As Vangardas Literarias Galegas: Características, Autores e Movementos

Enviado por Chuletator online y clasificado en Otras lenguas extranjeras

Escrito el en gallego con un tamaño de 4,71 KB

As Vangardas

Son correntes estéticas internacionais (1910 – 1930). Tamén se coñecen co nome de ismos: futurismo, dadaísmo, surrealismo, creacionismo, cubismo...

Características das vangardas dos séculos XX e XXI

Significación: cambios socio-económicos e políticos / cambio na creación artística.

Características:

  • Inexistencia dunha verdadeira escola vangardista galega.
  • Non hai unha renuncia ao compromiso coa realidade social e cultural do país.
  • Non se produce unha rotura total coa tradición literaria.
  • Literatura menos cerebral, non totalmente afastada do sentimentalismo.

Autores:

  • Fermín Bouza Brey: Nao semlleira (temática amorosa).
  • Álvaro Cunqueiro: Cantiga nova que se chama Riveira (temática amorosa, presenza da sensualidade).
  • Manuel Antonio: Manifesto Máis alá.

Tipos de vangardas/ Ismos

FUTURISMO

  • Creado polo italiano Marinetti.
  • Exalta a modernidade, a velocidade, as máquinas e o progreso.
  • En literatura tende á destrución da sintaxe e da puntuación para gañar en dinamismo.

CUBISMO

  • Descompón a realidade e recompona de novo mediante formas xeométricas.
  • Utiliza a técnica da colaxe.
  • En literatura utiliza orixinais disposicións tipográficas (caligramas de G. Apollinaire), alusións a conceptos espaciais...

SURREALISMO

  • Liderado por André Breton.
  • A arte debe expresar o subconsciente, os soños e as emocións máis íntimas.
  • A literatura é un instrumento de liberación: escrita automática liberada da lóxica e da razón, imaxes irracionais e símbolos.

DADAÍSMO

  • Nace en Suíza con Tristan Tzara. Movemento moi provocador.
  • Negación de todo, concibe a arte como puro xogo. É o azar quen crea unha obra de arte (un cadro, un poema...).
  • Pretende plasmar o caos e o absurdo que sente o artista ante a situación mundial.

CREACIONISMO

  • O poeta é un pequeno deus que debe crear, coa palabra, unha arte que non imite nin traduza a realidade.
  • A imaxe é o centro dese acto de creación. Xustaposición de imaxes, sen un referente claro e sen un fío condutor aparente.
  • Suprímense os signos de puntuación.
  • Prescíndese do anecdótico, do descritivo.
  • Cultivadores: Vicente Huidobro, Manuel Antonio...

ULTRAÍSMO

  • Propón a redución da lírica ao seu elemento primordial: a metáfora.
  • Prescinde de calquera elemento ornamental: desaparecen os adxectivos superfluos.
  • Ausencia de puntuación e rima, espazos en branco.
  • Cultivadores: Gerardo Diego, Jorge Luís Borges...

As Vangardas en Galicia

Entre os anos 20 e 30 xorden os pintores que mostran a influencia das vangardas: Carlos Maside, Laxeiro, Luís Seoane, Manuel Colmeiro, Maruja Mallo, Urbano Lugrís...

As Vangardas na Literatura Galega

A xeración da vangarda ou xeración do 25 está constituída por autores nados arredor de 1900: Manuel Antonio, Amado Carballo, Bouza Brey, Cunqueiro, Pimentel... Ademais da influencia dos ismos internacionais, as vangardas galegas están determinadas por:

  • O espírito nacionalista herdado das Irmandades da Fala.
  • A influencia do saudosismo portugués (Teixeira de Pascoaes).
  • A presenza do sentimentalismo (non hai total deshumanización na obra de arte).

As revistas acollen tendencias renovadoras das vangardas.

Revistas: A Fala, Ronsel, Nós, A Nosa Terra, Yunque, Cristal.

Máis Alá:

A rebeldía dos mozos: Mocidade intelectual da nosa terra.

Máis Alá critica outros manifestos.

Intención: ´´Nós tencionamos tan só facer unha protesta forte, densa e implacable contra os vellos´´

´´Non queremos sinalar un camiño determinado. A nosa ruta nos primeiros pasos, que tan só coñecen por onde non debemos ir´´

Nós:

  • Non se propón unha nova estética.
  • A única estratexia común é o rexeitamento do pasado.

Os vellos:

  • Critica os vellos.

Os devanceiros:

  • Respecto polos devanceiros (Curros, Rosalía, Pondal).
  • Infravaloran aos devanceiros.

A Fala:

  • Defensa dunha lingua libre das ataduras da gramática.

Individualismo:

  • Exaltación do individualismo.

Temáticas de Catro a Catro:

O mar, a soidade, o tempo, a terra.

Entradas relacionadas: