Vento ferido resumen por relatos

Enviado por Programa Chuletas y clasificado en Lengua y literatura

Escrito el en gallego con un tamaño de 11,08 KB

PROSA 1936-1975:a Guerra Civil parou o impulso da narrativa galega por parte da Xeración Nós con obras nesta etapa que facían referencia á Guerra Civil ou preto dela,relatos popularizantes,narrativa de carácter social-autobiográfico e ao experimentalismo.Destacan de forma especial a labor de grandes autores neste período:-Ánxel Fole:que mesturaba nas súas obras elementos fantásticos con recursos de humor na paisaxe de Lugo,recrando un folclore no que aparece relatando en primeira persona,obras importantes Contos da néboa,Terra brava,Á lus do candel.-X.Neira Vilas:cun achegamento aos grandes narradores europeos/americanos na súa narrativa social.Nas súas obras Memorias dun neno labrego,Cartas a Lelo reflicte a opresión social,económica,cultural da Galicia campesiña.No mundo da emigración escribe Camiño Bretemoso,Remuíño de Sombras,con técnicas innovadoras e a ruptura do temporal.-Álvaro Cunqueiro:cunha obra narrativa dividida en:+Tres novelas:Merlín e familia,Crónicas do sochantre,Se Sinbad volvése ás illas,onde fala dun espazo fora da realidad,con recursos como a ironía,humor e cunha aproximación ao relato popular oral.+Triloxía de relatos falegos:Escola de menciñeiros,Xente de aquí e acolá,Os outros feirantes.Que son narracións con recursos do relato contado,con personaxes imaxinarios ou dun mundo rural e cun final en moitas ocasións de anticlímax.-Blanco Amor:conta con novelas fundamentais para as letras galegas como son A esmorga,Xente ao lonxe que presentan técnicas estilísticas modernas,transcorrren nun espazo urbano(Auria),protagonistas de clases sociais populares moi complexo,onde desenvólvese un exercizo de linguaxe.


TEATRO XX: grazas aos novos autores que aparecen a finais dos anos 70 constitúese unha estrutura profesional e institucional para o teatro galego e a creación dunha Escola Superior de Arte Dramática.Os premios/certames literarios teñen grande importancia nesta época creando un gran estimulante para os autores,así como a aparición das compañías estables que axudaron á normalización da vida teatral.As liñas temáticas seguidas polos difrentes autores foron:compromiso,culturalismo,neouralismo,comedia,teatro histórico/moderno.Na fin de século dinstínguense dúas promocións,80-90.-A promoción do 80 sitúase nos últimos anos do franquismo e vai manter unha menor relación co teotro,acadando maior éxito na poesía,determinando un grupo culturalista que tiñan en común o uso do metateatro,presenza dun humor absurdo,anonimato dos personaxes e un teatro culturalista moi simbólico/irónico.Fernán-Vello(A tertulia das máscaras),Joan Guisan(Teatro para comer),Cid Cabido,Antón Reixa.-A promoción dos 90 son dramaturgos nados no 60 que manteñen unha traxectoria continuada cun compromiso profesional co teatro galego,favorecido pola normalización das institucións galegas e a consolidación de compañías estables.Os seus trazos xerais eran o cultivo da comedia/teatro histórico,comedia como modelo xenérico,menor carga simbólica,intertextualidade,carácter lúdico sobre o transcendental.Candido Pazó(Raíñas de pedra)Xavier Lama,Raúl Dans(Lugar) e Henrique Rabuñal(A noite das noites,Orati mare)

POESÍA 1936-1975:esta etapa despois da Guerra Civil caracterízase polo retroceso da sociedade pola represión do réxime franquista e o exilio.Nos anos 70  comezan os procesos de urbanización e extensión dos medios de comunicación,cambiando as costumes tradicionais.Coa morte de Franco(75) trae consigo a modernización da sociedade.Nos anos 60 CULTURA GALEGA POSGUERRA:a represión  despois da guerra negou a literatura galega,que se desenvolve no exilio,por Castelao,Blanco Amor,Picallo e en Galicia recupérase co intento de creación de editoriais  para impulsar literatura galega:La Noche e Galaxia.A lírica galega de posguerra ten os seus representantes nas xeracións de 1936/ponte/1950 que abarcan o imaxinismo,neotrobadorismo,corrente intimista,socialrealismo.A xeración de 1936 sufriu as consecuencias da Guerra Civil encádranse en dous grupos:-As voces do exilio:que continuan coa cultura galega/galeguismo en América,converténdose en grandes referentes:Luís Seoane,Blanco Amor,Emilio Pita.-Voces do interior:na poesía de Galicia predominan diferentes discursos,entre os conservadores destacan
Bouza-Brey/Blázquez coa súa liña paisaxística/neotrobadorismo e entre os intimistas destacan Pimentel,Aquilino Iglesia.Pero o autor máis importante nesta etapa é sen dúbida Celso Emilio Ferreiro,cunha poesía social que criticaba a stiuación política baixo a dictadura,defendendo aos reprimidos e a lingua,con obras como Longa noite de pedra.Tamén toca temas de emigarción coma en Viaxe ao país dos ananos,Cantigas de escarnio de maldicir,Terra de ningures.PROMOCIÓN DE ENLACE:grupo de poetas nados entre 20-30 que pola precariedade formativa contan cun autodidactismo polo que non son estranos o uso de galego/castelán á par:Antón Tovar,Luz Pozo Garza,Manuel Cuña.XERACIÓN DAS FESTAS MINERVAIS:grupo de escritores maioritariamente universitarios que foron premiados numerosas veces e caracterizábanse por unha política antifranquista.Esta xeración dividíase en dous grupos:o grupo compostelán e o grupo Brais Pinto.Mnedez Ferrín,Manuel María,Bernardino Graña,Novoneyra


POESÍA XX:Galicia estaba afundida nunha profunda crise económica que a comezos dos 80 comezou a mellorar grazas a reestruturación dos sectores primarios e a modernización grazas a UE,que provoca que Galiza convértase nun foco de inmigración.A morte de Franco promulgou unha nova Constitución e a posibilidade dun Estatu de Autonomía,esta época esta marcada pola recuperación das liberdades democráticas e o autogoberno.-A renovación pética  prodúcese na década dos 80.+A liña predominante nos autores do 80 foi o formalismo,que conta cuanha temática intimista e reflexiva,representantes Xavier Rodríguez(Fentos no mar),Xavier Seone(Poesía experimental),Ramiro Fonte(As cidades da nada),ROMán Raña(Nas areas doutro mar)...+A poesía da experiencia caracterízase por unha lenguaxe máis fluída,coa comunicación de experiencias intimas/cotiás,algúns formalistas tamén encadranse aquí.Manel Rivas(Mohicania,Ningún cisne),Cesáreo Sánchez(O cántico da fonte,Mar do fin da terra).+O experimentalismo tratráse dunha tendencia que rompe cos esquemas anteriores,contrario ao gusto popular.Manuel Vilanova(A esmeralda branca).+A recuperación da voz feminina,cunha linguaxe de expresión feminina que outorgaba un novo enfoque da poesía galega.Pilares Pallar,Xela ARias,Ana Romaní.-Na década dos 90 a lírica caracterízabase pola convivencia de autores e discursos diferentes pero que teñen en común que agrupábanse en colectivos poéticos,preocupación pola linguaxe,compromiso social na súa actualidade.+A poesía de transición constituída por autores que queren depurar a temática poética dos 80 na que destacan as voces de:Miro Villar,Rafa Villar,Arturo Casas.+A Poesía provocadora/contestataria,toma unha vía liberdadora e provocativa,cunha poesía de contestación desde a sinxelaza/opulencia.María Xosé Queizán,Lupe Gómez.+Poesía do íntimo e o cotián,este grupo recupera a memoria e fai reflexionar sobre a entidade.Anxon Angueira,Fran Alonso


TEATRO 1936-1976:durante a década dos corenta a presenza do teatro galego en Galiza viuse reducida a representacións folclóricas con pezas de carácter costumista e en Bos Aires intentaráse manter a actividade teatral mediante a creación de compañías.Manuel Buxán,Eduardo Blanco Amor,Luís Seoane.Nos anos 50 os coros e as agrupacións folclóricas aboandonan as representacións de carácter costumista o que provocou que algunhas asociacións puxeran en escena títulos coma A serpe ou Don Hamlet.Nos 60 as repsentacións teatrais vánse ver moi reducidas desenvolta por autores illados.Dentro das obras dos 50 destacan a continuación do teatro de preguerra e o esforzo das promocións do teatro independente.Ricardo Carballo,Álvaro Cunqueiro con Don Hamlet,como obra máis destacada na historia da dramaturxia.O teatro dos 60 ven marcado pola fundación do grupo teatral O Facho por Manuel Lourenzo que vai desembocar nun Teatro Independente,que propiciou unha renovación no teatro galego,funcionando como actividade cultural enfrontada a ditadura.Daniel Cortezón(Os irmandiños),Manuel María(Barriga Verde).As mostras celebradas en Ribadavia inculcaban vitalidade a escena teatral galega como o fixeron as Irmandades da Fala,motivando a aparición doutras mostras e certames por toda Galicia propiciando a creación de grupos teatrais.Arredor das mostras aparece o grupo abrente,un conxunto de dramaturgos galegos que buscaban explorar novas tendencias.
TEATRO GALEGO PRIMEIRO TERZO:caracterizouse por unha descontinuidade na publicación de textos,sesaxustes cronolóxicos entre as datas das composicións e seus estreos,inexistencia dun público específico,textos dramáticos de carácter didáctico,persistencia do teatro rexionalista.A creación do Conservatorio Nacional de Arte Galega consegue a aparición dunha verdadeira dramaturxia nacional galega pero viuse freado co estoupido da Guerra Civil.A dramaturxia rexionalista vese como o comezo do rexurdimento do teatro galego como dominio do Realismo costumista,a aparición do drama histórico e o predominio da dramática escrita en verso.Isto reflictese en obras como O fidalgo,A ponte,Mal de Moitos,esta dramaturxia conformou un movemento en defensa do teatro galego.O teatro do Grupo Nós non destaca polas súas pezas escritas pero Risco,Castelao,Otero Pedrayo conseguiron crear unha dramaturxia galega de calidade interesante para o público culto con obras como O bufón do Rei,A lagarada,Teatro de máscaras,Rosalía,Os vellos non deben namorarse.A xeración do 22 levan adiante as súas obras mantendo unha relación próxima coas vangardas históricas.Estes autores novos víronse inclinados cara a vangarda enxébre coma os membros do Grupo Nós.Destacan Xaime Quintanilla(Alén,Donosiña),Rafael Dieste A fiestra baldeira,onde evócase o Naturalismo/idealismo.

NOVA NARRATIVA GALEGA:ven dada pola aparición de Nasce un árbore,de Mourullo pero os analistas pensaron que puideron ser outras obras,de todos modos ten lugar na década dos anos 60 e obedece a tres apartados que son:o afán de renovación temático-formal;coincidencia xeracional/datación das obras;interese pola literatura europea/americana modernas.Algunha das súas características son:mestura entre mundo real,ficticio e onírico;emprego de técnicas de cinematografía:varias voces narrativas;imprecisa localización;ambiente agresivo.Como autores destacan Mourullo(Nasce un árbore,Memorias de Tains),as súas obras contan cun simbolismo e subxectivismo cunha gran cantidade de trazos.Méndez Ferrín(Arrabaldo do norte)mestura elementos reais cos oníricos;experimentalismo;espazos pechados...Carlos Casares(Vento ferido)situado entre a narración realista clásica e a moderna.Camilo Gonsar(Arredor do non)

Entradas relacionadas: