Xeoloxía da Terra: Glosario, Estrutura e Procesos

Enviado por Chuletator online y clasificado en Geología

Escrito el en gallego con un tamaño de 4,59 KB

Glosario de Termos Xeolóxicos

Deriva Continental

Teoría que afirma que as placas continentais flotan sobre o SIMA (subcapa interna da codia terrestre) e desprázanse ou desprazáronse a xeito de almadías (balsas). No devandito desprazamento, a parte frontal dos continentes sufriría unha compresión que daría lugar a sistemas montañosos, mentres que na parte posterior iríanse desprendendo anacos que quedarían formando illas.

Epicentro

Punto onde o terremoto provoca máis danos.

Depresión ou Cunca

É unha zona máis ou menos extensa que se caracteriza por estar a unha altitude inferior ás formacións do relevo que a rodean.

Altiplano ou Meseta

Son superficies planas pero elevadas sobre as terras que as rodean e adoitan superar os 400 metros sobre o nivel do mar.

Ría

Val fluvial somerxido baixo o nivel do mar a causa da elevación deste ou do afundimento do continente.

Plataforma Continental

É unha prolongación dos continentes baixo o mar.

Chairas Abisais

Son chairas submarinas situadas a 4000 ou 5000 metros e ocupan a maior parte da superficie dos océanos.

Fosas Mariñas

Son profundas cavidades situadas no fondo oceánico. A máis coñecida é a das Marianas, que supera os 11 quilómetros de profundidade.

Dorsais Oceánicas

Son cordilleiras submarinas e ás veces sobresaen do mar e dan orixe a illas ou arquipélagos.

Magma

Masa rochosa fundida que se atopa no interior da Terra.

Estrutura Interna da Terra

O Núcleo

A parte máis interna é o núcleo, que supón un 15% do volume total do planeta. Divídese en núcleo externo, onde se atopan os materiais fundidos, e o interno, en estado sólido.

O Manto

Ao redor do núcleo está o manto, que supón un 84% do volume da Terra. Está integrado por materiais moi diversos, algúns parcialmente fundidos: é o magma.

A Codia Terrestre

A capa externa da Terra é a codia, que apenas representa un 1% do volume total do planeta. Está constituída por rochas sólidas como o basalto.

Placas Tectónicas e Dorsais Oceánicas

As placas continentais son as partes da litosfera que se atopan flotando sobre o manto. As dorsais oceánicas son grandes cordilleiras mariñas que se atopan na liña de contacto entre dúas grandes placas.

Procesos Xeolóxicos e Impacto Humano

Axentes Internos da Terra

Debaixo da codia atópanse uns gases e materiais moi comprimidos que exercen presión ata poder chegar a quebrala. Estes gases e materiais actúan como forzas internas da Terra, ou axentes internos, que provocan a actividade sísmica en volcáns ou terremotos.

Erupcións Volcánicas

Cando algunha das gretas ou fendas da codia é tan profunda que alcanza as zonas onde hai magma, este sobe coma se fose unha cheminea e, a través do cráter, pode saír ao exterior en forma de erupción volcánica. As erupcións expulsan cinza, gases, pedras e lava incandescente. En contacto co aire, estes materiais arrefrían e deposítanse formando conos volcánicos.

Terremotos

Os terremotos prodúcense como consecuencia do movemento das placas que configuran a codia terrestre. Os sismógrafos son os aparellos que se utilizan para medir, por medio de escala, as dimensións dun terremoto.

Axentes Externos da Terra

Acción da Auga (Chuvia e Neve)

A auga da chuvia, ao discorrer polas pendentes, desgasta as montañas e deposita os materiais que xa non pode arrastrar, formando chairas e deltas. A auga en forma de neve acumúlase nas montañas e, polo seu propio peso, consegue desprazar rochas e terras, formando vales glaciares.

Acción da Auga (Xeo)

A auga introdúcese nas fisuras das rochas e, cando a temperatura baixa moito, a auga xea e aumenta o seu volume. Exerce presión sobre as paredes das rochas ata chegar a rompelas.

Acción do Vento

O vento desgasta as rochas, arrancando e transportando pequenas partículas e, ao bater sobre outras rochas, erosiónaas.

Impacto Humano no Relevo

  • Nos vales fluviais constrúense represas para almacenar a auga.
  • A construción de infraestruturas require grandes cantidades de materiais.
  • A construción de vías de comunicación implica modificar o territorio.
  • En moitas zonas do planeta os bosques son cortados de xeito masivo para conseguir terras que poidan ser utilizadas como zonas de cultivo.

Entradas relacionadas: