Valores especiais dos demostrativos e posesivos en galego
Enviado por Chuletator online y clasificado en Magisterio
Escrito el en
gallego con un tamaño de 5,8 KB
Valores especiais dos demostrativos
Valor afectivo
Exemplo: ¡Este Paco!
Valor pexorativo e despectivo
Exemplo: ¿E ti vas comer iso? ¿A iso lle chamas ti coche? Ese non sabe o que é bo.
Valor de palabra clixé ou comodín (só de uso vulgar), usando aquel e aquela como substantivos de significado indeterminado:
Exemplos:
Aquel dunha dor de muelas, non veu traballar. (Aquel = escusa)
Ten un aquel para o baile que dá gusto velo. (Aquel = xeito)
Tamén se constrúen formas verbais comodín (aquelar e aqueloutrar) con significado indeterminado que depende do contexto (só de uso vulgar):
Exemplo:
Cando lle mandas facer algo, aqueloutráse.
Deixouno aquelado o accidente.
🔹 OLLO: Hai que evitar o uso na fala e na escrita destas palabras comodín, pois só empobrecen a expresión.
Valor adverbial temporal con niso, nestas, con isto (= nese intre; entón)
Exemplo:
Ían descubrir o asasino e niso (ou nestas)... estragouse o televisor.
Entoaron o himno e con isto deuse por rematado o acto.
Daquela admite dous valores:
Adverbial temporal: (Daquela = naquela época; naquel tempo)
Exemplo: Daquela non había coches coma os de hoxe.
Conxunción: (= en consecuencia; polo tanto; así que)
Exemplo: Non é socio do club, daquela non poden deixalo entrar.
Expresións ou frases feitas
O uso fixou unha forma indeterminada do demostrativo que se aparta da súa función básica: so si; Iso xa; Isto é; Por esas;
Valores especiais dos posesivos
1. Posesivo de propiedade exclusiva ou absoluta
Constrúese co sintagma: de + posesivo masculino singular, e é invariable en xénero e número:
| Persoa | Singular | Plural |
|---|---|---|
| 1ª | De meu | De noso |
| 2ª | De teu | De voso |
| 3ª | De seu | De seu |
Exemplos:
- Eu teño bicicleta de meu (= da miña propiedade).
- Vós tedes casa de voso.
Estas formas poden asumir tamén outros valores diferentes aos posesivos:
1.2. Co valor de “Por propia natureza”
Exemplo: Eses queixos son acedos de seu / Eu son optimista de meu.
1.3. Co valor de “Por si mesmo”
Exemplo: Este edificio caeu de seu ou foi derrubado?
2. Posesivo con valor distributivo
É o resultado da contracción: cada + un + posesivo de 3ª persoa:
| Número | Masculino | Feminino |
|---|---|---|
| Singular | Cadanseu | Cadansúa |
| Plural | Cadanseus | Cadansúas |
Exemplos:
Eles teñen cadanseu coche.
As meniñas teñen cadansúa boneca.
🔹 OLLO: O distributivo nunca vai ao final da frase.
✅ Correcto: Eles mercaron unha chaqueta cadanseu.
❌ Incorrecto: Eles mercaron cadanseu chaqueta.
O distributivo concorda en xénero e número co posuído, non co posuidor:
Correcto: Eles teñen cadansúa xoguete.
Opcional: Eles teñen cadanseu xoguete.
Outros valores dos posesivos:
Valor afectivo
Exemplo: ¿Como está a nosa ría?
Valor substantivo
Exemplo: A miña familia → “a miña”.
Valor de proceso ou feito habitual
Exemplo: Xa lle deu o seu ataque.
Valor de substantivo verbal
(= "o que é propio ou natural en…") Exemplo: A pesca é o seu, o meu é cazar.
Valor substantivo
(= "o que é propio dicir dalgún…") Exemplo: Armou unha das súas.
Valor substantivo
(= "a miña parte, o que me toca…") Exemplo: Xa fixeches o teu.
Valor cuantitativo adverbial (= “bastante; en boa cantidade”)
Exemplo: Aínda que non tiñas sede, bebiches o teu.
Valor vocativo
Exemplo: ¡Escoita, meu! Como dis esa parvada?
🔹 OLLO:
O posesivo (en feminino singular), con certas locucións ou adverbios de lugar, pode substituír o complemento formado polo sintagma: de + pronome persoal
| Expresión | Forma substituída |
|---|---|
| diante de min | diante miña |
| enriba del | enriba súa |
| detrás de nós | detrás nosa |
Exemplos:
- Correcto: Diante miña.
- Correcto: Enriba súa.
- Correcto: Detrás nosa.