Uso dos posesivos e demostrativos en galego
Enviado por Chuletator online y clasificado en Otras materias
Escrito el en gallego con un tamaño de 7,32 KB
Uso dos posesivos en galego
O posesivo -tanto no seu uso como pronome como determinante- debe ir precedido do artigo. Non será necesaria a colocación do artigo nos seguintes casos:
1. Cando se trata de nomes de parentesco próximo que é optativo: O seu pai foi bombeiro / Súa nai canta nunha orquestra
2. Se antes xa vai outro determinante (demostrativo ou indefinido) (ex. Este meu libro).
3. Con vocativos: Meu amiguiño!
4. Cando designa a seres únicos: Nosa Señora da Barca
5. Cando acompaña ao atributo nunha construción copulativa: aquel é meu colega; eses non son asuntos teu
6. Nas construcións DE MEU, DE TEU, DE SEU , DE NOSO, DE VOSO, DE SEU
7. Existe tamén unha forma de respecto mi que se emprega con “padre” e “señor”.
Usos e valores especiais
1.- As formas DE MEU, DE TEU, DE SEU , DE NOSO, DE VOSO, DE SEU dan idea de pertenza exclusiva ou calidade por natureza. Teñen coche de seu; está claro, é raposeiro de seu
2.- O posesivo de terceira persoa contrae co distributivo CADA dando as formas CADANSEU/S, CADANSÚA/S co valor distributivo: Veñen a clase con cadanseu caderno
3.- O posesivo feminino precedido de certas locucións prepositivas e adverbiais equivale a pronome persoal precedido de preposición2
. Detrás de nos: detrás nosa; fronte a ela: fronte súa
4.- As formas de primeira persoa indican familiaridade ou afectividade: Meu neno! Miña xoia!!
5.- As formas O MEU, O TEU, O SEU... poden significar “o que é propio”, “o que fai cada un ou” o “sentido adecuado”, tamén un feito habitual ou que ocorre periodicamente Toleou moito de novo pero xa volveu ao seu. Xa volveu o Marcial coa súa teima
6.- O posesivo masculino OS MEUS, TEUS, SEUS, NOSOS, VOSOS e SEUS ten o significado de familia: Esta semana irei de vacacións cos meus
7.- Usado precedendo a numerais achega un valor aproximativo: O seu avó terá os seus noventa anos
8.- A forma AS SÚAS vén significar “trasnadas”, “falcatruadas”, ou “o que acostuma a facer ou dicir una persoa” :O meu cativo a volve a facer das súas; como arme unha das súas desfaino todo
1
Demostrativos
Os demostrativos contraen coas preposicións DE e EN (deste, nese), co indefinido OUTRO (esoutro) e tamén coa contracción da preposición (desoutras). Estas contraccións non teñen lugar cando a preposición non rexe o substantivo.
De estas razóns non seren escoitadas...
A forma neutra non pode ser empregada en plural por iso non hai formas no paradigma e non contrae co indefinido OUTRO
AQUEL, -A. Poden funcionar coma substantivos. O significado dependerá do contexto
AQUELAR. Funciona como verbo e ten significados variables. Tamén os participios AQUELADO e AQUELOUTRADO.1
DAQUELA ten dous valores:
o Adverbio de tempo con valor de entón, naquel tempo
o Conxunción consecutiva equivalente a entón, polo tanto.
NISTO, -A; NESTAS; NESAS teñen uso coma locucións adverbiais: entón, nese mesmo momento, de repente, inmediatamente despois...
ESE acompañado ou substituíndo un nome, sobre todo de persoa, asume un sentido despectivo ou distanciador que se fai máis marcado cando vai posposto . O desinterese ou indiferenza poden vir pola forma neutra ISO
o A rapaza esa non ten arte ningunha
o O alumno ese non sabe o que é o esforzo
o Unha moto? A iso lle chamas moto?
POR ESTAS (cruces); CON ESAS (lerias, desculpas);
Formas dos cuantificadores e identificadores
FORMAS DOS CUANTIFICADORES: abondo, algo, alguén, algún, ambos, bastante, ben, cada, cada cal, cadaquén, demasiado, entrambos, máis, menos, moito, nada, ninguén, ningún, pouco, ren ou res, tanto, todo, un e varios.
FORMAS DOS IDENTIFICADORES: calquera, certo, o demais, determinado, mesmo, outro, propio, quenquera e tal.
Ambos cando precede ao numeral dous/dúas esixe a presenza de artigo
Alguén e ninguén só se poden usar coma substitutos de persoas. Ninguén úsase en plural coma substantivo.
Algo e nada tamén ten valor adverbial.
Calquera e cada poden funcionar como pronomes e adxectivos, o primeiro deles é invariable e nunca se presenta apocopado.
Máis, menos e demais úsanse precedidos de artigo.
Ren ten valores semellantes ós de nada, pero só debe usarse coma C.D
Nada emprégase con máis en frases negativas.
Canto, todo, moito, mesmo e tanto poden ter variación de xénero e número e tamén admiten poden admitir o sufixo –IÑO.
Un, algún e outro contraen coas preposicións de/en.
Canto, nada, todo, moito, mesmo e tanto funcionan ocasionalmente como adverbios de cantidade
Atendendo a un criterio meramente formal podémolos dividir en dúas series:
invariábeIs: algo, alguén, ben, cadaquén, calquera, nada, ninguén, quenquera e ren ou res.
variábeIs: abondo, algún, ambos, bastante, cada cal, certo, o(s) a(s) demais demasiado, entrambos, máis, menos, mesmo, moito, ningún, outro, pouco, tal, tanto, todo, un e varios.
Numerais
Poden funcionar como adxectivos ou pronomes referidos a realidades contables para indica-la cantidade ou a orde duna serie son:
Cardinais: indican o número ou a cantidade precisa dunha realidade contable. As combinación escríbense separadas (vinte e un, a partir de cen úsase cento)
Ordinais: indican a orde duna serie.
Multiplicativos: indican o número de veces polas que se multiplica unha cantidade: dobre, duplo, dupla; triplo, -a; cuádruplo,-a; quíntuplo...
Partitivos: Indican a fracción dun todo.
Cos numerais podemos relacionar unha serie de substantivos: par, parella, trío, decena, ducia, milleiro, metade... Cando van acompañando outro substantivo do que indican cantidade esixen a preposición de.
NOTA:
Os numerais escríbense normalmente en letra.
Úsanse cifras árabes en aritmética, no eido científico, nas datas e mais para evitarmos expresións longas.
Na data o mes pode expresarse en números romanos.
Que: invariable. Seguido de “de” ante pronome persoal ou substantivo serve de exclamativo. Pode ir precedido de preposición e/ou artigo
Quen: invariable. Só se pode usar con persoas. Pode ir precedido de preposición e/ou artigo. Esixe obrigatoriamente o verbo en singular cando funciona coma suxeito, agás no caso de SER que pode ir en plural.
Cal, cales: variable só en número. Pode ir precedido de preposición e/ou artigo
Cuxo (só relativo e sempre ten valor de adxectivo determinativo)
U- ? (só interrogativo e sempre co artigo ou pronome átono de terceira persoa –lo, -la, -los e –las)
Teñen tamén valor como adverbios
Canto, -a, -os, -as: variable en xénero e número. Pode ir precedido de preposición.
Onde: invariable. Pode ir precedido de preposición e/ou artigo
Cando: invariable. Pode ir precedido de preposición.
Como: invariable. Pode ir precedido de preposición.
Os interrogativos e exclamativos non levan acento gráfico para distinguirse dos relativos, xa que tal distinción se produce pola relación contextual ou por outro tipo de marcas gráficas, os signos de interrogación ou admiración. Só hai excepción no caso dos interrogativos indirectos que si se poden acentuar para evitar ambigüidades.