Vocabulario galego: Termos e definicións esenciais
Enviado por Programa Chuletas y clasificado en Matemáticas
Escrito el en
gallego con un tamaño de 4,64 KB
Glosario de termos e expresións en galego
- Encabuxar: Facer que alguén colla un cabuxo.
- Treito: Porción dun camiño ou dunha distancia que se percorre.
- Verme: Invertebrado de corpo brando e alongado, formado por aneis e sen patas, que anda arrastrándose.
- Envorcar: Botar fóra o contido virando ou inclinando o recipiente.
- Turrar: Facer forza para mover algo contra un mesmo.
- Minguar: Facerse menor en tamaño, altura, cantidade, intensidade ou importancia.
- Ínsua: Pequena illa no curso dun río.
- Albiscar: Ver unha cousa sen distinguir ben.
- Envurullo: Roupa con que se envolve o neno durante os primeiros meses de vida.
- Ouriñar: Expulsar os ouriños.
- Exiguo: Que resulta insuficiente, de escaso interese ou de pouco tamaño.
- Proa: Parte de adiante do barco.
- Treito: Porción dun camiño ou dunha distancia que se percorre.
- Estela: Anaco pequeno e irregular de madeira, que salta cando esta se parte ou rompe violentamente.
- Bálsamo: Preparado farmacéutico de uso externo.
- Vulnerabilidade: Calidade de vulnerable.
- Fervenza: Gran cantidade de burbullas que se forman ao precipitarse a auga dun río ou torrente por un desnivel brusco do terreo.
- Anicada: Facer que unha persoa ou animal se abaixe dobrando as pernas ou as patas.
- Cohibido: Que manifesta cohibición.
- Turbación: Alteración do ánimo que se caracteriza por unha sensación de inquietude, inseguridade ou desconcerto.
- Aborixe: Que ten a súa orixe na terra onde vive.
- Esfolar: Sacar a pel a un animal.
- Inminencia: Calidade de que está moi próximo de ocorrer.
- Presente: Aquilo que se dá a alguén como mostra de agradecemento ou afecto.
- Esmorecer: Perder as forzas, o ánimo ou o sentido.
- Lapa: Persoa inoportuna e molesta que impón a súa presenza sen ser ben recibida.
- Feitizo: Práctica supersticiosa coa que se pretende influír sobre alguén, xeralmente para causarlle algún mal.
- Estarricar: Estender algo que está encollido.
- Locuaz: Que ten tendencia a falar moito.
- Entre lusco e fusco: No momento do día entre o día e a noite ou entre a noite e o día.
- Escintilar: Brillar de maneira intermitente, con intensidade e cor variable.
- Abafar: Dificultarlle ou impedirlle a respiración a alguén.
- Rincho: Voz propia do cabalo.
- Renxer: Cousas ou partes dunha cousa producir certo ruído característico ao rozaren.
- Sinuoso: Estrada, camiño, terreo etc. que ten ondulacións e curvas en distintas direccións.
- Exhalar: Desprender un olor, bafo, vapor etc.
- Van: Que non contén nada ou só contén aire.
- Estragar: Cambiar para peor algo ou alguén.
- Matinar: Pensar con insistencia sobre algo.
- Tatexar: Falar con dificultade, cortando as palabras e repetindo sílabas moi rapidamente, por un defecto físico nos órganos de emisión da voz, ou por causa dalgún tipo de sorpresa ou dúbida súbita.
- Peirao: Construción na marxe dun río ou do mar.
- Albiscar: Ver unha cousa sen distinguir ben.
- Periplo: Viaxe marítima de exploración arredor dun continente, dun mar etc.
- Guindastre: Máquina dotada dun brazo xiratorio que permite levantar e mover grandes pesos dentro do raio que este brazo alcanza.
- Decrépita: Que está en decadencia ou pasado de moda.
- Anegar: Mollar moito.
- Amarras: Vínculo, atadura.
- Bucina: Aparello para dar sinais acústicos.
- Salubre: Que reúne as condicións precisas para non prexudicar a saúde, sobre todo no que respecta á hixiene.
- Intemperie: Tempo atmosférico suxeito a cambios particularmente; conxunto de fenómenos que poden resultar molestos ou prexudiciais.