Propiedades de los cromosomaS
Enviado por Chuletator online y clasificado en Biología
Escrito el en gallego con un tamaño de 21,35 KB
O núcleo celular é o orgánulo no que se atopa o material xenético que contén toda a información necesaria
para poder controlar o funcionamento das células.
O núcleo como tal, só se observa nas células en interfase, período no que a maioría das células pasan case
todo o seu ciclo vital. Polo xeral, está situado no centro da célula, aínda que ás veces pode estar
desprazado a causa do tamaño dos vacúolos.
1.1.A ENVOLTURA NUCLEAR.
Forma parte da rede de membranas interconectadas que existen na célula. Obsérvase que consta dunha
membrana dobre: unha membrana nuclear interna e unha membrana externa. A membrana nuclear
externa está recuberta de ribosomas e continúase coas membranas do retículo endoplasmático,