A Traxectoria do Teatro Galego: Resistencia, Renovación e Legado Cultural (1936-1970s)

Enviado por Chuletator online y clasificado en Otras lenguas extranjeras

Escrito el en español con un tamaño de 3,58 KB

O Teatro Galego na Posguerra e Ditadura (1936-1970s)

En Galiza, o desenvolvemento da Guerra Civil (1936-1939) presenta catro características específicas:

  • Non existiu unha fronte bélica no territorio galego.
  • A represión desatada polo bando franquista foi planificada e brutal, instaurando un réxime de terror.
  • Galiza serviu como despensa de alimentos, roupa, soldados, etc., para a zona franquista, o que agravou a situación de enorme penuria.
  • A resistencia popular armada, a "guerrilla", mantívose ata os anos 50.

O Partido Galeguista ficou na clandestinidade. O teatro sufriu aínda máis que os outros xéneros as consecuencias da guerra e a posterior ditadura, ao ser impensable un espectáculo público teatral en galego. A penuria editorial entre 1936 e 1952 acompañouse cunha práctica aniquilación da escena galega, que apenas sobrevive da man dos Coros Populares.

Liñas Temáticas do Teatro Galego a Partir dos Anos 50

A partir dos anos 50, o teatro galego vai desenvolver as seguintes liñas temáticas:

  • Teatro costumista ou de comedia urbana.
  • Teatro que continúa as tendencias modernizadoras.
  • Teatro existencialista.
  • Teatro histórico e social crítico (como O incerto señor Don Hamlet, de Cunqueiro, que reflexiona sobre a identidade e a existencia humana).

O Teatro da Xeración dos 50

Desenvolveuse no contexto histórico e cultural da ditadura franquista, no que a representación das súas pezas se fixo practicamente imposible, polo que ficaron na maior parte dos casos como teatro para ler. Destaca a figura de Manuel María, con obras como Barriga verde.

O Teatro Independente e a Mostra de Ribadavia

A partir dos anos 60, rexorden as actividades dramáticas grazas ao asociacionismo cultural e ao Teatro Independente, unha constelación de grupos que traballaron por rescatar o teatro das salas convencionais e comerciais para achegalo ao pobo. En 1973, a Agrupación Cultural Abrente, de Ribadavia, presidida por Ernesto Chao, convocou a Primeira Mostra e o Primeiro Certame Abrente de Teatro Galego. Ribadavia transformouse no punto de encontro para todas as persoas interesadas no mundo teatral galego.

Unha serie de dramaturgos logrou renovar profundamente e consolidar o xénero teatral galego nos anos 70, coñecidos como o Grupo ou Xeración Abrente. As súas achegas foron:

  • Impulsaron a profesionalización do sector.
  • Crearon un teatro actual.
  • Incorporaron aspectos da dramaturxia europea contemporánea e dialogaron cos clásicos universais.
  • Conseguiron a normalización lingüística no ámbito teatral.
  • Serviron de guía a xeracións posteriores.

Vidal Bolaño: Unha Figura Central na Dramaturxia Galega

Vidal Bolaño fíxoo todo no mundo do teatro: foi actor, director, guionista, escenógrafo, iluminista, investigador, tradutor e fundador das compañías Antroido, Teatro do Estaribel e Teatro do Aquí. Combinou elementos da cultura teatral popular galega, da dramaturxia da vangarda e da linguaxe cinematográfica. A súa obra amosa unha visión amarga e pesimista da vida, sen renunciar á denuncia político-social. O seu teatro coñécese co nome do teatro da derrota e dignidade, pola tipoloxía dos seus personaxes: marxinados, perdedores, antiheroes e fracasados (como en Cochos).

Entradas relacionadas: