Actividade Económica, Agraria e Gandeira: Factores e Sistemas

Enviado por Programa Chuletas y clasificado en Ciencias sociales

Escrito el en gallego con un tamaño de 7,36 KB

Actividade económica

Actividades que realizamos as persoas para satisfacer as nosas necesidades. Producen bens e servizos que necesitamos. Intenta obter estes servizos da maneira máis rápida e barata, xa que os recursos son limitados e escasos. Unha vez obtidos hai que vendelos.

Produción

Combina recursos naturais, técnica e traballo para obter servizos e bens e ser consumidos. Poden ser:

  • Bens de consumo: Satisfán as necesidades dos consumidores (roupa, mobles...).
  • Bens de produción: Máquinas e ferramentas que producen bens de consumo.

Comercialización

Ven despois da produción, ou sexa, a venda de bens e servizos. Realízanse 2 etapas:

  • Venda por xunto: Compran grandes cantidades e véndenllo a empresas.
  • Venda polo miúdo: Compran en pequenas cantidades a empresas e véndenlle ao público nas tendas.

Consumo

Satisfacémonos da compra de bens para satisfacer as nosas necesidades, é dicir, consumimos o produto ou usamos o servizo. Consumimos comida, bebida... ou usamos a tele, a cama, a roupa...

Factores de produción

  • Recursos naturais: Os recursos que atopamos na natureza son procesados para producir novos bens. Esta fonte é a máis importante.
  • Traballo: Actividade para darlle bens e servizos ás persoas. Hai 2 tipos:
    • Por conta allea: Traballar para outras persoas (nunha empresa).
    • Autónomo: Traballar para un mesmo sen depender de ninguén (campesiño ou artesán).
  • Capital: Fai falta para producir bens ou servizos. Forma parte do capital o diñeiro que as empresas teñen no banco para realizar os pagamentos. Pero non son só os cartos, tamén os edificios e máquinas para producir estes servizos.

Economía de mercado

Sistema económico predominante no mundo de hoxe.

Funcionamento do mercado

  • Mercado: Lugar onde se compran e venden mercadorías. Hai vendedores que queren obter o maior beneficio do que venden, e os compradores buscan satisfacer as súas necesidades co menor gasto.
  • Prezo: Oferta escasa + moitos compradores do mesmo produto = sobe o prezo / Gran oferta + poucos compradores = baixa o prezo.

Impostos directos: Págannos os traballadores polo seu salario e empresarios por beneficios.

Impostos indirectos: Pagan os cidadáns ao consumir mediante IVE e impostos especiais.

Poboación activa: Son os que están traballando ou que están dispoñibles para isto. Inclúe as persoas en paro ou que buscan traballo por primeira vez.



Actividades agrarias

Son a agricultura e gandería. Condicionadas por:

  • Clima: Cada cultivo necesita unhas condicións climáticas. As temperaturas e precipitacións demasiado escasas ou altas poden impedir o seu desenvolvemento.
  • Relevo: Localízase nas chairas e fondos dos vales. Para aproveitar terreo das ladeiras constrúense terrazas ou socalcos.
  • Solo: Non todos os tipos de solo son válidos para o crecemento. Depende da súa textura e da súa acidez.
    • Textura: Tamaño das partículas do solo. Depende a súa capacidade de reter auga. As máis grandes son as areas, que apenas retén auga e as máis pequenas arxilas, é impermeable. Ningunha das dúas é apropiada para a agricultura.
    • Acidez: Mídese mediante pH, o solo ten un pH de 7. Por debaixo deste valor o solo é ácido e por enriba básico. Das dúas maneiras resulta un solo pouco fértil.

Paisaxes agrarias

Paisaxe natural modificada para obter produtos da natureza para aumentar o seu aproveitamento. Non todas son iguais. Son as parcelas; división do solo agrario. Existen paisaxes de campos abertos, sen cerrados que as delimiten, pouca extensión (Europa Central). E de campos cerrados, son parcelas grandes e cerradas por muros (Europa atlántica).

Sistemas de cultivo

Para obter produtos agrarios. Usan o policultivo: o espazo agrario divídese en moitas leiras. Cultívanse especies distintas. Monocultivo: espazo agrario especializado nun só produto.

Segundo as necesidades de auga:

  • Paisaxes de regadío: auga extraída do subsolo e a través de canles lévase aos campos.
  • Cultivos de secaño: Só usan a auga da chuvia.

Segundo o aproveitamento do solo:

  • Agricultura intensiva: en lugares moi poboados, terreo escaso. Prodúcense moitos produtos en pouco terreo. Úsanse fertilizantes. Moita man de obra.
  • Agricultura extensiva: Lugares pouco poboados con moito terreo e man de obra escasa, querendo obter moitos produtos. A maior parte do traballo é realizada por máquinas. Non usan fertilizantes, pero si se practica o barbeito.

Poboación: Poboamento rural espallado e concentrado.

Agricultura de subsistencia: Úsase para a supervivencia e a maior parte do solo e do traballo adícaselle para o autoconsumo. As técnicas de cultivo son coma as do Neolítico. Traballan coas súas propias mans e sen depender apenas de ferramentas.

Gandería

Gandería tradicional

Complementa a agricultura. En zonas moi secas xorde a gandería de subsistencia, propia dos pastores. Desprázanse cos seus rabaños de camelos, ovellas ou cabras en busca de auga.

Gandería comercial

Vender a produción no mercado e obter moito beneficio:

  • Gandería intensiva: Practícase en explotacións moi especializadas, con moito capital, man de obra e as instalacións necesarias para o gando. Obteñen moitos exemplares en pouco espazo. Críanse en cortes, réxime de estabulación. Cando combina a vida nas cortes e no campo chámase gandería semiestabulada. A gandería intensiva adícase ao gando bovino, para ter carne e leite.
  • Gandería extensiva: Lugares con moito terreo de pasto. Poden alimentar a grandes rabaños pola grande extensión. Non precisa moita man de obra xa que pastan libremente e fálles falta un alto capital para tanto gando e ter boas estruturas comerciais.

Pesca

Pesca tradicional

Preto da costa, practícana os humanos con aparellos de pesca sinxelos. Utilízanse arcos, frechas, arpóns, nasas, anzois... A súa produción serve para o autoconsumo, xa que é escasa e só unha pequena parte vai ao mercado.

Pesca industrial

Quere obter un grandes capturas. Necesitan unha gran tecnoloxía e un equipamento moi avanzado. Segundo o lugar onde se practica pode ser:

  • Pesca de baixura: barcos pequenos con redes. Non se afastan moito da beiramar e desembarcan na lonxa.
  • Pesca de altura: Con barcos grandes e ben equipados que permanecen no mar semanas ou meses. Levan radares para detectar os bancos de peixes.
  • Gran pesca: Pescan en augas moi afastadas con barcos subministradores. Deses barcos subministradores saen embarcacións que logo volven a descargar a pesca.

Entradas relacionadas: