Variedades do Galego e Xéneros Teatrais

Enviado por Programa Chuletas y clasificado en Otras lenguas extranjeras

Escrito el en gallego con un tamaño de 3,42 KB

A lingua galega: unidade e variabilidade

Non todos os que falan a mesma lingua o fan do mesmo xeito. No galego existen diferenzas na fala da xente dunha zona e doutra. Aínda que os ourensáns digan algunhas palabras de distinta maneira ca os fisterráns, iso non impide que se entendan entre eles, porque falan a mesma lingua, o galego.

As distintas maneiras de falar unha lingua ao longo do territorio chámanse variedades dialectais ou xeográficas. Esta percepción débese a que o galego aínda non é unha lingua normalizada na comunidade na que se fala e conta cun estándar.

A variedade xeográfica da lingua pódese representar nun mapa coa axuda das isoglosas, liñas imaxinarias que unen dous puntos do mapa que constan de trazos lingüísticos.

Bloques dialectais e principais fenómenos lingüísticos

A distribución de diferentes fenómenos lingüísticos permite diferenciar no galego 3 bloques:

  • Bloque Occidental

    Falas do oeste das provincias da Coruña e Pontevedra.

    Características:

    • Gheada
    • Seseo: ao final dunha sílaba (p. ex., lus, des) e, na parte máis occidental do territorio, tamén no comezo.
    • Terminación -an para os dous xéneros.
    • Plural en -ns.
  • Bloque Central

    Falas do leste das provincias da Coruña e de Pontevedra, e da maior parte de Lugo e Ourense.

    Características:

    • Gheada: só no occidente.
    • Case ausencia de seseo.
    • Terminacións -ao/-á.
    • Plural en -s.
  • Bloque Oriental

    Falas do leste de Lugo e Ourense, e galego do exterior.

    Características:

    • Ausencia de gheada.
    • Ausencia de seseo.
    • Terminacións -ao/-á.
    • Plural en -is.
    • Pronometu.
    • Formas verbais en -is.

A Gheada

Consiste na pronunciación de g con aspiración (coma o h en inglés en house).

O Seseo no mapa dialectal

A isoglosa descontinua marca a diferenza entre unha zona oriental onde o escribimos con s e como z se distingue sempre na fala, e outra occidental, onde, en posición final de sílaba, a pronuncia se unifica en -s.

A isoglosa continua separa dúas zonas: na occidental non existe o son representado na escrita por z e este pronúnciase sempre como s; na oriental si existe ese son.

Os subxéneros dramáticos

No xénero teatral distinguíanse dous subxéneros: a comedia e a traxedia. A estas dúas formas sumóuselles un terceiro subxénero chamado traxicomedia ou drama.

A Comedia

Reflicte en clave de humor sucesos cotiáns que se resolven cun final feliz. Na comedia os personaxes son xente normal que teñen problemas pouco importantes.

A Traxedia

Está protagonizada por personaxes heroicos que loitan sen éxito contra un destino adverso e teñen un final tráxico, coa morte do protagonista ou doutros personaxes.

A Traxicomedia ou Drama

É un subxénero que combina características da traxedia e da comedia: mestúrase o tráxico co cómico. O drama presenta cuestións de carácter social ou ético, sobre as que se quere facer reflexionar ao espectador.

Entradas relacionadas: