A Xustiza en Platón e Aristóteles: Do Idealismo á Realidade Ética
Enviado por Chuletator online y clasificado en Otras lenguas extranjeras
Escrito el en
español con un tamaño de 3,15 KB
A Equivalencia da Xustiza: Individuo e Cidade
A idea principal deste texto é a equivalencia da xustiza no individuo e a xustiza na cidade. É dicir, unha cidade é xusta cando cada un dos seus grupos ou clases cumpre a súa función propia; do mesmo xeito, unha persoa é xusta cando as distintas partes da súa alma están ben ordenadas e cada unha cumpre a que lle corresponde.
As Bases da Ética de Platón
Para conseguir isto, na ética de Platón explícanse dúas cualificacións fundamentais:
- A división da alma en tres partes: a racional, cuxa virtude é a prudencia; a irascible, cuxa virtude é a fortaleza; e, por último, a apetitiva (ou concupiscible), que desexa praceres e debe controlarse coa temperanza.
- A división das clases sociais na cidade: os produtores, que se encargan de crear as necesidades materiais; os militares, defendendo a cidade e promovendo a paz; e, por último, os gobernantes, dirixentes do Estado.
Se esta correspondencia entre a división da alma e a social é respectada, obtense unha sociedade que alcanza a eudaimonía a través da xustiza.
Estrutura do Pensamento Platónico
En canto á estrutura do texto, podémolo dividir en tres partes:
- Primeira parte: Explícase a equidade de xustiza social e individual. Unha cidade é xusta cando cada un cumpre o rol que lle corresponde; isto conséguese cando cada parte da alma cumpre a súa función.
- Segunda parte: Explica cando unha cidade é xusta, especificando que isto é conseguido cando cada grupo realiza ben as súas tarefas; por iso di que a cidade é "moderada, valente e sabia".
- Terceira parte: Conclúe que para calquera areté (virtude) que faga que a cidade sexa xusta, será a mesma que faga que o sexa o home.
Reflexión Crítica: Platón fronte a Aristóteles
Ao meu ver, Platón presenta unha idea de xustiza moi clara e ben estruturada, pero tamén demasiado idealizada. Na realidade, as persoas non sempre teñen a súa alma en equilibrio e as cidades distan moito de funcionar de maneira perfecta. Por iso, aínda que a súa proposta serve para reflexionar sobre o equilibrio persoal e social, resulta moi difícil aplicala tal cal no mundo real.
Aristóteles, pola súa banda, entende a xustiza desde unha perspectiva máis práctica. Para el, non se atopa nun modelo ideal ou abstracto, senón nas accións cotiás das persoas e no modo en que realmente funcionan as cidades. Mentres Platón mira cara a un ideal universal e perfecto, Aristóteles pon o foco nas leis, nos costumes e no comportamento ético concreto, adaptado ás circunstancias de cada situación.
Conclusión
En resumo, a teoría de Platón é útil para pensar, pero pouco aplicable no día a día; Aristóteles prefire unha visión baseada na realidade e nas accións concretas antes que nas ideas perfectas.