Variedades Dialectais do Galego: Trazos por Bloques

Enviado por Programa Chuletas y clasificado en Otras lenguas extranjeras

Escrito el en español con un tamaño de 3,28 KB

Na comunidade galega podemos diferenciar tres grandes bloques dialectais que corresponden ao bloque occidental, central e oriental. Nestes tres bloques o galego presenta diferentes trazos, tanto fonéticos como morfolóxicos, como poden ser a gheada (pronuncia do fonema oclusivo velar sonoro [g] como aspirado [gh]), o seseo (pronuncia do fonema fricativo interdental xordo [θ] como alveolar [s]), a alternancia nos pronomes tónicos de 2ª e 3ª persoa de singular, a realización do ditongo ‘oi', certas formas do pretérito perfecto e cambios de conxugación nos verbos, ou distintas variantes para os morfemas de xénero (masculino e feminino).

Bloque Occidental

Os trazos fonéticos que distinguen o bloque occidental son o seseo, que pode ser total (ao comezo da sílaba, por exemplo "sapato"), ou parcial (cando se dá na posición final da sílaba, por exemplo "lus"), e a gheada ("ghato" e "ghalo").

En canto aos trazos morfolóxicos que distinguen este bloque son:

  • A terminación en “-án” no xénero (o irmán/a irmán).
  • A segunda persoa do pretérito perfecto rematada en “-eches” ("comeches", "vendeches").
  • O plural das palabras rematadas en “-n” en “-ns” ("cans", "irmáns").

Bloque Central

No bloque central apreciamos diferentes trazos fonéticos: mentres na metade occidental se dá a gheada, na metade oriental non; en cambio, si fan o ditongo “-ui”, por exemplo "muito", "truita".

Centrándonos nos trazos morfolóxicos:

  • Realizan o plural das palabras rematadas en “-n” engadindo “-s” ("pantalós", "camiós", "cas").
  • Cabe destacar o emprego do pronome de 2ª persoa “ti” (forma maioritaria) na metade occidental e o uso do pronome “tu” na metade oriental.
  • Ademais, no norte úsase o pronome de 3ª persoa “el” (forma maioritaria) e no sur o pronome "il".

Bloque Oriental

En canto aos trazos fonéticos, no bloque oriental non se dá nin o seseo nin a gheada (salvo nos Ancares, onde si se dá a gheada); en cambio, si se dá o ditongo “-ua” ("cuatro", "guardar").

Centrándonos nos trazos morfolóxicos:

  • As palabras rematadas en “–n” fan o plural en “-is” ("xamois", "pantalois", "cais").
  • O masculino remata en “-ao” e o feminino en “-á” (o irmao, a irmá).
  • Por outra parte, este bloque caracterízase polo emprego da terminación “-in” en lugar de “-iño” ("molín").
  • E, por último, a 5ª persoa do plural (P5) de tempos como o presente ou o imperfecto remata en -is ("cantais", "cantabades").

Conclusión

En conclusión, podemos diferenciar tres grandes variedades dialectais do galego, dependendo do bloque do que esteamos a falar. Así mesmo, a existencia destas variedades significa unha gran riqueza lingüística, pois dentro de cada bloque podemos diferenciar áreas máis pequenas. Por exemplo: dentro do bloque occidental, a área do Salnés, a Fisterrá, a Bergantiñá, a do Morrazo-Vigo e a área Tudense; dentro do bloque central, a área Lucu-Auriense ou a Mindoniense; e dentro do bloque oriental, podemos atopar, entre outras, a área dos Ancares, a Asturiana ou a Zamorana.

Entradas relacionadas: