O Agrarismo e o Rexurdimento Cultural en Galicia
Enviado por Chuletator online y clasificado en Otras lenguas extranjeras
Escrito el en
gallego con un tamaño de 2,53 KB
O Agrarismo
Foi un movemento reivindicativo do campesiñado galego que xurdiu na primeira metade do século XX. Os seus obxectivos principais eran:
- Mellorar as condicións de vida dos labregos e denunciar o caciquismo.
- Solicitar a propiedade da terra para quen a traballaba.
As Irmandades da Fala
No ano 1916, Antón Villar Ponte promoveu a Irmandade da Fala da Coruña coa finalidade de reivindicar a lingua e a cultura de Galicia. Pretendían:
- A cooficialidade entre galego e castelán.
- A autonomía integral para Galicia.
- O ingreso na Liga das Nacións.
- A igualdade de dereitos entre o home e a muller.
O Seminario de Estudos Galegos
Foi unha institución formada por estudantes e profesores da Universidade de Santiago que formaban parte das Irmandades da Fala. Os seus obxectivos eran:
- Estudar e divulgar o patrimonio cultural galego.
- Formar investigadores.
- Utilizar o galego no ámbito científico.
O Partido Galeguista
Foi o primeiro partido político nacionalista xurdido en Galicia. Naceu en 1931.
A obra literaria de Cabanillas
A obra literaria de Ramón Cabanillas pasa por diferentes etapas e posúe múltiples facetas, o que impide clasificala dentro dunha única corrente literaria. O poeta de Cambados caracterízase por harmonizar a tradición literaria. Como trazos modernistas destacan: o gusto polo exótico, a procura dos elementos mitolóxicos, a musicalidade e o compromiso social e cultural co pobo galego.
Poesía lírica
Na obra lírica de Cabanillas maniféstanse tres direccións temáticas:
- Poesía cívica: que se amosa máis nitidamente nos seus tres primeiros libros, poesía comprometida co agrarismo. Aparece nela unha exaltación da aldea fronte á cidade.
- Poesía intimista: lembra a Rosalía nalgúns aspectos, con sentimento amoroso.
- Poesía costumista: presenta matices humorísticos ou irónicos, así como novidades formais de carácter modernista.
Poesía narrativa
Cabanillas escribiu Na noite estrelecida, obra na que recupera os temas da materia de Bretaña (lendas do rei Artur). O poemario consta de tres sagas:
- A espada Escalibor
- O cabaleiro do Santo Graal
- O sono do rei Artur, que conta a súa morte.
O teatro
Publicou dúas pezas: A man de Santiña e O Mariscal.