Vocabulario Fundamental de Xeografía e Medio Ambiente

Enviado por Programa Chuletas y clasificado en Otras lenguas extranjeras

Escrito el en español con un tamaño de 6,94 KB

Vocabulario Fundamental de Xeografía e Medio Ambiente

Acuicultura

Conxunto de actividades que, mediante algún tipo de intervención no ciclo biolóxico ou no medio no que habitan os peixes ou plantas, permiten controlar a súa reprodución e/ou crecemento.

Acuífero

Unidade litolóxica que contén auga ou pola que flúe a auga subterránea.

Agricultura ecolóxica

Sistema para cultivar unha explotación agrícola autónoma, baseada no mellor emprego dos recursos naturais sen empregar produtos químicos ou organismos xeneticamente modificados, logrando obter alimentos orgánicos á vez que se conserva a fertilidade da terra e se respecta o medio ambiente.

Aluvión

Depósito de materiais depositado de xeito transitorio ou permanente por unha corrente de auga. Forma redondeada por frotamento con auga e outras partículas.

Área metropolitana

Rexión urbana que engloba unha cidade central que dá nome á área e unha serie de cidades satélites que poden funcionar como cidades-dormitorio, industriais, comerciais e de servizos, todo organizado de xeito centralizado.

Aridez

Termo que indica sequidade, falta de humidade. O índice de aridez establece relación entre as chuvias e o poder desecante da evaporación, representada polas temperaturas.

Atmosfera

Capa gasosa que envolve o noso planeta e que está composta por unha mestura de gases, dos que, pola súa influencia no clima, destacamos o vapor de auga e o dióxido de carbono.

Barlovento

Ladeira ou vertente que pola súa orientación respecto ao vento dominante queda exposta ao fluxo ascendente do aire. Maior cantidade de precipitacións.

Biosfera

Esfera natural da vida, onde se inclúen os animais, a vexetación e os solos, e que está en interacción coa atmosfera, a litosfera e a hidrosfera.

Censo de poboación

Documento no que se reconta a poboación dun país nun momento determinado, apórtanos información sobre o volume de poboación dun lugar, a súa composición por sexo e por idades, estado civil, tamaño da familia, nivel de estudos, renda, etc.

Condensación

Proceso atmosférico da formación de nubes e precipitacións, que consiste no paso da auga do estado de vapor ao estado líquido por un cambio de temperatura da masa de aire que xera a súa saturación de humidade.

Cunca fluvial

Conxunto de terras e acuíferos que aportan as súas augas ao curso dun mesmo río principal e aos seus afluentes.

Curva de nivel

Isopleta ou liña que une puntos de igual altitude sobre o nivel do mar.

Desagrarización

Perda de poboación adicada á actividade agraria, así como á perda de importancia económica da actividade agrícola nun territorio, e o conseguinte debilitamento das institucións sociais vencelladas a esta actividade que organizan diferentes aspectos da vida social.

Economías de escala

Concepto que expresa as vantaxes que para unha empresa comporta a súa localización nun determinado contorno: cando se produce unha concentración xeográfica das industrias, as fábricas benefícianse de infraestruturas colectivas e repártense o custo destas. Cerca dun gran mercado de consumo, economizan en gastos de transporte, benefícianse da concentración de man de obra ou de incentivos fiscais.

Economía somerxida

Conxunto de actividades económicas que non aparecen reflectidas nas estatísticas oficiais debido á súa ilegalidade, e que permiten a subsistencia dun sector máis ou menos amplo da poboación segundo os países.

Edafoxénese

Proceso de formación dun solo, cuxa velocidade depende de factores como o clima, a litoloxía, a xeomorfoloxía, a vexetación e o tempo transcorrido. A actividade humana tamén pode afectar ao proceso.

Emigración

Movemento migratorio que significa a partida desde un lugar determinado cara ao exterior.

Enerxías renovables

Son aquelas que se obteñen de fontes naturais virtualmente inesgotables, ben sexa pola inmensa cantidade de enerxía que conteñen, ben porque son capaces de rexenerarse por medios naturais. Entre as enerxías renovables cóntanse a hidroeléctrica, eólica, solar, xeotérmica, maremotriz, a biomasa e os biocombustibles.

Esperanza de vida

Cálculo do número de anos que un individuo pode esperar vivir ben no momento de nacer ou cando acada unha determinada idade, sempre que os niveis de mortalidade permanezan constantes. Obtense a partir das táboas de mortalidade. A esperanza de vida é maior nas mulleres que nos homes, situándose en 2011 en 84,8 para as mulleres e 78,8 para os homes.

Estiaxe

Momento do ano en que un río presenta augas baixas no seu caudal, debido á aridez ou á retención da auga en forma de neve ou xeo en inverno.

Estuario

Extensión mariña nas proximidades da desembocadura dun río onde se producen interaccións entre a auga doce e salgada por efecto das mareas, que xeran un ecosistema peculiar.

Explotación intensiva

É aquela explotación agraria que elimina os barbeitos e recorre á produción continua do terreo, estimulada polo emprego de fertilizantes e o regadío artificial. Este tipo de agricultura intensiva obtén unha forte produtividade sobre terreos moitas veces de extensión reducida. É moi habitual no litoral mediterráneo, especializado na horticultura.

Fondos Estruturais

Son instrumentos da Unión Europea que teñen por obxecto reducir as diverxencias de desenvolvemento entre as rexións, e buscan reforzar a cohesión económica e social. O Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER) –destinado ás rexións menos favorecidas– e o Fondo Social Europeo (FSE) destinado á formación, para fomentar as oportunidades de emprego.

Glaciar

Acumulación de xeo nas cabeceiras dos vales, onde se forma unha depresión denominada circo glaciario. O glaciar arrastra os materiais que se acumulan nos seus laterais, formando morenas.

Globalización

Proceso de carácter económico, social, cultural, político etc., que supón unha compresión do espazo e do tempo, e a eliminación da libre circulación dos factores de produción, das ideas, das persoas e, sobre todo, dos capitais e os movementos financeiros.

Hidrosfera

Fórmana o conxunto de augas que hai na Terra e constitúe as 3/4 partes da súa superficie. Abrangue augas doces e salgadas, superficiais e subterráneas e sólidas ou líquidas.

Entradas relacionadas: