tratando temas como a emigración, a pobreza, a incomunicación e a soidade.
- Retrincos (1934): Compoñen esta obra 5 relatos, cada un deles inspirado nalgún suceso da biografía do autor.
- Os dous de sempre (1934): Novela longa con debuxos do autor. Os protagonistas son dous personaxes de caracteres contrapostos: Rañolas (nace na miseria e cunha malformación física, é o loitador e idealista) e Pedriño (corpulento e lambón, adopta unha postura de pasividade e conformismo).
Ensaio
- As cruces de pedra na Bretaña (1930)
- As cruces de pedra na Galiza (1950, póstuma)
- Sempre en Galiza (Bos Aires, 1944): Obra de referencia para o nacionalismo. Foi escrita ao longo de varios anos, desde o seu desterro en Badaxoz ata o exilio en Bos Aires. Consta dun adro (prólogo de 1935) e catro libros:
- Primeiro libro: Feito en plena Guerra Civil, fai unha defensa de Galiza como nación con dereito ao autogoberno.
- Segundo libro: Escrito en Nova York no buque Argentina, reafirma as súas ideas e conceptos de Galiza.
- Terceiro libro: O máis extenso de teorización política sobre os modelos para as nacións sen estado.
- Cuarto libro: É un anticipo dunha segunda parte que non chegou a escribir.
Teatro
Os vellos non deben de namorarse, estreada en Bos Aires pola compañía de teatro Maruxa Villanueva en 1941. Procura a modernización do noso teatro. Combina escenas vangardistas con elementos populares, escenas tipicamente galegas, expresionismo, presenza da cor e da música.