Xestión de Documentos e Mantemento do Equipo en Linux e Windows

Enviado por Programa Chuletas y clasificado en Informática y Telecomunicaciones

Escrito el en español con un tamaño de 15,56 KB

Xestión de Documentos en Linux: Estándar de Xerarquía de Ficheiros

O sistema de documentos e cartafoles é diferente ao de Windows. A este sistema chámaselle estándar de xerarquía de ficheiros (FHS).

Consta de tres elementos principais: superbloque, táboa de inodos e bloques de datos. A táboa de inodos ten un número para cada documento ou cartafol que permite localizalo fisicamente no soporte de almacenamento. A estrutura en árbore parte dun directorio principal chamado “root” e que se representa polo caracter “/”. Xoga o papel de “c:” en Windows, pero en LINUX non pode haber máis que un aínda que existan varias unidades.

Para que un disco ou unidade sexa accesible no sistema de ficheiros debe habilitarse, o que se coñece como “montar” a unidade.

Rutas e nomes de arquivos

Os nomes de ruta e arquivo son similares aos de Windows, pero non distingue documentos se teñen o nome igual ata os primeiros 14 caracteres. Nos nomes non se permite usar espazos en branco. LINUX é “case sensitive” así que distingue entre maiúsculas e minúsculas.

Árbore de directorios en Linux

Un cartafol ou directorio é realmente un arquivo que contén información sobre outros arquivos e sobre como acceder a el. Os directorios poden ser:

  • Estáticos (/bin, /sbin, /opt, /boot, /usr/bin) ou dinámicos (/var/mail, /var/spool, /var/run, /var/lock, /home).
  • Compartibles (/usr/bin, /opt) ou non compartibles (/etc, /boot, /var/run, /var/lock).

Na interface de texto o cartafol actual pode designarse co caracter “.” e o cartafol contedor (directorio pai) pode designarse con “..”.

Os arquivos ou documentos poden ser destes tipos principais:

  • Un directorio ou cartafol.
  • Arquivos ordinarios: creados, abertos, modificables polo usuario.
  • Ligazóns físicas: trátanse de segundos nomes que se aplican ao mesmo arquivo.
  • Ligazóns simbólicas: trátanse tamén de nomes adicionais para un mesmo documento (non para cartafoles); son documentos que só conteñen o nome doutro documento.
  • Especiais: designan dispositivos variados coma medios de almacenamento, impresoras, etc.

Algunhas descricións:

  • /bin/ Programas binarios esenciais que todos poden executar.
  • /boot/ Ficheiros usados no arranque do sistema (núcleo e disco RAM)

Panel de Control (Windows XP)

Accédese así:

  1. Facer clic sobre o botón Inicio da barra de tarefas.
  2. Acceder á opción Panel de control do menú que se desprega.

Ao abrir por primeira vez o Panel de control vense algúns dos elementos máis empregados organizados por categorías. Sobre elas o punteiro do rato activa menús emerxentes que as explican. Algunhas abren unha lista de tarefas que poden realizar e un grupo de elementos do Panel de Control relacionados coas mesmas. Pódese traballar con tódolos elementos á vista e sen agrupar facendo clic en “Cambiar a Vista clásica”, (opción na parte esquerda da ventá). Tamén na vista clásica podemos saber da función de cada elemento con menús emerxentes ou facendo que o cartafol amose os detalles (Menú Ver, opción Detalles).

Elementos do Panel de Control

Actualizacións automáticas

Permite escoller o modo en que se realizarán, automático ou controlado. O ideal é aceptar case todas as actualizacións menos algunha concreta que non nos conveña instalar; para iso debemos elixir que avise das actualizacións pero que nós decidamos cando e cales se descargarán e instalarán.

Pantalla (Aparencia)

Configura o escritorio: Fondo, Protector de pantalla,…; Aparencia, Configuración (riqueza de cor, definición, frecuencia do monitor CRT, proxector,…).

Barra de tarefas e menú inicio

Personaliza estes elementos. Resulta moi útil reorganizar o menú Inicio de acordo ás nosas necesidades e lóxica particular. Tamén podemos reparar a perda dos accesos directos a certos programas que fosen eliminados accidentalmente.

Centro de seguranza

Reúne en certo modo a supervisión das Actualizacións, do Cortafogos de Windows e do software antivirus que teñamos instalado. Podemos deixar que nos avise cando algún destes elementos non funcione axeitadamente, ou non deixar que nos avise de nada.

Conexións de rede

Lista de conexións e estado das mesmas. A través das súas propiedades podemos configurar as compoñentes de rede: hardware, protocolos, servizos e inicio de sesión. No caso das redes sen fíos, tipo de seguridade, contrasinais de acceso, etc.

Configuración de rede

Axuda guiada para as tarefas de configuración das conexións de rede con fíos.

Configuración de rede sen fíos

Axuda guiada para as tarefas de configuración das conexións de rede sen fíos.

Contas de usuario

Establece as políticas de seguridade para cada usuario, que debe iniciar sesión identificándose, e que poderá realizar ou non certas accións segundo sexa o seu perfil (administrador, usuario, invitado,…).

Correo

Define as preferencias para o programa xestor de correo predeterminado no sistema (Outlook Express ou outro que o usuario teña instalado).

Cortafogos de Windows

Permite desactivalo, activalo e abrir ou pechar portos (canles de comunicación por rede) a determinados programas.

Data e hora

Para fixar a data e hora actuais no sistema. Fai os cambios de hora na primavera e o outono. Hai que ter en conta que axustar estes parámetros no sistema non altera os parámetros do BIOS, só cambia a sua relación con eles.

Dispositivos de son e audio

Axuda a asignar tarefas aos dispositivos, a optimizar o funcionamento dos altofalantes. Permite tamén asociar sons a determinados eventos do sistema.

Engadir hardware

Para instalar un novo dispositivo hai que conectalo á computadora e logo darlle un programa controlador que se cargará en memoria cada vez que arranque Windows. Cando se executa Agregar hardware Windows tentará detectar novos dispositivos aos que lle falten os controladores. Logo podemos deixarnos guiar polo asistente. Se Windows non tivese un controlador axeitado e nós dispuxésemos dun controlador válido hai que indicarlle a súa localización.

Engadir ou eliminar programas

Con este elemento podemos eliminar programas, tanto se son parte da instalación de Windows coma se non. Tamén podemos engadir programas de Windows que fosen previamente eliminados ou que non estivesen instalados.

Escáneres e cámaras

Agrega, elimina e configura estes periféricos.

Ferramentas administrativas

Principalmente, para iniciar ou deter servizos, para xestionar particións, buscar erros nos discos, defragmentar unidades, e moitas máis tarefas relacionadas coa seguridade e coas bases de datos. Tamén ofrece información sobre rendemento do equipo.

Impresoras e fax

Amósase unha icona por cada impresora instalada e o seu estado. Podemos compartila. Tamén se pode desinstalar, basta eliminarla como un documento calquera. Indo ás propiedades dunha impresora podemos comprobar o porto no cal está conectada, podemos configurar o seu funcionamento e máis opcións.

Opcións de Internet

Opcións de configuración para a conexión a Internet, como a páxina de inicio, a gravación de temporais e cookies, a permanencia do historial, os niveis de seguridade, etc.

Opcións de accesibilidade

Axusta o equipo a necesidades especiais de mobilidade, de coordinación, de audición o de visibilidade.

Opcións de cartafol

Para regular o aspecto de las ventás que amosan os contidos dun cartafol. Tamén aquí se pode decidir que arquivos se amosan ou se ocultan, se as extensións se verán ou non, etc. Na terceira ficha do cadro accédese á vinculación entre tipos de documento e programas que poden abrir ese documento.

Opcións de enerxía

Amosa o estado da batería, permite cambiar o tempo de inactividade tras o cal certos dispositivos sexan apagados (discos duros, monitor, …).

Opcións de teléfono e módem

Establecía regras de marcado para o teléfono e o módem. Hoxe non ten practicamente utilidade nos equipos de sobremesa.

Opcións rexionais e de idioma

Establece unha serie de formatos numéricos, de moeda, de data e de hora correspondentes ao país ou rexión que se especifique.

Rato

Regula o comportamento dos botóns do rato, determinar o aspecto do punteiro, a velocidade do seu movemento, e o controlador empregado.

Sistema

Informa sobre o nome do equipo, a versión do sistema operativo, a cantidade de memoria RAM e a velocidade do procesador. Tamén informa sobre o rendemento de Windows. Permite controlar os dispositivos de hardware detectados e instalar os seus respectivos controladores. Xestiona a memoria virtual e o ficheiro de arranque Boot.ini que pode presentar un menú de arranque para escoller entre varios sistemas operativos.

Tarefas programadas

Podemos ordenar ao S.O. que execute programas ou rutinas por si só.

Teclado

Define o idioma do teclado. Cambia o comportamento do teclado ao realizar unha secuencia repetida de teclas ou a velocidade de intermitencia do punteiro do rato. Define o tempo transcorrido desde que se pulsa una tecla ata que se escribe o carácter e o tempo que transcorre desde que se comeza a premer unha tecla sen soltala ata que aparece o segundo e seguinte carácteres.

Tipos de letra

Para instalar novos tipos de letras, examinar o seu aspecto na pantalla, e incluso obter unha proba impresa das mesmas. Para poder engadir novas fontes hai que acceder ao menú Arquivo e seleccionar a opción Instalar nueva fuente.

Voz

Cambia a configuración de texto a voz e o recoñecemento de voz se está instalado este software.

Outros

Haberá tamén ferramentas para a configuración de xogos, de certos programas e complementos instalados polo usuario, de certos dispositivos de hardware instalados.

Mantemento do Equipo Informático

1.- Información sobre o equipo e documentación que debemos conservar.

  • Convén anota-la marca e o modelo de cada compoñente da computadora:
    • Placa base.
    • Microprocesador.
    • Memoria RAM (tipo, número de placas e Mb).
    • Disco duro (tamaño, Gb).
    • Lector ou grabador de CD/DVD.
    • Tarxetas de vídeo, audio, rede, etc.
    • Monitor, impresora, escáner.
    • Teclado, rato.
    • Módem, router, etc.
  • Así mesmo é bo conservar por escrito: identificativos e contrasinais, servidores de correo, servidores DNS, claves de acceso a Internet, contrasinal do administrador do sistema, do router, etc.
  • Tamén axuda anotar modificacións clave no BIOS, e a estructura de particións dos discos duros.
  • Hai que gardar todo o relacionado co hardware: os manuais, documentación (tarxetas de garantía/tiques de compra).

2.- Software que debemos conservar ou conseguir cando adquirimos un novo equipo

  • Hai que gardar todo o relacionado co hardware: os CDs con software específico ou con controladores (drivers). Se chederon cables ou accesorios que por agora non precisas, consérvaos xunto co anterior.
  • Gárdese tamén o software comprado, sistema operativo, discos de emerxencia, discos de arranque, e software de interese que teñamos conseguido que sexa difícil de recuperar.

3.- Accións que nos protexen da perda de datos.

  • Pode interesar realizar copias de seguridade frecuentes de documentos, do almacén de correo electónico, da libreta de enderezos, da carpeta Favoritos.
  • Tamén é aconsellable ter os datos en particións separadas das do sistema operativo.
  • Os datos importantes é mellor gravalos en discos duros externos e ademais en varios soportes de uso cotiá: CD, DVD; memorias flash, iPod.
  • Existen servizos de almacenaxe on-line, pero ante unha caída de servidores estariamos indefensos. Sen embargo son unha boa solución para ter acceso aos nosos datos desde calquera lugar sen levar ningún soporte físico.
  • A maneira de prevención de borrado accidental debemos: evitar sacudidas no equipo cando estea funcionando o disco duro, evitar subidas de tensión e subidas de temperatura.

4.- Disposición racional das conexións eléctricas para uso dun equipo informático.

  • Non é conveniente conectar moitos enchufes por medio de ladróns nunha única toma, hai que adquirir tomas múltiples de calidade e homologadas. É desexable certa orde na instalación polo menos para non tropezar nela.
  • En certas condicións (zonas cun mal servizo de suministro eléctrico) compensan as unidades SAI, pilas que evitan o corte de enerxía á vez que protexen os dispositivos contra subidas de tensión.
  • Hai métodos cómodos e estéticos de ter recollidos os cables. Con eles debemos facilitar a limpeza dos pavimentos e evitar a acumulación de pó.

5.- Ampliacións de hardware recomendables nun equipo.

  • Instalar a suficiente memoria RAM para conseguir un rendemento aceptable.
  • Substituir as unidades ópticas vellas por outras para conseguir ler e/ou gravar nos novos soportes que van saíndo ao mercado.
  • Cambiar ou engadir os discos duros necesarios para gañar en capacidade e velocidade de acceso.
  • Algunhas tarxetas integradas na placa acaban por fallar. Iso ten unha solución tan sinxela como comprar unha tarxeta de expansión e instalala na correspondente rañura.

6.- Uso e hábitos que melloran o rendemento do sistema.

  • Instalar tan só o Software necesario para o uso habitual, sen facer probas de programas que non sexan realmente útiles ou de eficiencia non plenamente coñecida. Antes de escoller un programa podemos documentarnos e ver as opinións doutros usuarios.
  • Prescindir de efectos visuais e fondos de pantalla rechamantes.
  • Evita-la instalación de programas "residentes" non imprescindibles. Moitos programas ofrecen na instalación o executarse automaticamente, e hai que evitalo.

Compresión e Descompresión de Arquivos

Esta operación comezou sendo necesaria para aforrar espazo. Hoxe en día é máis común realizala para agrupar tódolos documentos dun cartafol nun só documento máis doado de mover, enviar por correo, compartir en Internet, etc. As extensións dos arquivos comprimidos máis comúns son .zip e .rar. Windows XP e superiores incorporan un compresor-descompresor propio para formato .zip. A maioría das distribucións Linux tamén teñen unha ferramenta similar. Aparte destas, moitas outras ferramentas están dispoñibles en Internet, mesmo en versión portable. Unha das máis coñecidas é o clásico Winrar. Nas imaxes seguintes podemos ver coma no menú contextual dun cartafol en Linux Ubuntu aparece a opción para comprimir...

Material didáctico baseado en documentos da Aula Virtual da EGAP

Entradas relacionadas: