A xeografía da poboación estuda as relacións entre a poboación e o espazo
Enviado por Chuletator online y clasificado en Geografía
Escrito el en gallego con un tamaño de 2,75 KB
Poboación Activa: cantidade de persoas que integran o mercado de traballo, é dicir, que teñen un emprego ou que o buscan actualmente. Non se considera poboación activa a que realiza un traballo sen remunerar, por exemplo, o coidado do propio fogar ou o estudio; aquela que non busca no mercado de traballo un emprego remunerado. Réxime Demográfico: enténdese cada etapa pola que pasa a evolución do movemento natural dunha poboación na que a natalidade, a mortalidade e o crecemento natural, presentan características homoxéneas. Saldo Migratorio: balanzo que existe entre a inmigración e a emigración nun determinado lugar. Cando o saldo migratorio é positivo, a poboación aumenta, xa que as entradas superan ás saídas; pola contra cando o saldo migratorio é negativo, a as saídas superan ás entradas e diminúe a poboación. Hai que ter en conta que no saldo migratorio non se ten en conta o movemento natural da poboación. SM = Emigración – Inmigración. Taxa de Fecundidade: A Taxa de Fecundidade Xeral, en demografía, é unha das medidas da fecundidade referida á relación que existe entre o número de nacementos que houbo nun certo período de tempo e a cantidade de poboación feminina en idade fértil (entre os 15 e os 49 anos) no mesmo período. Xeografía Humana: estuda a relación do home co seu medio ambiente e as manifestacións espaciais a que dá lugar. Polo tanto, abarcaría parte das disciplinas xeográficas que non se ocupan do medio físico, pero incidindo sobre todo no referente á xeografía da Poboación, estudando a súa distribución, densidade, estrutura, ocupación, migracións, etc.Taxa de Crecemento Natural/ Taxa de Crecemento Vexetativo = (Nº nacidos vivos – Nº de mortos) : (Poboación total) x 100 =%. Padrón municipal: rexistro dos veciños e veciñas dun municipio. Recolle datos demográficos, económicos e sociais da poboación, aínda que en menos nº que o censo. O padrón actualízase o 1 de xaneiro de cada ano e é un documento dinámico que se modifica constantemente coas altas e baixas dos residentes, así como cos nacementos e defuncións. Movementos pendulares: forma de movemento da poboación, cada vez máis típica dos países desenvolvidos. Son aqueles que van e veñen (como un péndulo) en un corto espacio de tempo, e no cambian por tanto a estrutura da poboación de forma definitiva. Atopámolos diarios,semanales ou anuales. O seu estudo é sumamente importante para prever as distintas comunicacións.