Vida e obra de un compositor galego do século XIX

Enviado por Chuletator online y clasificado en Música

Escrito el en gallego con un tamaño de 8,79 KB

É un dos mellores compositores galegos do século XIX. Naceu en Lugo o 13 de abril de 1940. Coa súa guitarra compón as súas primeiras obras: panxoliñas e himnos. Foi reorganizador e director da banda municipal de Lugo, pianista, organista da catedral, profesor de música do Seminario. Entre as súas composicións destacan as Baladas Galegas para canto e piano. "As lixeiras andoriñas", "Unha noite na eira do trigo", "Doce sono", "Lonxe da terriña", "O pensar do labrego", "Negra sombra", sobre un poema de Rosalía de Castro, a que alcanza maior sona e recoñecemento. O resto da súa obra, de carácter relixioso. A música do pobo foi a súa principal fonte de inspiración. Foi un gran traballador ata a fin da súa vida.

Morreu, como quen di, coa batuta na man, ao seu regreso dun ensaio no Círculo das artes de Lugo o día 24 de xuño de 1899. O Concello dedicoulle unha rúa. Xorde tamén a idea de erixirlle un monumento que se inaugura no ano 1903 na praza de santo Domingo, lugar onde viviu.

Resultado de imagen de Xoan montes "As lixeiras andoriñas" letra de Salvador Gol

Entradas relacionadas: