Vocabulario Esencial Galego: Xogos, Circo, Libros e Escritura

Enviado por Chuletator online y clasificado en Otras lenguas extranjeras

Escrito el en español con un tamaño de 4,22 KB

Vocabulario Galego

Xogos e Xoguetes

Papaventos
Armazón lixeira que sostén estirado un papel e que voa.
Corda
Xogo que consiste en saltar unha corda que se fai xirar.
Crebacabezas
Xogo que consiste en encaixar unhas pezas para formar un debuxo.
Bambán
Asento que se arrandea suspendido entre dúas cordas.
Buxaina
Xoguete de madeira de forma cónica, rematado nunha punta de metal pola parte inferior, que se fai bailar cun cordel.
Xadrez
Xogo intelectual entre dous opoñentes que manobran con 16 pezas sobre un taboleiro dividido en cadros negros e brancos.
Gobelete
Vaso opaco que se utiliza en certos xogos para botar os dados.
Bailarete
Xoguete de madeira de forma cónica ou esférica, rematada nunha punta pola parte inferior que se fai xirar cos dedos.

Artistas de Circo e Habilidade

Funambulista
Acróbata que camiña e realiza exercicios sobre unha corda ou arame.
Equilibrista
Persoa que fai xogos mantendo obxectos, ou a ela mesma, en equilibrio.
Saltimbanqui
Artista que fai saltos e acrobacias en circos, prazas públicas, etc.
Trapecista
Persoa que realiza exercicios e acrobacias no trapecio.
Contorsionista
Persoa que realiza contorsións difíciles, xeralmente no circo.
Malabarista
Persoa que executa exercicios de habilidade lanzando e recollendo obxectos diversos e manténdoos en equilibrio.

Escritura e Símbolos

Ideograma
Imaxe convencional ou símbolo que representa unha idea.
Pictograma
Signo de escritura de figuras e debuxos.
Xeroglífico
Conxunto de debuxos e letras que hai que descifrar para formar unha frase a partir deles.
Alfabeto
Serie ordenada de letras que representan os sons dunha lingua.

Profesionais do Libro

Autor/a
Persoa que escribe o texto.
Tradutor/a
Persoa que traduce a obra a outra lingua.
Editor/a
Persoa que coordina todo o proceso de preparación e edición dunha obra.
Maquetista
Persoa que monta os diferentes elementos de cada páxina e o libro enteiro.
Ilustrador/a
Persoa encargada de elaborar debuxos que dan beleza e amenidade a un texto.
Deseñador/a
Persoa que deseña a portada dunha colección ou dun libro en concreto.
Corrector/a
Persoa que corrixe as probas de imprenta de posibles grallas.
Impresor/a
Persoa ou empresa que reproduce en papel o texto e o prepara para a súa distribución.

Partes dun Libro

Índice / Sumario
Relación organizada do contido do libro.
Prefacio / Preámbulo / Proemio / Presentación / Prólogo / Limiar
Parte que precede ao corpo ou parte principal da obra e serve como preparación para o que vén a continuación.
Glosario / Vocabulario
Parte da obra na que se definen termos específicos incluídos nela.
Apéndices / Anexos
Complementos do corpo da obra constituídos por documentos, datos, cadros, etc.

Expresións Idiomáticas Relacionadas coa Lectura e Escritura

Falar coma un libro aberto
Falar ben e con propiedade.
Ler entre liñas
Adiviñar aquilo que se deu a entender.
Lerlle a cartilla a alguén
Botarlle unha reprimenda a alguén.
Ser coma un libro en branco
Non ter experiencia na vida.
Deixar algo no tinteiro
Omitir unha información.

Entradas relacionadas: