As Vangardas na Arte e Literatura Galega (1920s)
Enviado por Chuletator online y clasificado en Lengua y literatura
Escrito el en
gallego con un tamaño de 3,02 KB
En 1920 iniciouse en Galicia un proceso de renovación da arte e da literatura galegas que tomou como referencia as vangardas que se desenvolveron en Europa na Primeira Guerra Mundial. Estes movementos supuxeron unha ruptura radical co xeito de concibir a arte que existía ata o momento e afectaron a todas as súas manifestacións. Os primeiros textos vangardistas chegaron por primeira vez a Galicia a través da Revista Nós.
Principais Movementos Vangardistas Europeos
- Cubismo: Guillaume Apollinaire, descompón a realidade para observala desde diferentes perspectivas. Son frecuentes as onomatopeas e os caligramas.
- Futurismo: Marinetti, rompe co tradicional ao tempo que exalta a velocidade, o risco, as máquinas.
- Dadaísmo: Tristán Tzara, movemento vangardista máis rupturista e provocador. Acode ao mundo dos soños.
- Creacionismo: Vicente Huidobro, pensa na arte como creación absoluta, o poeta é un deus que crea unha realidade autónoma froito da xustaposición de imaxes.
- Surrealismo: André Bretón, pretende liberar o ser humano das represións da súa propia razón e da que sobre el exerce a sociedade burguesa. Escritura automática.
As Vangardas na Literatura Galega
Manuel Antonio e Álvaro Cebreiro asinaron o manifesto poético Máis Alá, no que expresan a necesidade de que a literatura galega rompa coa tradición e co ruralismo e busque novos camiños. Fan unha forte defensa da lingua galega e critican os escritores galegos que publicaban en castelán e renunciaban a formar parte do proceso de construción dunha literatura galega propia.
No 1925 un grupo de escritores aparecen en revistas como Alfar, Ronsel, Resol, Yunque, Papel de color e Crisol, onde colaboran poetas e ilustradores como André Bretón, Picasso, Dalí.
Correntes Fundamentais na Literatura Galega
- Hilozoísmo: presenta a natureza como un ser animado. Combina elementos da tradición como esquemas métricos populares. O poeta describe unha paisaxe onde o ser humano desaparece mentres que os elementos inanimados se personifican a través dunha combinación de imaxes de carácter sensorial. Autor destacado: Luís Amado Carballo.
- Neotrobadorismo: movemento que xorde como consecuencia da recuperación e difusión dos cancioneiros medievais galego-portugueses por José Joaquim Nunes. A lírica medieval aparece na utilización de numerosos elementos temáticos, formais e estilísticos. Autores destacados: Fermín Bouza-Brey e Álvaro Cunqueiro.
- Creacionismo: Manuel Antonio. A súa obra poética supón unha verdadeira ruptura co neotrobadorismo, non quixo seguir ningún movemento vangardista concreto e asimilou características de moitos deles.