Vangarda e Neotrobadorismo na Poesía Galega
Enviado por Programa Chuletas y clasificado en Lengua y literatura
Escrito el en gallego con un tamaño de 3,91 KB
A poesía de vangarda
En 1922, Manuel Antonio e o artista plástico Álvaro Cebreiro publicaron un manifesto rupturista titulado ¡Máis alá!. A publicación deste manifesto supón o momento cumio da literatura galega vangardista. Manuel Antonio semellaba formular unha fenda total coa literatura galega que se fixera antes del, na liña doutros manifestos similares que se espallaron pola Europa das dúas primeiras décadas do século XX. Adoptouse unha posición adanista, renegando do pasado e prescribindo unha literatura completamente nova, na liña que ían debuxando os diferentes ismos que se sucedían sen interrupción.
Porén, a situación sociocultural galega resultaba ben pouco semellante á que se vía en culturas plenamente normalizadas. De aí que, desde os primeiros movementos, se establecese unha dialéctica entre o nacionalismo galego e a vangarda. O galeguismo consideraba que non podía permitirse o luxo de prescindir da tradición. A liña que se acabaría impoñendo maioritariamente como estética nacional para os novos non ía ser a preconizada por Manuel Antonio, senón por esa outra "vangarda de enxebre".
No labor de espallamento das vangardas, a prensa literaria da época ocupa un lugar de primeira orde. Destacan tres períodos dos ismos:
- Primeira etapa (1917-1922): Proclámase a necesidade dun cambio de orientación para as letras galegas e a aparición do manifesto ¡Máis alá! marca o extremo deste primeiro tempo.
- Segunda etapa (1922-1930): Data da morte de Manuel Antonio. Aínda que saen á luz pública as obras do autor de De catro a catro e de Luís Amado Carballo, ten lugar neses anos unha viraxe cara a fórmulas máis conservadoras.
- Terceira etapa (1930-comezos da Guerra Civil): A figura máis representativa é Álvaro Cunqueiro.
O Neotrobadorismo
A asunción do pasado medieval con Fermín Bouza Brey e Álvaro Cunqueiro, que escriben cadanseu libro inspirados no novo horizonte que supuxo o descubrimento das cantigas, especialmente as de amigo, consideradas como unha representación xenuína da musa popular e nacional galega. Desta maneira, os recursos propios da cantiga de amigo, como o leixaprén e o refrán, volven aparecer nos poemas neotrobadorescos. Así pois, non é posible incluír o neotrobadorismo como parte das vangardas.
O hilzoísmo foi significado como verdadeira doutrina estética nacional para os máis novos. A liña poética que maior éxito tivo co seu representante Luís Amado Carballo, autor dun único libro en vida, *Proel*, facía moito uso da natureza personificada.
A vangarda plena: Manuel Antonio
Poeta galego anterior a 1936, camiñou polo camiño das vangardas e foi mariño de profesión. O seu único libro que chegou a publicar en vida, De catro a catro, asinárao conxuntamente co artista plástico Álvaro Cebreiro, o manifesto ¡Máis alá!, onde propoñía unha ruptura total coa literatura galega que se viñera facendo ata a época.
De catro a catro está conformado por dezanove poemas dispostos en forma de caderno de bitácora e cunha perspectiva tradicional e unha óptica nova. Este describe o mar nunca visto por ninguén, un mar que vén a ser unha illa de auga rodeada de ceo por todas partes, un mar no cal percibir o extravío e mais a desolación. Téñense sinalado diferentes influencias no desenvolvemento de De catro a catro; a máis destacada é a do creacionismo. Neste combínanse elementos do léxico náutico internacional a carón doutros que remiten ao mariñeiro da ría de Arousa.
Os ecos da vangarda: Álvaro Cunqueiro
Coa análise da *Cantiga nova que se chama Riveira*, un poemario que se adoita incluír no neotrobadorismo, o autor redefine certos elementos da cantiga de amigo, como o refrán.