Variación lingüística e función social da lingua
Enviado por Chuletator online y clasificado en Medicina y Salud
Escrito el en gallego con un tamaño de 3,36 KB
Variación diacrónica ou histórica
Situase no eixe temporal e está constituida polas diferenzas que as linguas presentan ao longo da súa evolución no transcurso da historia
Galego antigo, galego medio, galego moderno
Variación diatópica ou xeográfica
Desenvólvese no eixe espacial e está composta polo conxunto das diferenzas lingüísticas propias de cada zona do territorio ocupado por unha lingua histórica
Variación diastrática ou sociocultural
Está formada polas diferenzas lingüísticas propias dos estratos sociais, económicos, aos que pertencen os falantes
O nivel de lingua
É a destreza lingüística que, por extracción social, cultural e educativa, posúe un falante
Nivel culto
Dición clara, corrección gramatical e riqueza léxica
Nivel medio
Respeto polas exixencias normativas e austeridade expresiva
Nivel popular
Maior uso das funcións apelativa, expresiva e fática, importancia dos códigos non verbais...
Nivel vulgar
Pronuncia descoidada, vulgarismos, palabras mal soantes
Variación diafásica ou situacional
Relacionada coas situacións nas que se usa a lingua ou co tipo de comunicación que establece o falante
Nivel de fala ou rexistro
É a modalidade expresiva dunha situación comunicativa concreta determinada polo interlocutor, a canle e o contorno
Rexistro formal
Modalidade de linguaxe científica e técnica
Rexistro coloquial
Xergas esotéricas
As funcións sociais da lingua
A función básica dunha lingua é a de servir como medio de comunicación entre os membros dunha comunidade
Función de identidade
Como se articula o pensamento e o coñecemento do mundo en cada individuo
Función familiar
Permite a interacción entre todos os membros dunha familia
Función laboral
Posibilita a comunicación no mundo do traballo
Función local
Favorece os contactos entre persoas do mesmo contorno
Función institucional
Propicia a comunicación entre o cidadán e os diferentes estamentos políticos
Función cultural
Serve como medio para expresar e recibir os saberes das ciencias, das artes e da cultura xeral
Diversidade lingüística
Linguas con estado e sen estado: as primeiras presentan un país de lingua oficial e legal, as segundas son propias de territorios sen independencia política
Linguas oficiais en máis dun estado
Portugués, español, francés... Estados unilingües, nos que se fala unha sola lingua, e estados plurilingües con varias linguas
Linguas exemoniacas
Son as que gozan dun gran prestixio social
Unha lingua é minoritaria refírese a que ten menor número de falantes en comparación con outra. Porén, unha lingua minorizada é aquela que se atopa nunha situación de subordinación respecto doutra socialmente máis valorada
Bilingüismo
Capacidade dunha persoa ou dunha sociedade para expresarse en dúas linguas
Diglosia
Situación de reparto desigual entre os usos e funcións de dúas linguas diferentes
Ecolinguismo
Marco teórico que promove o mantemento, uso e promoción da propia lingua dunha comunidade e deixa o uso doutras linguas para a relación con outras comunidades