676r

Enviado por Chuletator online y clasificado en Historia

Escrito el en gallego con un tamaño de 5,56 KB

Tras a renuncia ao trono de Amadeo I en febreiro de 1873, polas distintas dificultades presentes no seu reinado (entre elas a crecente oposición republicana que, durante este breve reinado, tenta conseguir o apoio popular necesario para instaurar a República), o Congreso e o Senado reúnense conxuntamente, formando a Asamblea Nacional, e deciden proclamar o 11 de febreiro de 1873 a República, a pesar de ser maioritariamente monárquicos. A mesma Asamblea Nacional asume todos os poderes e nomea presidente do poder executivo a Estanislao Figueras, quen exercería de xefe do Estado e do Goberno.


 Existían fortes diferenzas entre os republicanos sobre a organización política da República:


-Os unitarios defendían a creación dunha república unitaria.


-Os cantonalistas defendían a configuración dunha federación construída a partir da unión voluntaria dos Cantóns (unidades políticas inferiores que proclamarían a súa soberanía).


-Os federais gradualistas (dirixidos por Pi y Margall) defendían a idea de que unhas Cortes constituíntes da nación española decidisen o reparto de poderes entre o Estado federal e os Estados que formasen a federación.


 Ante as tensións formadas por estas diferenzas, convocáronse novas eleccións (celebradas por sufraxio universal masculino, para os maiores de 21 anos) para formar unha Asamblea Nacional constituínte. Foron gañadas polos federais, polo que se proclamou a república federal con Pi y Margall como presidente. Consecuentemente, elaborouse un proxecto de Constitución federal, que establecía a soberanía popular con sufraxio universal masculino, unhas Cortes bicamerais cun Congreso e un Senado, e un radical cambio na estrutura do Estado: definía a República federal e establecía que a nación española se compuña de 17 Estados (entre eles Cuba e Puerto Rico); organizaba o poder a nivel dos municipios, dos estados rexionais e do Estado federal. Polo tanto, rompía co modelo centralista tradicional e definía un novo sistema democrático.

Entradas relacionadas: