As Vanguardas Galegas: Un Movemento de Renovación Cultural
Enviado por Chuletator online y clasificado en Otras lenguas extranjeras
Escrito el en gallego con un tamaño de 5,35 KB
Vangardas Europeas
Características comúns dos movementos estéticos que nacen:
- Actitude provocadora
- Liberdade creativa, orixinalidade e experimentación
- Ausencia de disciplina, de orde, de rimas nos versos, etc.
- Rexeitamento da actitude sentimentalista
- Renovación artística total
- Ruptura de barreiras entre xéneros literarios
Movementos vangardistas galegos
Imaxinismo
Corrente poética que se caracteriza pola presenza dunha paisaxe personificada e animada, a través de múltiples e innovadoras imaxes poéticas. O seu principal representante é o poeta Luís Amado Carballo.
Neotrobadorismo
Corrente poética que se caracteriza por imitar aspectos da poesía lírica galego-portuguesa medieval. Representantes: Álvaro Cunqueiro e Fermín Bouza Brey.
Máis Alá
Publicado en 1922, os seus autores son o escritor Manuel Antonio e o debuxante Álvaro Cebreiro. É un manifesto orixinal baseado nos manifestos franceses e ingleses fundadores das vangardas europeas e que, polo tanto, se pode dicir que funda as vangardas galegas. É un chamamento á renovación cultural galega que se fai desde a rebeldía. Defende a lingua galega como lingua de vangarda, critícase o pasado e as tendencias culturais anteriores, pero tamén as presentes, e faise un chamamento á mocidade, para que emprenda un camiño artístico propio separado do vello.
Manuel Antonio
Naceu en Rianxo en 1900. Participou nas Irmandades da Fala e tivo contacto cos intelectuais do Grupo Nós. Caracterízase pola:
- Ruptura total coa métrica e coa rima.
- Incorporación de léxico técnico e de estraxeirismos afastados da linguaxe poética.
- Uso da imaxe poética vangardista e de metáforas novidosas.
- Disposición tipográfica irregular do verso e liberdade na puntuación e uso de maiúsculas.
- Uso de caligrama.
Grupo Nós
O chamado Grupo Nós (ou Xeración Nós) foi un colectivo de intelectuais que no primeiro terzo do século XX lle deu un importante pulo á literatura e á cultura galega. O grupo naceu arredor da Revista Nós, fundada en 1920 por Vicente Risco, Ramón Otero Pedrayo, Florentino Cuevillas e Alfonso Daniel Rodríguez Castelao.
Características do Grupo Nós
- Destaca especialmente o seu labor como narradores.
- Existe trato persoal entre os diversos escritores e participan en proxectos conxuntos.
- Practicamente todos os membros proceden de clases sociais acomodadas e con boas posicións familiares.
- Apostan pola modernización e pola europeización da literatura galega.
- Defínense como un grupo de inadaptados, inconformistas e rebeldes.
- O seu proxecto de expresión máis importante foi a Revista Nós.
Partícipes do Grupo Nós
- Florentino Cuevillas
- Ramón Otero Pedrayo
- Vicente Risco
- Rafael Dieste
- Castelao
Vicente Risco
Naceu en Ourense en 1884. Pódese considerar o ideólogo do Grupo Nós. Participou activamente nas Irmandades da Fala. Dirixiu a revista Nós entre 1920 e 1936. Publicou varios relatos curtos, unha novela (O porco de pé) e varios ensaios de interese.
- Relatos: Do caso que lle aconteceu ao Doutor Alveiros, A velliña vella, O lobo da xente.
Ramón Otero Pedrayo
Naceu en Ourense en 1888. Destacou por ser o gran novelista do Grupo Nós. Participou nas Irmandades da Fala e militou tamén nas filas do Partido Galeguista.
- Obras: Os camiños da vida, Arredor de si.
Castelao
Naceu en Rianxo en 1886. Con 10 anos emigra a Arxentina coa súa nai, onde xa estaba o seu pai traballando. De volta en Galicia estuda o Bacharelato e despois, a carreira de Medicina en Compostela, aínda que case non chegou a exercer como médico. Os seus intereses eran outros: a pintura, a literatura e a política.
- Participou nas Irmandades da Fala e na Revista Nós.
- Tivo un importantísimo papel no Partido Galeguista en 1931.
- Co estalido da Guerra Civil en 1936 e a posterior ditadura, Castelao exiliouse en Buenos Aires.
- Castelao morreu en 1950 en Buenos Aires.
Obras de Castelao
- Narrativa: Un ollo de vidro (1922), Cousas (1926 / 1929), Retrincos (1934), Os dous de sempre (1934).
- Teatro: Os vellos non deben de namorarse (1941) - É a única peza teatral de Castelao. Está dividida en tres lances. En cada un deles cóntase a historia de (des)amor entre un home vello e unha rapaza nova.
- Ensaio: Sempre en Galiza (1944) - É o ensaio máis importante de Castelao. Nel recóllese o seu pensamento político. Defende o galeguismo e o nacionalismo.
- Obra gráfica: Álbum Nós, Cousas da vida (retratan a realidade galega con humor e drama) e Galicia mártir, Atila en Galicia, Milicianos (retratan os horrores e inxustizas da Guerra Civil).