Zarismo e URSS: política exterior, represión estalinista e legado da Segunda Guerra Mundial
Enviado por Programa Chuletas y clasificado en Otras lenguas extranjeras
Escrito el en
español con un tamaño de 3,37 KB
Zarismo e URSS: similitudes na política exterior, represión estalinista e legado da Segunda Guerra Mundial
Por exemplo, na política exterior teñen similitudes, pois os obxectivos dos zares eran expandirse e ser o irmán maior dos pobos eslavos (o mesmo que a URSS). Outro obxectivo era a expansión cara aos mares cálidos (Mar Negro e Mediterráneo). En definitiva, a política exterior de ambos parécese moito; sen embargo, as motivacións e o discurso son distintos.
Similitudes internas
- Outra similitude é que o individuo vale pouco no zarismo e na URSS, pois a felicidade colectiva prima sobre as persoas.
- Un aspecto burocrático era o pasaporte interno, que tamén existía no zarismo e que Stalin recuperou na URSS (é unha forma de control da poboación; no caso soviético, para evitar que os campesiños dos kolkózes escaparan).
- En definitiva, o zarismo e os bolxeviques diferéncianse en moitas cousas, pero nalgunhas sorprendentemente coinciden.
Sistema represivo estalinista
O sistema represivo estalinista incluíu, entre outros, as purgas (contra o propio Partido Bolxevique, contra o Exército soviético e contra comunistas estranxeiros).
Logros socioeducativos e obras públicas
Logros educativos: rematouse co analfabetismo.
Obras públicas: realizáronse numerosas obras públicas con man de obra forzada, pero ao fin e ao cabo eran proxectos de infraestrutura.
Arte e cultura
Arte: impúxose o chamado realismo socialista. Moitos artistas acabaron nos gulags: ou se adaptaban ao realismo socialista —que consistía en non mostrar a realidade tal como era, senón en introducir unha mensaxe de progreso— ou sufrían a represión.
Segunda Guerra Mundial e posguerra
Ata hoxe, o gran mito lexitimador de Stalin é a súa vitoria contra os nazis na Segunda Guerra Mundial. A guerra converteuse no gran mito lexitimador da URSS, por encima da Revolución.
1941: Alemaña decláralle a guerra por sorpresa á URSS.
Outra experiencia soviética durante a guerra foron as deportacións de grupos étnicos sospeitosos (alemáns do Volga, chechenos, coreanos, etc.).
Represalias étnicas masivas en 1945: entre 10 e 11 millóns de alemáns étnicos foron expulsados de Romanía, dos Sudetes, etc.
Hai esperanza no pobo soviético de que todos os sufrimentos e sacrificios —despois do esforzo colectivizador e da guerra, e do prezo en vidas humanas— teñan unha recompensa. Comeza a ilusión colectiva: a esperanza de que despois da guerra o estalinismo se moderase e adoptase un trato máis suave co seu pobo.
Vanse liberar cerca dun millón de presos dos gulags, moitos deles para marchar cara á fronte. Púxose fin á campaña anticlerical e deixouse pasar por alto os hortos privados dos kolkózes, porque durante a guerra estes hortos aumentaran e eran máis produtivos; o goberno fixo a vista gorda tamén co mercado negro de alimentos. Tamén se relaxou algo o control sobre os artistas: en particular, liberáronse algúns dos encarcerados.
En definitiva, había esperanza de que a posguerra sería moito mellor.