Xestión Cinexética en Galicia: Normativa, Censos e Conservación da Fauna
Enviado por Chuletator online y clasificado en Otras lenguas extranjeras
Escrito el en español con un tamaño de 39,78 KB
Censos de Poboacións Cinexéticas: Métodos e Planificación
Determinar a estrutura e a taxa de crecemento das poboacións, pero ademais coñecer outros aspectos da bioloxía da especie e da súa organización social que serven para coñecer a situación actual das poboacións cinexéticas.
Tipos de Distribución Poboacional
- Distribución uniforme: Número de individuos constante por unidade de superficie, rara na natureza.
- Distribución ao azar: Cada individuo ten igual probabilidade de encontrarse en calquera punto, rara, agás en medios moi homoxéneos.
- Distribución contaxiosa ou en agregados: A distribución dos individuos está condicionada polas súas preferencias de hábitat, sendo a máis frecuente.
Planificación do Censo Cinexético
A planificación do censo de forma previa é necesaria para un bo resultado e a rentabilización dos medios humanos e técnicos empregados.
Aspectos clave na planificación
- Coñecemento da especie: período de reprodución, organización social.
- Período máis adecuado: cambios de densidade e proporción de sexos ao longo do ano.
- Condicións de observación óptimas: influencia da técnica sobre o comportamento da especie.
- Delimitación da zona de estudo e sectorización en función da orografía, vexetación e capacidade de observación do equipo.
- Preparación de fichas de rexistro de datos e formación de equipos con persoal coñecedor da zona.
- Tratamento de datos no gabinete para os cálculos desexados.
Rexistro de Datos Biométricos
No caso de individuos capturados, mortos ou abatidos, deberanse anotar os datos biométricos, como peso total, altura...
Obxectivos dos Censos
- Delimitación do segmento poboacional (idade, sexo).
- Tipo de información a obter (rastros, excrementos).
- Precisión e exactitude nos resultados.
Técnicas de Mostraxe Cinexética
En función da especie, principalmente dos seus ciclos biolóxicos e hábitos, utilízanse unhas ou outras técnicas de estimación, pois o conteo directo total presenta dificultades técnicas e económicas.
- Mostraxe aleatoria simple: Baséase na toma de mostras ao azar, independente do tamaño da poboación e das unidades de mostraxe. Pouco usado.
- Mostraxe sistemática: Parte dunha mostra tomada ao azar, a partir da cal se seleccionan as seguintes mediante algún criterio fixo repetido periodicamente.
- Mostraxe estratificada: Consiste en dividir o territorio en bloques homoxéneos (formacións vexetais, uso do solo, etc.).
Métodos de Censo
Índice de Abundancia e Densidade
Obtéñense índices de abundancia e a densidade, que é o número de individuos nunha superficie determinada. Serve para comparar e analizar tendencias poboacionais, evolución temporal...
- Índice de lonxitude
- Índice de tempo
- Mixtos
- Enquisas
Índice de Abundancia Relativa
Cando hai dificultades de observación:
- Batidas: En ungulados, os observadores bordean a periferia ata que os animais a abandonen.
- Parcelas e control de capturas: Sitúanse parcelas e repítense conteos.
- Captura, marcaxe e recaptura: Márcase un grupo de individuos e logo realízase un novo conteo. Por referencia ao número de marcados rexistrados fronte aos totais marcados, obtense o coeficiente de estimación da poboación total.
- Cálculo da Densidade de Poboación: Individuos por unidade de superficie.
- Conteo directo: Baséase en contar todos os animais da poboación e precisa dun coñecemento profundo das especies.
Itinerarios e Estacións de Censo: Observación Directa da Fauna
- Puntos fixos: Adoitan situarse en posicións elevadas e anótanse os números de deteccións de animais por bandas concéntricas respecto ao censor.
- Censos en transectos: Percorridos e anotación de avistamentos e outros datos. Observación directa da fauna ao longo dun percorrido. Asúmese que a distribución dos animais é aleatoria e que a probabilidade de detectar un animal é unha función decrecente coa distancia ao observador. Moi utilizado en caza menor.
Plans de Aproveitamento Cinexético: Protección e Xestión
Ferramenta para a protección das especies animais e o seu ordenado aproveitamento.
- Para cuantificar o aproveitamento, deberanse ter en conta parámetros como a taxa de crecemento da poboación ou a capacidade de carga do medio.
- O age-cociente (relación de xuvenís e adultos): un valor alto indica tendencia de crecemento.
- O sex-cociente (relación de machos e femias): próximo a 0 indica estabilidade.
Clases de Idade e Representación Poboacional
- Clase 1 (0-1 anos): O número de individuos debería representar un 30% da poboación.
- Clase 2 (1-2 anos): O número de individuos debería representar un 20% da poboación.
- Clase 3 (2-4 anos): O número de individuos debería representar un 20% da poboación.
- Clase 4 (5-9 anos): O número de individuos debería representar un 20% da poboación.
- Clase 5 (>10 anos): O número de individuos debería representar un 10% da poboación.
Técnicas de Captura e Marcado de Fauna
Captura de Especies Protexidas
No caso de especies protexidas, será conveniente establecer unha estratexia que pode precisar da concorrencia de biólogos e veterinarios expertos para evitar sometelos a estrés.
Técnicas de Captura
A captura de animais poderá realizarse empregando distintas técnicas:
- Técnicas activas: Caza, pesca, rede con lanzadeira.
- Técnicas pasivas: Trampas de caída, lazos autorizados, redes, cercados protexidos.
Métodos de Captura Selectiva para Control de Predadores
Son de especial interese para as explotacións cinexéticas os métodos de captura selectiva destinados ao control de córvidos (pegas, grallas e choias), raposos e cans e gatos asilvestrados e roedores, que deben cumprir:
- Deben ser métodos de control selectivos.
- Deben ser altamente específicos para as especies que se pretenden capturar.
- Deben ser métodos de captura incruentos, que non supoñan ningún dano físico.
- Deben ser sistemas de probada eficacia no campo e sinxelos de manexar.
Técnicas de Marcado e Seguimento
Para os animais terrestres, as técnicas de marcado e de seguimento de poboacións máis utilizadas son:
- Crotal na orella
- Tatuaxe permanente (pouco utilizado xa)
- Microchip
- Emisores de radio
- Puntos de escoita e observación
- Cámaras
Vixilancia e Detección na Xestión Cinexética
Fases da Vixilancia
- Fase inicial: Vixilancia de cazadores e cazadores que cometen infraccións.
- Fase intermedia: Vixilancia de cazadores do TECOR que cometen infraccións e cazadores furtivos alleos.
- Fase final: Vixilancia de cazadores furtivos alleos ao TECOR e das agresións que sofre o TECOR por persoas alleas.
Funcións da Gardería Cinexética
As funcións da gardería serán:
- Vixilancia e prevención do furtivismo e incendios.
- Realización do plan de melloras.
- Control das actividades cinexéticas.
- Colaboración nos censos.
- Conservación da fauna e flora do coto ou TECOR.
Plan Estratéxico Nacional de Conservación
Contido do Plan Estratéxico
- Diagnóstico da situación e evolución do patrimonio natural.
- Obxectivos a alcanzar.
- Estratexias a desenvolver.
- Previsións de desenvolvemento de plans sectoriais.
- Estimacións orzamentarias.
Participantes na Elaboración
Participan na elaboración:
- Ministerios implicados.
- Axentes económicos.
- Comunidades autónomas.
Principais Problemas na Conservación da Fauna Silvestre
De entre os principais problemas que podemos atopar en canto á conservación da fauna silvestre atópanse:
- A fragmentación e destrución do hábitat e os problemas de endogamia en especies de distribución moi localizada (oso, lince, etc.).
- A contaminación das augas.
- Os atropelos en estradas.
- O furtivismo e a caza accidental ou incontrolada.
- A introdución de especies exóticas.
- Os incendios forestais.
Iniciativas e Programas de Conservación
- Comité Nacional de Alerta Veterinaria e Sanidade Animal: Establece áreas de risco e actuacións para controlar a gripe aviaria.
- Programa Antídoto: Protocolo de actuación legal en caso de atopar un animal ou cebo con sospeitas de envelenamento.
- Campaña Rexional de Control e Manexo de Nidos: Encamiñada ao salvamento de polos durante a colleita en zonas esteparias.
- Creación de Centros de Recuperación de Fauna Silvestre.
- Campañas de Vixilancia contra incendios.
- Programa LIFE-Natureza: Programas de aplicación de directivas europeas para a protección do lince ibérico (Montes de Toledo) e outras especies ameazadas (quebrantahuesos, cegoña negra, aguia imperial ibérica, malvasía cabecibranca).
Cans de Caza: Coidados e Normativa
Coidados Esenciais
- Deben desparasitarse con frecuencia.
- Deben vacinarse contra a rabia.
Artigo 40: Deberes dos Propietarios de Cans
- Os donos dos cans deben cumprir coa legalidade.
- Deben estar vacinados e matriculados.
- Evitarán que vaguen sen control en terreos cinexéticos, evitando danos á caza (ovos ou crías).
- Deben estar identificados.
Artigo 41: Responsabilidade do Cazador e Tránsito de Cans
- O cazador será o responsable das accións do can.
- O tránsito de cans polas zonas de seguridade esixirá que se evite molestar, perseguir ou danar as pezas de caza, as súas crías e os seus niños.
- Cando na caza os cans entren nun TECOR perseguindo unha peza sen autorización do cazador, este poderá entrar no TECOR para recuperalos, debendo descargar a súa arma e enfundala.
Clasificación dos Cans de Caza
- Cans de mostra (Setter, Pointer): Os máis habituais, buscan a peza polo cheiro. Úsanse na paspallás, no coello, etc.
- Cans de rastro (Sabueso alavés, Podenco ibérico): Buscan a peza polo rastro, polo que van coa nariz pegada (coello, lebre e caza maior).
- Cans de carreira: Galgos (de 62 a 70 cm) e lebres.
Armas e Municións para a Caza
Armas de Ánima Lisa (Escopetas)
- Arma exclusiva de caza menor, pódense utilizar con cartucho de bala para caza maior.
- Paralelas e superpostas.
- Agora só se permiten de 3 tiros (calibre 12, 16 e 20).
- Canón de choque completo ou sen choque e cilíndrico.
- Deben limparse os canóns.
Armas de Ánima Raiada (Rifles ou Carabinas)
- A bala sae xirando rapidamente sobre o seu eixo.
- Varios disparos por canón.
Tipos de Rifles
- Os chamados "express" levan, como as escopetas, dous canóns basculantes para os seus dous únicos tiros.
- Os de "cerrojo" son como os clásicos "Mauser".
- Os de “palanca” como os “Winchester” dos vaqueiros.
- Os semiautomáticos, os máis modernos, repiten tiro a cada golpe de gatillo.
Peso das Balas
- O peso das balas mídese en "grains" (1 grain = 0,648 gramos).
Armas Brancas e Outras Artes de Caza
- En caza maior, e xeralmente como auxiliar, utilízase tamén o coitelo de monte ou de remate. Cando unha res, ferida ou non, é alcanzada polos cans, o montero debe darlle morte antes de que fira os cans, ou sexa sometida a unha tortura innecesaria. Non pode dispararse sobre ela polo risco de ferir os cans.
Clasificación Xeral das Armas
- Armas de fogo curtas: Pistolas e revólveres.
- Armas de fogo longas para vixilancia e gardaría: Raiadas.
- Escopetas e demais armas de fogo longas de ánima lisa.
- Carabinas e pistolas: De tiro semiautomático e de repetición.
- Coitelos e machetes militares.
- Armas de fogo anteriores a 1870.
- Bestas, de inxección, etc.
Clasificación das Balas
- Balas expansivas: Expándense ou fragmentan tras o choque inicial co primeiro obstáculo que atopan.
- Balas non expansivas: Aquelas que non se deforman (só autorizadas para tiro de precisión).
Licenzas de Caza: Requisitos e Clases (Artigos 58, 59, 60)
Requisitos Xerais
- Idade mínima: 16 anos.
- Validez: por un ou varios anos.
Contido da Licenza de Caza
- Nome e apelidos.
- Domicilio.
- Idade.
- DNI ou número de pasaporte.
- Número de licenza e provincia de expedición.
- Datas de expedición e caducidade.
Clasificación das Licenzas
- Licenzas de clase A: Autorizan o exercicio da caza con armas de fogo.
- Licenzas de clase B: Autorizan o exercicio da caza con outros medios ou procedementos permitidos, distintos dos anteriores.
- Licenzas de clase C: Autorizan a tenencia ou utilización de medios ou procedementos especiais.
Comités de Caza
- En cada provincia existirá un Comité Provincial de Caza, con un representante das sociedades de caza.
- Existirá un Comité Galego de Caza, con un representante das sociedades de caza.
Control de Predadores na Xestión Cinexética
Factores que Inflúen no Control de Predadores
- Despoboación do medio rural: cambio nos usos do solo.
- Normativas para a conservación de especies naturais.
- Colectivo de cazadores: actitude pasiva de certos grupos.
Principais Especies Depredadoras
- Lobo.
- Raposo: danos á caza menor e maior, densidade moi alta.
- Córvidos, gatos asilvestrados, etc.
Modalidades de Captura de Depredadores
- Existen dúas modalidades de métodos de captura de depredadores: os masivos ou non selectivos, que non diferencian entre as distintas especies e poden resultar altamente perigosos.
Métodos Selectivos de Control
- Gaiolas trampa.
- Batidas.
- Abatimento mediante disparo.
Métodos Non Selectivos
- Cebos.
- Cepos.
- Lazos.
Métodos Alternativos para Reducir a Eficiencia do Depredador
- Mellora dos hábitats de refuxio e reprodución, co fin de diminuír a probabilidade de encontro ou facilitar a fuxida da presa.
- Sinais de territorio (como os raposos).
- Alimentación artificial en época de reprodución.
- Cercados eléctricos.
Plans de Ordenación Cinexética: Xestión Sustentable
Cada TECOR necesita un plan de ordenación cinexética.
Fins dos Plans de Ordenación Cinexética
- Proporcionar directrices para xestionar responsablemente e manter indefinidamente o recurso, garantindo o seu aproveitamento sostido.
- Conservar e mellorar os hábitats nos que se atopa o recurso e, con iso, conservar e mellorar a diversidade de xeo, flora e fauna.
Obxectivos Específicos
- Conseguir o estado de Carga Ordenada, o máximo número posible de poboación de especies de caza.
- Conseguir o máximo rendemento de produtividade.
- Compatibilización con outros aproveitamentos.
O Proxecto de Ordenación Cinexética
O Proxecto de Ordenación Cinexética é un documento técnico que desenvolve un estudo global do TECOR ou coto como territorio. O Proxecto de Ordenación Cinexética ten que:
- Estudar o medio natural.
- Estudar a actuación humana sobre o medio e a actividade cinexética.
- Analizar a situación, diagnosticando como se atopa.
- Propoñer unha solución ou planificación para a súa xestión.
Fases do Proxecto de Ordenación
- Inventario: Recollida e estudo da información existente.
- Diagnóstico global: Resumo da información obtida, serve para identificar os problemas a resolver.
- Planificación: Propostas para conseguir os obxectivos establecidos.
Repoboacións Forestais e o seu Impacto na Caza
Programas de Forestación en Galicia
- Desde o ano 1992, o territorio galego experimentou un crecente aumento no número de hectáreas repoboadas con especies forestais, entre outras causas, pola aplicación dun programa de axudas a medidas forestais na agricultura da Comunidade Económica Europea que se centra no fomento da forestación de terras agrícolas.
Efectos das Repoboacións Forestais na Caza
- Unha repoboación forestal sobre unha zona de matogueira no territorio galego trae consigo unha serie de cambios bruscos no tipo de vexetación preexistente, influíndo no desenvolvemento normal de poboacións de especies cinexéticas.
Impacto a Medio e Longo Prazo
- Realizar unha repoboación forestal leva consigo, a medio prazo, unha diminución de efectivos de especies de caza menor e un aumento de especies de caza maior a medio e longo prazo.
Medidas Correctoras a Curto Prazo
- Respectar entre un 5% e un 10% da vexetación preexistente de matogueira.
- Preparar dentro da repoboación pequenos rodales con alimento e refuxio para coellos e perdices.
Medidas Correctoras a Medio e Longo Prazo
- Romper a continuidade de montes monoespecíficos.
- Incrementar a biodiversidade.
Formas de Realizar Plantacións de Frondosas para a Caza
- En bosquetes ou pequenas manchas de 50-100 plantas, distribuídos entre o resto de especies da repoboación.
- En franxas exteriores á repoboación, de anchura comprendida entre 5-10 m, actuando ao mesmo tempo como faixas auxiliares cortalumes.
Xestión da Caza Menor en Zonas Repoboadas
- Esta situación levou a un rápido aumento das poboacións de caza maior e, en consecuencia, a un progresivo cambio nos hábitos cinexéticos dos cazadores galegos, en detrimento das poboacións de caza menor. É necesario, polo tanto, manter nos TECORs galegos as poboacións autóctonas da caza menor; a súa xestión debe orientarse a manter os hábitats xa existentes levando a cabo traballos de mellora do hábitat como: desbroces, etc.
Xestión da Caza en Cotas e Terrenos Cinexéticos
Ámbito da Caza
- A caza realízase nos cotos ou superficies de terreo susceptibles de aproveitamento cinexético que fosen declaradas pola consellería competente.
Tipos de Aproveitamento Cinexético
- O aproveitamento pode ser para: caza de trofeos, de números ou selectiva.
Elección e Xestión das Zonas de Vedado de Caza (Artigo 13.2)
Definición de Vedados de Caza
- Os vedados de caza son terreos nos que, por resolución da consellería de agricultura, se prohibe con carácter temporal o exercicio da caza por razóns de tipo ecolóxico.
Reservas de Caza (Artigo 11)
- Zonas para protexer, conservar e recuperar determinadas poboacións cinexéticas.
Refuxios de Fauna (Artigo 12)
- Zonas onde non se pode cazar, salvo en casos moi excepcionais nos que existan danos aos cultivos.
Vedados de Caza (Artigo 13)
- Zonas onde a prohibición do exercicio da caza é temporal (2, 3, 5 anos), pero afecta a todas as especies.
Obxectivos dunha Zona de Vedado de Caza
- Vedados de Recuperación: Recuperación daquelas especies que se atopen cos seus efectivos moi diminuídos ao finalizar a época de caza.
- Vedados de Subministro: Crear unha serie de zonas "tipo illa" dentro do TECOR que sirvan de fonte de subministro de efectivos poboacionais aos terreos que as rodean.
- Vedados Obrigados: Axudar á recuperación de zonas devastadas por catástrofes e que se atopan deshabitadas debido á perda do hábitat no que viven os animais.
- Mínimo 10% da superficie total do TECOR.
- Mínimo 2 anos de duración.
Sinalización de Terrenos Cinexéticos
Artigo 1º: Ámbito de Aplicación (Art. 9.2)
- TECORs, cinexéticos deportivos, reservas de caza e de fauna e zonas de seguridade do artigo 25.
Artigo 2º: Localización e Visualización das Sinalizacións
- A sinalización dos terreos de réxime cinexético será visible desde o exterior do terreo sinalizado, con carteis ou rótulos ao longo de todo o seu perímetro, así como en todas as vías de acceso.
Artigo 3º: Tipos de Sinais
- Os sinais serán de dous tipos: de primeira orde ou descritivas e de segunda orde ou de referencia.
Artigo 4º: Distancia entre Sinais
- A distancia entre os sinais de primeira orde no perímetro exterior do terreo sinalizado non será superior a 500 m.
- Colocaranse ademais, á mesma distancia entre os sinais de primeira orde anteriormente citados, unha sinalización de segunda orde cunha distancia máxima entre elas de 250 m.
Artigo 5º: Características dos Sinais
a) Sinais de Primeira Orde
- Material: Ríxido e que garanta adecuadamente a súa conservación.
- Dimensións: 33 cm de alto por 50 cm de largo.
- Altura desde o chan: Entre 1 e 2,50 m.
- Cores: Letras negras sobre fondo branco, con excepción do sinal dos refuxios de fauna que serán en letras brancas sobre fondo azul escuro.
- Dimensións das letras: Alto: 5 cm, largo: 3 cm, e cun trazo de 1 cm de grosor.
- Lenda: A que lle corresponda ao seu réxime cinexético.
b) Sinais de Segunda Orde
1. Carteis
- Material: Ríxido e que garanta adecuadamente a súa conservación.
- Dimensións: 20 cm de alto por 30 cm de largo.
- Altura desde o chan: Entre 1 e 2,50 m.
Exemplo: Coto de Caza Maior Montes de Xares
- Ten 20.000 hectáreas e é unha das mellores zonas de corzos de Galicia.
Disposicións Xerais da Lexislación Cinexética Galega
Artigo 1: Ámbito de Aplicación
A superficie cinexética de Galicia comprende máis do 80% do territorio galego.
Artigo 2: Acción de Cazar
Defínese a caza como a busca e captura de especies cinexéticas con medios permitidos. Exclúense accións preparatorias, adestramento de cans e cetraría.
Artigo 3: Obxecto da Caza
Determina que as especies cinexéticas son as autorizadas pola consellería. Prohíbese cazar especies protexidas e animais domésticos. Diferénciase entre caza maior e menor.
Artigo 4: Competencia en Materia de Caza
A planificación, regulación e vixilancia da caza corresponde á consellería competente.
Clasificación dos Terreos Cinexéticos
Artigo 6: Clasificación dos Terreos
Os terreos divídense en cinexéticos (onde se permite cazar) e non cinexéticos (onde está prohibida a caza).
Artigo 7: Terreos Cinexéticos
Os terreos cinexéticos son aqueles onde a caza está permitida con fins de aproveitamento sustentable.
Artigo 9: Terreos de Réxime Común
Inclúen zonas libres (mínimo 500 hectáreas) onde a caza está permitida e zonas de exclusión onde está prohibida.
Artigo 10: Terreos de Réxime Especial
Son aqueles onde a caza está restrinxida aos titulares cinexéticos. Inclúen TECORs, reservas de caza, terreos deportivos e explotacións comerciais.
Artigo 11: TECORs (Terreos Cinexéticos Ordenados)
Son superficies destinadas á caza organizada, con mínimo 2.000 hectáreas e unha duración mínima de 10 anos.
Artigo 15: Declaración dun TECOR
A creación dun TECOR require solicitude, documentos acreditativos, consulta pública e aprobación administrativa.
Artigo 19: Vedados de Caza
Son áreas dentro dos TECORs onde a caza está prohibida para favorecer a conservación da fauna. Deben representar polo menos o 10% do TECOR, poden ser obxecto de xestión cinexética por quen sexa titular do TECOR. Está prohibido circular coa arma cargada sen autorización.
Artigo 20: TECORs Autonómicos
A Administración pode crear TECORs para garantir a xestión ordenada da caza e facilitar o acceso dos cazadores galegos.
Artigo 21: TECORs Locais
Os concellos poden solicitar TECORs se posúen polo menos o 75% dos dereitos cinexéticos da súa área.
Artigo 23: TECORs de Carácter Individual
As persoas físicas ou xurídicas que sexan titulares de dereitos cinexéticos dunha superficie continua mínima de 2.000 hectáreas poderán solicitar a declaración desta como TECOR de carácter individual.
Artigo 24: Reservas de Caza
Espazos declarados coa finalidade de promover, conservar, fomentar e protexer determinadas especies cinexéticas e os seus hábitats.
Artigo 25: Terreos Cinexéticos Deportivos
Áreas onde se pode practicar a caza conforme á lexislación específica sobre prácticas deportivas.
Artigo 26: Explotacións Cinexéticas Comerciais
Constituídas por suxeitos ou sociedades mercantís para a explotación comercial da actividade cinexética.
Terreos Non Cinexéticos
Artigo 31: Definición
Son terreos onde a caza está prohibida por lei ou resolución da consellería competente.
Artigo 32: Clases
Inclúen refuxios de fauna, zonas habitadas, áreas industriais e outros terreos non cinexéticos declarados como tales.
Artigo 33: Refuxios de Fauna
Terrenos subtraídos ao aproveitamento cinexético por razóns biolóxicas, científicas ou educativas.
Artigo 34: Creación de Refuxios de Fauna
A Xunta de Galicia pode promover a creación destes refuxios.
Artigo 35: Zonas Habitadas
Inclúen núcleos urbanos, parques, aeroportos e zonas de acampada permanente.
Artigo 36: Áreas Industriais
Inclúen industrias, explotacións agropecuarias, invernadoiros e canteiras, pero exclúen parques eólicos.
Artigo 37: Outros Terreos Non Cinexéticos
Poden declararse non cinexéticos por razóns de seguridade ou interese xeral.
Cercados Cinexéticos
Artigo 38: Definición de Cercado
Enténdese por cercado, para os efectos desta lei no que afecta os terreos cinexéticos sometidos ao réxime especial, o terreo que se encontre rodeado materialmente por muros, cercas ou valados construídos co fin de impedir ou prohibir o acceso ás persoas ou a animais alleos ou para evitar a saída dos propios.
Artigo 39: Clases de Cercados
Os terreos cercados clasifícanse nas seguintes categorías:
- Cercados cinexéticos.
- Zonas de aclimatación.
Artigo 40: Cercados Cinexéticos
- Os cercados cinexéticos son aqueles terreos cercados por muros, cercas ou valos que están integrados dentro dun terreo cinexético sometido a réxime especial e que se destinan a impedir o tránsito das especies cinexéticas de caza maior. O seu obxectivo non será albergar exemplares para a repoboación.
- Os cercados cinexéticos poderán ser de aproveitamento, cando o seu fin sexa facilitar a actividade cinexética, e de protección, cando teñan por finalidade procurar amparo aos animais que se atopen no seu interior, e o seu réxime determinarase regulamentariamente.
- Os cercados cinexéticos terán unha superficie mínima de 500 hectáreas e terán a consideración de explotación gandeira para os efectos da normativa reguladora de sanidade animal.
Artigo 41: Zonas de Aclimatación
As zonas de aclimatación son aqueles terreos cercados que están integrados dentro dun TECOR ou dunha explotación cinexética comercial e que se destinan a impedir o tránsito das especies cinexéticas de caza maior e menor co obxecto de adaptalas ás condicións ecolóxicas do lugar.
Zonas de Seguridade na Caza
Artigo 42: Definición
Son zonas de seguridade aquelas áreas en que deban adoptarse medidas precautorias especiais co obxecto de garantir a integridade física e a axeitada protección das persoas e dos bens.
Artigo 44: Zonas de Adestramento de Cans e Aves de Cetraría
- Nos terreos cinexéticos sometidos a réxime especial e co fin de que os cans de caza e as aves de cetraría poidan ser adestrados, poderán delimitarse nos plans de ordenación cinexética as zonas, épocas e condicións en que se poderá levar a cabo a devandita actividade.
- A zona terá unha axeitada e doada delimitación e quedará separada dos núcleos habitados.
Artigo 45: Zonas de Caza Permanente
Son zonas de caza permanente aquelas partes integradas dentro do territorio dun TECOR que se reserven para a caza durante todo o ano, coa excepción dos tres meses de maior sensibilidade para a cría das especies silvestres, nos cales o exercicio da caza estará prohibido. Nestes espazos a caza realizarase sobre exemplares procedentes de soltas autorizadas.
Ordenación Cinexética e Plans de Xestión
Artigo 47: Definición de Ordenación Cinexética
A ordenación cinexética de terreos cinexéticos ten como fin a organización da súa produción cinexética, atendendo sempre as esixencias ecolóxicas, a sustentabilidade e os beneficios indirectos que produce.
Artigo 48: Obriga da Ordenación
Quen sexa titular dos TECORs e das explotacións cinexéticas comerciais en que se cacen especies silvestres deberá presentar obrigatoriamente un plan de ordenación cinexética para un período de cinco anos, redactado por unha ou un técnico universitario competente.
Artigo 50: Plan Anual de Aproveitamento Cinexético
- É a norma que rexerá toda a actividade cinexética durante unha tempada concreta, suxeitándose ás directrices fixadas no correspondente plan de ordenación cinexética e tendo en conta as capturas dos anos anteriores.
- Regulamentariamente determinarase o contido mínimo do plan anual de aproveitamento cinexético, que deberá determinar as especies cazables, os días de caza e as cotas, as modalidades e as actuacións de mellora do hábitat.
Artigo 53: Repoboacións Cinexéticas
As soltas de espécimes de especies cinexéticas esixirán a autorización previa da persoa titular do órgano territorial da dirección competente en materia de conservación da natureza.
Xornada Hábil de Caza
Artigo 55: Xornada Hábil de Caza
A xornada hábil de caza iniciarase unha hora antes da saída do sol e finalizará unha hora despois do ocaso, agás na modalidade de espera nocturna ou autorización expresa en contrario.
Requisitos para o Exercicio da Caza
Artigo 57: Definición de Cazador/a
É cazador/a quen exercita a acción de cazar e reúne os requisitos esixidos polas leis e disposicións aplicables para iso.
Artigo 58: Requisitos para o Exercicio da Caza
Artigo 59: Licenzas: Validez e Clases
A licenza de caza da Comunidade Autónoma de Galicia é o documento persoal e intransferible que acredita a habilitación de quen é titular dela para practicar a caza na Comunidade Autónoma de Galicia. As licenzas de caza serán expedidas pola consellería competente en materia de caza.
Artigo 61: Deberes do/da Cazador/a
- Os animais deben ser abatidos e capturados nas condicións menos dolorosas posibles.
- Empregar munición e armas apropiadas.
- Disparar cando sexa recoñecida a especie á que se dispara.
- Proporcionar unha morte rápida.
Artigo 62: Responsabilidade polos Danos Causados polas Especies Cinexéticas
A responsabilidade polos accidentes de tráfico causados pola irrupción de especies cinexéticas nas vías de circulación rexeráse polo disposto na lexislación de tráfico.
Armas e Municións: Aspectos Legais (Artigos 65-67)
Artigo 66: Armas Prohibidas para o Exercicio da Caza
- Armas de aire comprimido.
- Armas de anestesia.
- Armas de fogo curtas.
- Armas de guerra.
Artigo 67: Municións
Queda prohibida a tenza e o uso de cartuchos con munición de postas, entendéndose por postas os proxectís introducidos nos cartuchos cuxo peso unitario sexa igual ou superior a 2,5 gramos ou cuxo diámetro sexa igual ou superior a 4,5 milímetros.
Protección e Conservación das Especies de Caza
Artigo 70: Protección e Conservación das Especies de Caza
Artigo 71: Autorizacións Especiais
Poderán quedar sen efecto as prohibicións previstas neste capítulo, logo da autorización da dirección xeral competente en materia de caza, cando concorra algunha das circunstancias seguintes.
Artigo 72: Modalidades de Caza
Caza Maior
- Montaría: Caza con cans nunha área pechada por cazadores en postos fixos (20-50 cazadores, ata 5 mandas de cans).
- Batida: Caza colectiva con 10-30 cazadores, podendo cambiar de posto e usar ata 30 cans en dous grupos.
- Axexo: O cazador busca a peza coa axuda dun garda ou guía.
- Agarda ou espera: O cazador permanece apostado esperando que a peza se achegue.
Caza Menor
- En man: Grupo de cazadores avanzando en liña con ou sen cans.
- Tobo: Caza do raposo en tobeiras con cans especializados.
- Axotamento: Axotadores baten o terreo para levar as presas a cazadores en postos fixos.
- Ao salto: O cazador percorre o terreo en busca de pezas.
- Ao paso: O cazador espera nun posto fixo, podendo usar chamarices.
- Zapeo: Caza do coello e raposo con cazadores apostados e en movemento (máximo 10 cazadores).
- Caza ao dente: Caza tradicional sen armas, onde os cans capturan as presas.
Caza con Outros Fins
Artigo 74: Caza con Outros Fins
Cando existan razóns de orde técnica, sanitaria ou científica que o aconsellen, a persoa titular do órgano territorial da dirección competente en materia de conservación da natureza poderá autorizar a captura de determinados exemplares da fauna cinexética con consentimento de quen sexa titular do dereito cinexético.
Vixilancia da Actividade Cinexética
Artigo 75: Vixilancia da Actividade Cinexética
No exercicio das súas funcións, os/as axentes facultativos/as medioambientais e axentes forestais terán a consideración de axentes da autoridade.
Artigo 79: A Xunta de Homologación de Trofeos de Caza
A Xunta de Homologación de Trofeos de Caza é un órgano adscrito á consellería competente en materia de caza cuxa función principal é a homologación dos trofeos de caza.
Comisos e Retirada de Armas
Artigo 81: Comisos
Cando se adopten as medidas provisionais establecidas no artigo 80, ao comisado daráselle algún dos seguintes destinos:
- A caza morta útil para o consumo será entregada nun centro benéfico.
- Os trofeos serán postos á disposición do órgano territorial da dirección competente en materia de conservación da natureza.
- As pezas capturadas que se encontren vivas e con posibilidade de seguir vivindo serán postas en liberdade e devoltas ao seu medio natural.
Artigo 82: Retirada e Devolución de Armas
- O/A axente da autoridade denunciante procederá á retirada das armas e da súa correspondente guía só naqueles casos en que fosen utilizadas para cometer a presunta infracción, por disparo directo, despois de producir a ferida ou morte de animais non cazables ou o seu uso en lugar ou tempo non autorizados.
- En todo caso, darase recibo en que consten a clase, a marca, o número e o posto da Garda Civil onde quedará depositada.
Artigo 76: Os/As Gardas de Caza
- Os terreos cinexéticos sometidos a réxime especial poderán dotarse de vixilancia privada para o coidado e control da actividade cinexética.
- A función de vixilancia poderá ser individual ou compartirse entre varios TECORs.
Artigo 77: Entidades Colaboradoras
- Consideraranse entidades colaboradoras aquelas que realicen accións en favor da riqueza cinexética, a conservación das especies e o seu hábitat e o seu ordenado aproveitamento.
Infraccións e Sancións na Lexislación Cinexética
Artigo 84: Infraccións Leves
Son infraccións leves:
- Cazar sendo menor de 16 anos.
- Cazar con armas de fogo sen alcanzar a maioría de idade, cando se faga a máis de 50 metros da persoa maior de idade encargada da vixilancia.
- Non levar consigo durante o exercicio da caza a documentación preceptiva, aínda sendo titular desta.
- Cazar sen renovar a licenza.
Artigo 85: Infraccións Graves
Son infraccións graves:
- Cazar crías ou as femias seguidas de crías, así como os machos sen corna, agás autorización expresa.
- Circular con armas de caza cargadas, usalas ou disparar en dirección ás zonas de seguridade, agás que se dispoña de autorización para iso.
- Usar postas, segundo a definición que fai o artigo 67.1.
- Portar chamarices, produtos e aparellos dos descritos no artigo 69.1 en calquera tipo de terreo sen autorización.
- No exercicio da caza menor, usar munición de bala, agás autorización expresa.
- No exercicio da caza maior, usar cartuchos con munición de perdigón.
Artigo 86: Infraccións Moi Graves
Son infraccións moi graves:
- Usar en terreos cinexéticos sen autorización instrumentos, medios e procedementos de caza prohibidos polo artigo 69.1.
- Usar ou portar en terreos cinexéticos sen autorización calquera tipo de bala, cartucho ou proxectil que fose manipulado con posterioridade á súa fabricación, ou balas explosivas.
- Usar con fins de cazar en terreos cinexéticos gases, substancias velenosas, tranquilizantes, atraentes ou repelentes, ou produtos para crear cheiro e os explosivos.
- Utilizar calquera medio de transporte para disparar con armas en día, período, lugar ou circunstancias prohibidas.
- Cazar animais domésticos.
Artigo 88: Sancións Aplicables
As infraccións tipificadas nesta lei poderán ser sancionadas polas autoridades competentes coas sancións seguintes:
- Multa de 60 a 600 euros para as infraccións leves.
- Multa de 601 a 6.000 euros para as infraccións graves.
Artigo 90: Reparación do Dano e Indemnizacións
As sancións serán compatibles coa esixencia á persoa infractora da reposición da situación alterada por ela ao seu estado orixinario, así como coa indemnización polos danos e perdas causados.