Vocabulario Esencial do Sector Primario Galego: PAC, PPC e Sostibilidade

Enviado por Chuletator online y clasificado en Geografía

Escrito el en español con un tamaño de 3,92 KB

Vocabulario Fundamental do Sector Primario e Políticas Europeas

A continuación, preséntase un glosario de termos esenciais relacionados co sector primario, a economía rural e as políticas comunitarias que inflúen no desenvolvemento de Galicia.

Acuicultura

Actividades que permiten controlar a reprodución e o crecemento de especies mariñas mediante a intervención do ser humano no seu ciclo biolóxico e no medio en que habitan. Preséntase como a mellor solución aos problemas de esgotamento de especies nos caladoiros mariños.

En Galicia cóntase con ampla investigación no cultivo de especies en catividade como o rodaballo, a robaliza ou a dourada. Exemplo: Factoría de Rodaballo en Cabo Vilán (Camariñas).

Agricultura Ecolóxica

Actividade agraria que trata de obter produtos naturais sen empregar produtos químicos que danen o medio ambiente (produtos fitosanitarios, abonos químicos, herbicidas...), facendo uso de medios naturais, como a limpeza de herbas a man, fertilizantes de orixe orgánica, etc.

As producións son por regra xeral menores en cantidade, pero non en calidade.

Denominación de Orixe (DO)

É un tipo de indicación xeográfica aplicada a un produto agrícola ou alimenticio cuxa calidade ou características débense fundamental e exclusivamente ao medio xeográfico no que se produce, transforma e elabora.

En outras palabras, é unha cualificación que se emprega para protexer legalmente certos alimentos que se producen nunha zona determinada, contra produtores doutras zonas que quixeran aproveitar o bo nome creado polos orixinais, nun longo tempo de fabricación ou cultivo.

Desagrarización

É o proceso que consiste na paulatina perda de importancia económica do sector primario no PIB e no emprego dun país. Tradicionalmente ocorre cando se producen a industrialización e a terciarización, xa que estes sectores teñen un maior valor engadido e crean máis emprego.

É un proceso asociado á economía postindustrial, as denominadas sociedades do benestar. En España, por exemplo, o sector primario aportaba case un 30% da riqueza do país nos anos 60 do século XX, mentres que na actualidade os ingresos da agricultura, gandería, pesca e minaría apenas supoñen un 6% sobre o total.

Explotación Intensiva

É aquela, xa sexa agrícola ou gandeira, onde o rendemento, a capitalización e o traballo son elevados por unidade de superficie.

  • Na agricultura: permite recoller varias colleitas.
  • Na gandería: facilita o crecemento e engorde dos animais.

Exemplo: Granxas de Gando bovino estabulado.

Políticas Comúns Europeas

Política Agraria Común (PAC)

Creada en 1962 e reformada en 1992 e 1999, ten como obxectivo aumentar a produción agraria, reducir a dependencia alimentaria e incrementar o nivel de vida dos agricultores.

O mecanismo encargado de poñela en práctica é o FEOGA (Fondo Europeo de Orientación e Garantía Agrícola), que se divide en dúas áreas:

  • FEOGA Orientación: Promove a modernización agrícola.
  • FEOGA Garantía: Asegura prezos estables aos agricultores a través da súa intervención nos mercados.

Política Pesqueira Común (PPC)

A PPC comparte coa Política Agrícola Común (PAC) (coñecida como Europa Azul / Europa Verde) o mesmo fundamento xurídico (artigos 32 a 38 do Tratado) e os mesmos obxectivos:

  • Aumentar a produtividade.
  • Estabilizar os mercados.
  • Garantir a seguridade das subministracións.
  • Asegurar prezos razoables ao consumidor.

Ademais, un obxectivo clave ante o reto que presenta a diminución dos recursos é a protección dos recursos pesqueiros e do medio mariño. Como a PAC, a PPC constitúe unha competencia compartida entre a Unión Europea e os Estados membros.

Entradas relacionadas: