Vocabulario Galego: Meteoroloxía, Viaxes, Xustiza, Lecer e Medios
Enviado por Chuletator online y clasificado en Física
Escrito el en gallego con un tamaño de 15,14 KB
Vocabulario: Tempo Meteorolóxico
- Cambio climático: Modificación do conxunto de condicións atmosféricas propias dun lugar.
- Galerna: Vento moi forte de entre oeste e noroeste, que ocasiona fortes temporais na costa do Cantábrico.
- Refacho / Axada: Golpe de vento producido por un cambio brusco da súa dirección.
- Vento: Aire atmosférico en movemento.
- Treboada / Trebón: Chuvia intensa e súbita que pode ir acompañada de vento e que adoita ter pouca duración.
- Lóstrego / Alustro: Resplandor intenso e momentáneo, producido polo raio.
- Pedra / Sarabia: Auga conxelada que cae con forza das nubes en forma de grans máis ou menos grandes.
- Brétema / Néboa: Condensación de vapor de auga do aire en contacto co chan, de constitución similar á das nubes, que reduce a visibilidade.
- Fogaxe / Bochorno: Calor excesiva e sufocante, con ar quente, moi frecuente en certos días de verán.
- Poalla / Orballo / Froallo: Chuvia miúda.
- Lazo: Capa de xeo que se forma sobre a superficie dun líquido cando fai moito frío.
- Ballón: Golpe de chuvia forte, abundante e de pouca duración.
- Folerpa: Cada unha das porcións de auga conxelada que caen cando neva.
- Corisco: Neve miúda ou sarabia que cae acompañada de vento forte e frío.
- Borraxeira: Néboa espesa e baixa.
- Raiola: Intervalo breve de sol nun día chuvioso.
- Xeada: Fenómeno atmosférico que se produce cando xea e se dan temperaturas inferiores a cero graos, polo que se conxela a auga.
- Calor: Estado da atmosfera caracterizado por unha temperatura elevada.
Vocabulario: Viaxes e Turismo
- Agroturismo: Turismo nas zonas rurais.
- Enoturismo: Turismo nas zonas de produción vinícolas.
- Xeoturismo: Actividades turísticas centradas en visitar sitios e fenómenos xeolóxicos.
- Ecoturismo: Turismo que se fai en zonas rurais ou en paraxes naturais.
- Setentrional: Que está ao norte.
- Tren: Serie de coches de ferrocarril tirados por unha mesma locomotora.
- Guía: Persoa que se dedica a ensinar aos visitantes as cousas máis notables dun lugar.
- Traxecto: Espazo que hai que percorrer para ir dun sitio a outro.
- Autobús: Vehículo automóbil usado para o transporte colectivo de pasaxeiros na cidade ou en distancias longas, normalmente con traxecto fixo.
- Cruceiro: Viaxe polo mar facendo escala.
- Percorrido: Espazo que percorre ou vai percorrer unha persoa, animal, unha cousa ou un grupo.
- Circuíto: Camiño ou itinerario que volve ao punto de partida.
- Escala: Parada que fai unha nave para cargar combustible, embarcar ou desembarcar mercadorías ou pasaxeiros, etc., e continuar logo a súa ruta.
- Terminal: Conxunto de instalacións dun aeroporto onde os pasaxeiros agardan a ser embarcados ou onde son recibidos despois do seu desembarco.
- Pernoctación: A efectos de estatística turística, noite pasada por unha persoa nun lugar.
- Ruta: Sucesión de vías que se percorren ou que hai que percorrer para ir a algún lugar concreto ou que unen dous ou máis lugares entre si.
- Itinerario: Proxecto ou plan dunha viaxe co camiño que se vai seguir ou que se seguiu, as paradas, etc.
- Temporada alta: Época do ano na que o movemento turístico acada a súa máxima proporción.
Vocabulario: A Xustiza e as Leis
- Cidadán: Persoa que forma parte da comunidade de membros dun Estado, con plenos dereitos civís e políticos.
- Tratado: Acordo que se pacta entre dous ou máis gobernos, co fin de establecer normas de relación ou de resolver problemas concretos.
- Estado: Ente xurídico que personifica a nación dentro e fóra do territorio soberano onde está asentada de forma estable e onde exerce a administración.
- Derrogar / Revogar: Deixar sen validez.
- Aprazar / Adiar: Deixar para outro día ou momento posterior ao previsto.
- Mediación / Conciliación: Acción e efecto de mediar (intervir entre dúas ou máis persoas para que algo se solucione).
- Absolver / Perdoar: Considerar e declarar [a alguén] libre dunha culpa, pena, obrigación, falta, etc.
- Acatar / Obedecer: Ter actitude de respecto con [unha persoa ou cos consellos, decisións, etc., que proceden dela].
- Apelación / Recurso: Reclamación que se presenta contra a resolución dunha autoridade.
Termos Xurídicos: Substantivo, Adxectivo, Verbo e Significado
Substantivo | Adxectivo | Verbo | Significado |
---|---|---|---|
delito | delincuente | delinquir | Cometer un delito. |
xuízo | xulgado | xulgar | Someter á decisión dun tribunal, e pronunciar este sentenza. |
avogado | avogoso | avogar | Intervir ou manifestarse en defensa de algo. |
sentenza | sentenzado | sentenzar | Pronunciar unha sentenza. |
testemuña | testemuñado | testemuñar | Dar testemuño dun feito que se presenciou. |
litixio | litigante | litigar | Manter un litixio con alguén. |
- Testemuña: Persoa que declara nun xuízo porque coñece un determinado feito.
- Agravante: Circunstancia accidental que aumenta a gravidade dun delito ou falta.
- Atenuante: Circunstancia que contribúe a diminuír a gravidade dun delito.
- Veredicto: Decisión dun xuíz ou dun tribunal sobre un caso concreto.
- Dilixenciar / Tramitar: Tramitar un asunto mediante as dilixencias pertinentes.
- Querela: Acusación escrita presentada perante o xuíz.
- Litixio: Disputa xudicial.
- Procurador: Persoa que representa nos tribunais a unha das partes.
- Birrete: Gorro con borla negra que usan os xuíces e maxistrados nos tribunais e nos xuízos.
- Tribunal: Lugar onde se administra xustiza.
- Delito: Acción penada pola lei.
- Fiscal: Persoa que representa o Ministerio Público nos tribunais.
- Reo: Persoa acusada ou presunta culpable dun delito.
- Estrado: Lugar no que se sitúa o xuíz e se toma declaración ás testemuñas e aos inculpados.
- Xuíz: Funcionario encargado de administrar xustiza e aplicar leis.
- Citación: Orde de comparecencia para declarar nun xuízo.
- Toga: Vestidura que levan os maxistrados e avogados no exercicio da súa profesión.
- Testemuño: Declaración dunha testemuña nun xuízo.
Vocabulario: Tempo de Lecer
Actividades de Lecer: Verbo, Substantivo, Persoa e Significado
Verbo | Substantivo | Persoa | Significado |
---|---|---|---|
pescar | pesca | pescador/a | Coller ou tratar de coller peixes con redes, anzois, etc. |
esquiar | esquí | esquiador/a | Esvarar sobre a neve ou sobre a auga con esquís. |
nadar | natación | nadador/a | Manterse na auga e avanzar a través dela. |
compoñer | composición | compositor/a | Crear unha obra literaria ou musical. |
ler | lectura | lector/a | Percorrer coa vista un escrito comprendendo o que di. |
saltar | salto | saltador/a | Separar o corpo do chan co impulso das pernas, cun impulso pequeno e brusco. |
esculpir | escultura | escultor/a | Realizar unha escultura, traballando diversos materiais, dándolle certa forma. |
remar | remo | remador/a | Mover os remos para impulsar unha embarcación. |
bailar | baile | bailarín/a | Mover o corpo segundo as regras do baile. |
patinar | patinaxe | patinador/a | Desprazarse esvarando sobre unha superficie lisa con patíns. |
navegar | navegación | navegante | Desprazarse polas augas nunha embarcación. |
actuar | actuación | actor/actriz | Interpretar un papel nunha película ou nunha obra de teatro. |
Vocabulario: O Cine
- Distribuidora: Empresa que se adica á distribución de películas.
- Dobraxe: Operación de pasar os diálogos orixinais dunha película a outra lingua.
- Banda: Cinta na que se grava o son dunha película.
- Pantalla: Superficie branca de tea ou plástico na que se proxectan imaxes.
- Claqueta: Instrumento composto por dúas pezas de madeira unidas onde se anota o número de plano que se vai rodar.
- Enfocar: Enmarcar a imaxe no visor da cámara.
- Escena: Conxunto de planos cos mesmos personaxes e no mesmo escenario.
- Fotograma: Cada unha das imaxes que compoñen un filme.
- Guionista: Escribe o guión artístico.
- Figurinista: Deseña o vestiario.
- Documentalista: Proporciona datos que o guionista precisa.
- Director: Escribe o guión técnico e dirixe a película.
- Atrecista: Procura todos os obxectos necesarios para ambientar unha escena.
- Adaptador: Adapta as obras literarias ao cine ou á televisión.
- Operador de cámara: Efectúa os movementos precisos para filmar cada plano.
- Maquinista: Manexa e mantén a punto as diferentes máquinas.
- Mesturador de son: Ocúpase de diferentes fontes de son.
- Montador: Selecciona e organiza as tomas para dar forma final ao filme.
- Produtor: É o responsable do financiamento e contratación da produción.
- Director de fotografía: Ilumina e define o estilo fotográfico do filme.
- Extra: Participa esporadicamente en escenas multitudinarias do cine.
- Bobina: Cilindro de diferentes materiais para enrolar fío, corda, cable, fita, etc.
- Pértega de son: Vara longa que permite achegar os micrófonos á escena, suspendéndoos no aire para que non saian no filme.
- Guindastre: Máquina dotada dun brazo xiratorio que permite levantar e mover grandes pesos dentro do raio que este brazo alcanza.
- Acomodador/a: Persoa encargada de acomodar os espectadores nos asentos.
- Protagonista: Interpreta o papel principal nunha película.
- Especialista: Substitúe os actores en escenas de risco.
- Actor de reparto: Desempeña papeis secundarios nunha película.
- Cinéfilo/a: Persoa afeccionada ao cine.
- Proxección: Acción e efecto de proxectar.
Vocabulario: A Radio e a Televisión
- Locutor/a: Profesional da radio ou da televisión encargado de ler as noticias, anunciar e presentar os programas, etc.
- Micrófono: Aparello eléctrico que transforma os sons en vibracións eléctricas e pode transmitilos e amplificalos.
- Auriculares: Dispositivo que consta de dúas pezas que, unidas por unha correa xeralmente curva e axustable á cabeza, están unidas aos oídos para a recepción do son.
- Técnico de son: Persoa encargada dos sons.
- Mesa de son: Dispositivo electrónico ao que están conectados varios elementos emisores de audio.
- Tertuliano/a: Persoa ou individuo que participa e intervén nunha reunión, é dicir, nunha reunión para falar ou debater sobre un tema ou cuestión.
- Dial: Escala graduada dos aparellos de radio que indica as frecuencias e lonxitudes de onda das emisoras, as cales se seleccionan mediante unha agulla que vai dun extremo a outro da escala.
- Emisora: Conxunto de instalacións e aparellos que, mediante a emisión de ondas electromagnéticas, transmiten sons e imaxes a distancia.
- Sintonía: Melodía que identifica un programa radiofónico e que adoita servir como presentación.
- Transistor: Pequeno aparello receptor de radio.
- Radioafeccionado/a: Persoa que por afección se dedica á comunicación a distancia por medio de ondas electromagnéticas.
- Radiooínte: Persoa que escoita as emisións radiofónicas.
- Radionovela: Historia de ficción escrita para ser transmitida pola radio.
- Radiotaxi: Servizo de taxi conectado a unha central por medio dun equipo de radiotelefonía.
- Radiobaliza: Baliza que emite enerxía electromagnética para informar da súa localización.
- Telecinesia: Movemento ou translación de obxectos a distancia, sen intervención ou contacto físico directo.
- Telecadeira: Teleférico formado por unha serie de asentos colgados dun único cable.
- Teléfono: Sistema de transmisión de sons a distancia.
- Telégrafo: Sistema de transmisión de mensaxes a distancia mediante sinais codificados.
- Telepatía: Fenómeno de transmisión de pensamento dunha persoa a outra sen que haxa ningún tipo de comunicación a través das vías sensoriais.
- Telefilme: Filme rodado para ser transmitido por televisión.