Fundamentos da Economía: Actividades, Sectores e Sistemas na Unión Europea
Enviado por Chuletator online y clasificado en Otras lenguas extranjeras
Escrito el en español con un tamaño de 11,36 KB
1. As actividades económicas
Actividades económicas: conxunto de actividades desenvolvidas polos seres humanos para cubrir as diversas necesidades das persoas e das sociedades, xa sexa producindo bens ou prestando servizos.
A actividade económica inclúe tres fases: produción, comercialización e consumo.
1.1. Produción
Na produción de bens combínanse os recursos naturais, a técnica e o traballo. Os bens poden ser de dous tipos:
- Bens de consumo: son os que satisfán as necesidades dos consumidores.
- Bens de produción: son os materiais, máquinas e ferramentas que se empregan na produción dos bens de consumo.
A produción de servizos (sanidade, transporte público, etc.) implica a creación e a organización de infraestruturas correspondentes... Continuar leyendo "Fundamentos da Economía: Actividades, Sectores e Sistemas na Unión Europea" »