Vocabulario esencial da arquitectura e escultura románica
Enviado por Chuletator online y clasificado en Arte y Humanidades
Escrito el en
español con un tamaño de 3,4 KB
Vocabulario esencial da arquitectura e da escultura románica
Ábsida
Parte da igrexa situada na cabeceira que sobresae da fachada posterior e que, xeralmente, ten planta semicircular (aínda que tamén pode ser poligonal) e ten a cuberta abovedada. Na ábsida sitúase o altar maior.
Arco de ferradura
Arco ultrasemicircular, característico do estilo musulmán. Tamén se utiliza nas construcións hispano-visigodas, aínda que cunha variante: as liñas do intradorso e do extradorso, paralelas no estilo musulmán, deixan de selo no hispano-visigodo preto da imposta.
Arco de medio punto
Arco equivalente a media circunferencia cun só centro. A súa proxección lineal no espazo xera a bóveda de canón ou de medio canón.
Arco faixa
Tamén chamado de perpiaño. É o arco que se dispón transversalmente ao eixo da nave.
Arco formeiro
Arco paralelo ao eixo lonxitudinal da bóveda. Xeralmente comunica a nave central coas laterais.
Arco peraltado
Arco equivalente ao de medio punto máis o peralte rectilíneo sobre o que apoia.
Bóveda de aresta
Bóveda xenerada polo cruzamento perpendicular de dúas bóvedas de canón.
Bóveda de canón
Tamén chamada de medio canón. Bóveda xenerada polo desprazamento dun arco de medio punto ao longo dun eixo lonxitudinal.
Clave dun arco
- Unha doela central dun arco de medio punto.
- Peza superior dunha bóveda; neste caso adoita denominarse clave de bóveda.
Contraforte
Construción arquitectónica de forma prismática que se une a un muro pola súa parte exterior, contribuíndo a acentuar a solidez do mesmo.
Doela
Cada unha das pedras que, labradas en forma de cuña, forman un arco.
Escultura de vulto redondo
Aquela escultura que pode ser contemplada desde calquera punto de vista ao seu redor. Non está adosada a nada.
Escultura exenta
Termo sinónimo de escultura de vulto redondo.
Esfumado / Sfumato
Técnica utilizada na pintura ao óleo. Foi empregada por primeira vez por Leonardo da Vinci. Consiste en dar aos obxectos contornos vagos, difuminados e borrosos, cos que se conseguen efectos atmosféricos.
Iconografía
Ciencia que, en palabras de J. Sureda, ten por obxecto o estudo «das imaxes artísticas e, fundamentalmente, das referencias literarias das mesmas».
Iconoloxía
Termo empregado pola historia da arte e especialmente por Panofsky para designar «o significado intrínseco, o contido ou sentido esencial» dunha obra.
Nártex
Do latín narthex, arqueta. Parte porticada do adro que precede inmediatamente á basílica paleocristiá, reservada aos catecúmenos.
Piar
Elemento sustentante vertical, de sección cuadrangular, rectangular ou poligonal. De orixe mesopotámica, o piar convértese en cruciforme e composto na Idade Media polas esixencias construtivas da arquitectura románica.