Vocabulario Esencial de Escultura e Arquitectura Clásica

Enviado por Chuletator online y clasificado en Arte y Humanidades

Escrito el en español con un tamaño de 4,91 KB

Glosario de Termos Fundamentais en Arte e Arquitectura

Termos de Escultura e Representación do Corpo

ALTORRELEVO: Tipoloxía escultórica realizada sobre unha superficie da que sobresae máis da metade do volume.

BAIXORRELEVO: Tipoloxía escultórica realizada sobre unha superficie da que sobresae menos da metade do seu volume.

CANON: Conxunto de regras que regulan as proporcións da escultura ou da arquitectura, de acordo cun modelo ideal establecido. O canon permite establecer a harmonía entre cada unha das partes dunha obra e a súa totalidade a partir dunha determinada extensión (módulo, cabeza, etc.).

CONTRAPOSTO: Forma de dispoñer o corpo humano nunha escultura, que consiste en equilibrar a masa corporal arredor dun eixe vertical para evitar a simetría e a lei da frontalidade. É típico da escultura clásica grega e do Renacemento.

CURVA PRAXITELIANA: É a suave curva en forma de “S” que adoptan as esculturas de Praxíteles para darlles máis naturalidade, movemento e graza ao corpo humano.

ESCULTURA EXENTA: Escultura que se pode observar desde todos os ángulos, xa que non está pegada a ningunha parede ou fondo.

ESCULTURA DE VULTO REDONDO: É unha escultura tridimensional que se pode observar desde todos os ángulos, xa que non está pegada a ningunha parede nin fondo.

ESTATUA ECUESTRE: É unha escultura que representa unha persoa montada a cabalo, normalmente utilizada para glorificar figuras importantes, como emperadores ou militares.

LIÑA SERPENTINA: Liña ondulada ou curva utilizada na arte (especialmente no Barroco e Manierismo) para transmitir movemento, dinamismo e elegancia.

TÉCNICA DE PANOS MOLLADOS: Técnica escultórica que representa a roupa pegada ao corpo, marcando as formas anatómicas, como se estivese mollada.

Elementos da Arquitectura Clásica e Estrutural

Partes da Columna e Entaboamento

ARQUITRABE: Parte inferior do entaboamento que se apoia no ábaco, elemento de sustentación.

BASA: Parte inferior dunha columna sobre a que se asenta o fuste.

CORNIXA: Parte superior do entaboamento que se atopa sobre o friso e sobresae un pouco.

ENTABOAMENTO: Parte superior que remata un edificio clásico. Componse de arquitrabe, friso e cornixa.

ÉNTASE: Engrosamento que presentan algunhas columnas na parte central do fuste.

FRISO: Parte media do entaboamento, situada entre a arquitrabe e a cornixa. Emprégase especialmente na orde xónica.

FUSTE: Tronco da columna comprendido entre a base e o capitel.

MÉTOPA: Espazo xeralmente cadrado e liso que se acha no friso do entaboamento dórico entre dous tríglifos. Ás veces están esculpidas.

PILASTRA: Elemento arquitectónico vertical adosado ao muro, coa forma dunha columna plana. Cumpre unha función decorativa (ás veces tamén estrutural) e pode incluír base, fuste e capitel.

TRÍGLIFO: Rectángulo que sobresae, sucado por tres molduras lineais, que decora o friso do entaboamento dórico.

Tipos de Capiteis

  • CAPITEL COMPOSTO: Capitel que mestura elementos do capitel corintio e do xónico. É característico da arquitectura romana.
  • CAPITEL CORINTIO: Capitel decorado con follas de acanto, moi elaborado e ornamental. Procede da arquitectura grega clásica.
  • CAPITEL DÓRICO: Capitel simple e sobrio, formado por un ábaco e un equino. É típico da arquitectura grega antiga.
  • CAPITEL XÓNICO: Capitel recoñecible polas súas volutas (espirais) laterais. É máis elegante ca o dórico.

Bóvedas e Estruturas de Cuberta

BÓVEDA DE CANÓN: Bóveda cuxa cuberta é unha media circunferencia.

CLAVE DUN ARCO: É a pedra central situada no cumio dun arco. É a última en colocarse durante a construción e serve para pechar e estabilizar o arco.

CÚPULA: Bóveda semiesférica que cobre, nun edificio, un espazo circular, cadrado, poligonal ou elíptico. Cando descansa sobre unha base circular denomínase cúpula de media laranxa.

DOELA: Cada unha das pezas que se dispoñen radialmente para formar a volta dun arco.

MÉNSULA: Elemento arquitectónico sobresaínte dun muro que serve de soporte a outros elementos como balcóns, cornixas ou arcos. A miúdo está decorada.

TÍMPANO: Parte interior dun frontón, onde xeralmente se colocan as esculturas ou relevos.

Entradas relacionadas: