A Vida Cotiá, Relixión e Arte na Antiga Roma: Unha Viaxe pola Civilización Romana
Enviado por Chuletator online y clasificado en Arte y Humanidades
Escrito el en español con un tamaño de 5,53 KB
A Sociedade e a Vida Cidadá na Roma Antiga
Como eran as cidades romanas?
A maioría estaban amuralladas, e o seu plano organizábase a partir de dúas rúas principais:
- O Cardo: Dirección Norte-Sur.
- O Decumano: Dirección Leste-Oeste.
No cruzamento destas dúas rúas formábase o Foro (gran praza pública). Alí estaban os edificios máis importantes (o templo, a curia ou Senado, a basílica ou Tribunal de Xustiza) e, ao seu redor, o mercado, tendas e talleres de artesáns.
O Modo de Vida Urbano
Os homes ricos dedicábanse aos seus negocios e os demais homes ían aos seus traballos.
As mulleres adicábanse na súa gran maioría ás tarefas do seu fogar; tamén as había artesás e que tiñan os seus propios negocios.
As tardes eran para o lecer (ir ás termas, ao circo e combates, ao teatro).
Relixión e Cultura Romana
Os Deuses Romanos
Os romanos eran politeístas (crían en varios deuses), e estes eran similares aos deuses gregos.
DEUS GREGO | DEUS ROMANO |
ZEUS | XÚPITER |
HERA | XUNO |
ATENEA | MINERVA |
ARTEMISA | DIANA |
O Cristianismo no Imperio Romano
Apareceu en Palestina, predicado por Xesús de Nazaret.
Os principios básicos do cristianismo son:
- Monoteísmo (amor ao próximo)
- Vida despois da morte (ceo ou inferno)
Os cristiáns foron perseguidos por non render culto ao emperador; reuníanse en segredo nas catacumbas.
O cristianismo foi declarado relixión oficial do Imperio Romano co Edicto de Tesalónica no 380 d.C.
Cultura Romana: Legado e Desenvolvemento
- Difusión do latín (lingua oficial do Imperio).
- Desenvolvemento do Dereito Romano (leis escritas para regular as relacións entre as persoas e destas co Estado).
- O calendario (cos nomes dos meses e dos días igual que agora).
- Figuras destacadas: médicos (Galeno), filósofos (Séneca), literatos (Virxilio) e historiadores (Xulio César).
A Arte Romana: Arquitectura
Características da Arquitectura Romana
Os romanos nas súas construcións procuraban que fosen prácticas, é dicir, que fosen útiles para a poboación.
- Materiais construtivos: ladrillo, pedra, mármore e bronce.
- Soportes: muros e columnas.
- Cobertas: planas e abovedadas.
A Arte Romana: Escultura, Pintura e Mosaico
A Escultura Romana
- Copiaron modelos gregos. As esculturas estaban feitas en mármore e bronce.
- Introduciron a elaboración de retratos de corpo enteiro, bustos e estatuas ecuestres.
- Decoraban os edificios con relevos (representaban acontecementos da historia de Roma, escenas relixiosas e da vida cotiá).
A Pintura Decorativa e o Mosaico
- As pinturas decoraban as paredes das casas e dos edificios; representaban escenas da vida cotiá.
- Os mosaicos eran pezas de cores que decoraban o chan das casas ricas (debuxos xeométricos, escenas cotiás, animais…).
- As teselas son as pezas pequenas que compoñen os mosaicos.