A Xeración do 27: Características, Autores e Influencias

Enviado por Chuletator online y clasificado en Español

Escrito el en gallego con un tamaño de 2,24 KB

A Xeración do 27

Na España anterior a 1936 recoñécense dous grandes movementos literarios, que se corresponden tamén con dúas xeracións: a) O Modernismo e b) O Vanguardismo. Os autores do 27 incluiríanse dentro deste movemento vangardista. Esta xeración está constituída por un grupo de poetas como Pedro Salinas, Gerardo Diego e Federico García Lorca.

Características poéticas e literarias comúns

  • Son de idades próximas.
  • Todos pasan pola Residencia de Estudiantes e manteñen contactos.
  • A maioría son profesores universitarios e teñen unha sólida formación cultural.
  • Mostran talante liberal e non manifestan preocupacións de tipo relixioso.
  • Proceden en gran parte de Andalucía.
  • Aceptan de bo grado o feito de pertencer a unha xeración.
  • Colaboran nas mesmas revistas: Litoral, Mediodía, Verso y prosa.
  • Manifestan decidida vocación poética, aínda que tamén cultivan outros xéneros: teatro, ensaio e prosa.
  • Non se opoñen á produción dos escritores anteriores.
  • Tendencia ao equilibrio entre extremos opostos: eclecticismo.
  • Intentan a renovación estética da nosa poesía.
  • Renovación formal.
  • A metáfora convértese no recurso literario máis importante.
  • Métrica: tradición e innovación.
  • Evolucionan desde o punto de vista temático: forma, a arte pola arte, poesía humanizada.

Influencias

Tradicional

Reúnense para tributar unha homenaxe a Góngora. Considérano como un precursor dos vangardismos en tanto que exalta a creatividade e liberdade da imaxinación. Poesía tradicional na tendencia coñecida como neopopularismo.

Moderna

O 98, Ortega y Gasset (La deshumanización del arte), Ramón Gómez de la Serna, Juan Ramón Jiménez, o Ultraísmo e o Surrealismo.

Técnica e linguaxe

Empregan algúns recursos das vangardas, tales como a disposición tipográfica especial e a utilización do verso libre.

Temas e formas da Xeración do 27

Os grandes asuntos do ser humano —o amor, o universo, o destino, a morte— poboan as obras dos poetas do 27.

Entradas relacionadas: