Vangardas Literarias en Galicia: Poesía do Século XX
Enviado por Chuletator online y clasificado en Otras lenguas extranjeras
Escrito el en gallego con un tamaño de 3,72 KB
Vangardas Literarias en Galicia no Século XX
As vangardas xorden en Europa no século XX e son movementos artísticos que pretenden unha renovación total da arte. Buscan a ruptura coa tradición literaria e a procura de novos camiños expresivos.
Características Xerais das Vangardas
- Actitude romántica e antisentimental.
- Defensa da total liberdade creativa.
- Reivindicación da súa independencia e orixinalidade.
- Defensa da "arte pola arte".
- Renovación da linguaxe literaria.
Todos eles difunden as súas propostas renovadoras a través de manifestos.
Poesía de Vangarda en Galicia
En Galicia, as vangardas centráronse principalmente na poesía. Distínguense dúas correntes principais que funden a tradición coa vangarda (Hilozoísmo e Neotrobadorismo) e unha que rompe totalmente coa tradición galega (Creacionismo).
Hilozoísmo
O tema principal é a natureza, que aparece humanizada e animada mediante constantes personificacións e sensualidade. A métrica é sinxela, con versos curtos e rima asonante.
- Iniciador e principal cultivador: Luis Amado Carballo (Proel, O Galo, Os pobres de Deus).
Neotrobadorismo
Nace tras o descubrimento e difusión da poesía galego-portuguesa medieval, grazas á edición de cancioneiros realizada por José Joaquim Nunes. Combina temas (amoroso, ambientación espacial) e técnicas (paralelismo, refrán) dos cancioneiros medievais con atrevidas imaxes vangardistas. A existencia da literatura medieval demostraba a continuidade da literatura galega.
- Autores destacados:
- Fermín Bouza Brey (Nao senlleira)
- Álvaro Cunqueiro (Cantiga nova que se chama Riveira, Dona do corpo delgado)
- Xosé María Álvarez Blázquez (Cancioneiro de Monfero)
Creacionismo
O principal poeta desta corrente é Manuel Antonio. Dentro da estética do creacionismo, con pegadas futuristas e cubistas, caracterízase pola ruptura coa tradición literaria galega e a aposta pola renovación temática e formal.
Manuel Antonio: Obra e Manifesto
En 1928 publica De catro a catro, subtitulado "Follas sen data dun diario de abordo". Outras obras súas inclúen Con anacos do meu interior, Foulas, Sempre e máis despois e Viladomar.
O manifesto Máis Alá! (1922), escrito xunto a Álvaro Cebreiro, foi unha chamada á mocidade intelectual de Galicia. Nel:
- "O xesto": Expresa unha protesta forte e implacable ante os "vellos".
- "Os vellos": Refírese aos malos imitadores dos devanceiros. Critica que non pensan e son vulgares, mentres que os devanceiros (escritores anteriores) eran dignos de respecto.
- "Nós": Propón a liberdade creativa por encima de todo e rexeita a imitación.
Fragmentos de "De catro a catro"
- "SOS": O poeta está só no medio do mar co seu barco. Sente falta de enerxía e de ganas, sen axuda. O barco está perdido, leva só toda a vida, non avanza. O eu lírico séntese morto por dentro.
- "Ao reverso da noite": As estrelas vense no mar coa súa luz dourada. Ao seu lado reflíctese a lúa, pero desaparece pronto. O vento move as ondas e as velas do barco, que colgan dos paus e non se poden arriar. As estrelas funcionan coma un reloxo. Un novo día fará desaparecer a tristura.