Xéneros e autoría das Cantigas de Santa María
Enviado por Chuletator online y clasificado en Otras lenguas extranjeras
Escrito el en gallego con un tamaño de 3,87 KB
Xéneros menores
Recursos: equívoco, ironía, parodia, hipérbole, mozdobre, mestría, refrán, dobre, fiinda, ata fiinda, paralelismo, leixaprén.
A pastorela
Glosa o encontro entre un cabaleiro e unha pastora nun mundo bucólico. Representa as posibilidades do amor entre un nobre e unha vilá, polo que está fóra do código do amor cortés. No ámbito galego-portugués conservamos 8 textos que adoptan elementos da cantiga de amor ou da de amigo, dando lugar a unha forma híbrida.
O lai
5 textos transmitidos polo Cancioneiro da Biblioteca Nacional de Lisboa como “lais de Bretaña”. Están postos en boca de personaxes do ciclo artúrico.
O pranto
O trobador expresa a dor pola morte dunha persoa e loa as súas calidades. As súas orixes remóntanse ao planctus latino. En galego-portugués conservamos 5 cantigas pertencentes a este xénero, e están adicadas a personaxes de clase social alta.
A tenzón
Texto dialogal polo que hai dúas voces que se corresponden con dous autores distintos que interveñen de forma alterna e que dispoñen de igual nª de estrofas. Ten lugar unha disputa entre os trobadores que permite a sátira e a chufa persoal. 30 textos.
O descordo
Provénd do descord provenzal. Caracterízase pola falta dun esquema métrico único para toda a composición. É unha variedade da cantiga de amor. Conservamos so o poema de Nuno Eanes Cerzeo.
O sirventés moral
Expresa un rexeitamento radical pola marcha do mundo e lamenta a dexeneración e corrupción dos costumes en que cae a sociedade da época, comparándoa cunha idade dourada anterior. Os autores demostran erudición e refinamento. Tamén poden lamentar a perda de virtudes ou valores como a verdade ou o amor.
Cantigas de loor
Loas frecuentemte. as calidades da Virxe en termos parecidos a como os poetas gababan as súas damas nas cantigas de amor profanas basedas na canço provenzal.
Cantigas narrativas
Narran presuntos milagres feitos pola Virxe, intención didáctico-relixiosa. Cada unha responde sempre, na súa estrutura, esquema: 1.Epígrafe ou “razón”, resume o contido da cantiga 2 Refrán, condensa a ensinanza moral e relixiosa que se pretende transmitir. 3 Cobras ou estrofas, co refrán ao final de cada unha, que desenvolven con maior ou menor extensión o relato do milagre.
Autoría
As Cantigas de Santa Maria constitúen unha das empresas culturais e literarias máis impresionantes emprendidas polo rei castelán Afonso X, o Sabio. A pesar dos seus numerosos fracasos políticos e militares, o seu reinado foi culturalmente espléndido e baixo o seu mecenado, ademais da obra que nos ocupa, floreceron a lírica profana galaico-portuguesa, a chamada “Escuela de Traductores de Toledo” e a prosa histórica e xurídica en castelán.
Motivacións
Políticas: Restarlle poder a Santiago e ao Reino de Galiza ao desviar peregrinos a santuarios marianos. Reforzar o Cristianismo fronte a mouros e xudeus. Soster a súa candidatura como Emperador do Sacro Imperio
Relixiosas: A devoción sincera do rei cara á figura da Virxe o seu afán de contribuír ao auxe do culto á Virxe.
As Cantigas de Santa Maria, elaboradas entre 1257 e 1283, chegaron a nós por medio de catro códices diferentes, todos do s. XIII, de gran riqueza musical e con máis de 1.500 miniaturas dun enorme valor artístico e testemuñal.
A condición rexia do seu promotor explica o luxo dos códices, a súa complexidade artística (poesía, música, debuxo) e a amplitude da colección.
Códice de Toledo (To)- Códice da Biblioteca Nacional de Florencia- Códice E da Biblioteca do Escorial: 417 cantigas coas partituras 40 miniaturas -Códice T da Biblioteca do Escorial: 193 cantigas musicadas 1275 miniaturas- Códice