A xinea arturica

Enviado por Programa Chuletas y clasificado en Otras materias

Escrito el en gallego con un tamaño de 2,09 KB

"amor de artur"(82) mendez ferrin. marca a volta o mundo arturico e supon unha nova expansion literaria do mundo de tagen ata( retorno o tagen ata(71) introducia unha notable variante no xenero pois o texto abalaba entre a autoconfesion das vivencias intimas da protagonista e a dimension da alegoria nacional, dimension que lle permite o autor crear unha xeografia imaxinaria e simbolica na que ficcionalizar os conflictos entre o galeguismo do interior e o do alen do mar. o espazo literario d tagen ata sera desde enton un dos eixes recorrrentes do seu particular macrotexto narrativo), agora dotado dun pasado mitico e dunha ampla historia contemporanea. ademais, nos relatos que compoñen o volumen de ferrin segue a inventar novos microuniversos de fortes resonancias exoticas ao tempo que ensaia unha vez mais a as modalidades de misterio terrorifico, ou do marabilloso de tradicion popular.en amor de artur fanse xa moi evidentes os riscos unificadores da producion narrativa ferriniana: o recurso a unha linguace epico-lirica, inzada de simbolos e recorrencias. esa simboloxia propia codifica constantemente os motivos tematicos da opresion e liberacion, da nostalxia polo tempo perdido,o amor e o desamos, o eros e a morte, a memoria historica ou a relacion entre o real e o irreal; e a reiteracion destes e dotros motivos o que dota a sua produccion literaria(non so narratica) dunha grande cohesion semantica

Entradas relacionadas: