A Traxectoria do Grupo Nós: Modernización e Legado da Cultura Galega
Enviado por Chuletator online y clasificado en Otras lenguas extranjeras
Escrito el en
español con un tamaño de 4,76 KB
O Grupo Nós: Fundadores e Legado Cultural Galego
Composición e Contexto Histórico
O Grupo Nós, formado por Vicente Risco, Ramón Otero Pedrayo, Florentino Cuevillas e Antón Losada Diéguez, pertence á Xeración das Irmandades da Fala. A eles únese Castelao para a realización de proxectos artísticos, políticos e culturais.
Características Principais
- A súa procedencia social acomodada.
- A súa evolución cara ao galeguismo desde unha etapa inicial de cosmopolitismo e exotismo.
A Revista Nós (1920-1936)
O nome do grupo procede da revista Nós, fundada en Ourense en 1920 e da que, ata a súa desaparición en 1936, se publicaron un total de 144 números. Foi a publicación máis importante da Galicia da preguerra e ocupouse das diversas facetas que compoñen a cultura galega: arqueoloxía, antropoloxía, etnografía, xeografía, historia, literatura, etc. Galicia comeza deste modo a ser obxecto de estudo e investigación. (Revista literaria que quería).
Contribución e Impacto Cultural
A gran preparación intelectual que estes autores tiñan permitiulles realizar un importante traballo en prol da cultura galega. A eles débese a modernización e europeización da nosa cultura.
Planos de Actuación
- Plano Político: Participaron das teses do nacionalismo e lideraron o Partido Galeguista.
- Plano Literario: O seu principal logro foi a consolidación e renovación da prosa, tanto a narrativa como o ensaio.
Membros Destacados do Grupo Nós
Vicente Risco (1884-1963)
En 1917 funda a revista La Centuria, en colaboración con Otero e Cuevillas. Trátase dunha revista literaria que expresa o seu interese naquel tempo polo ocultismo e o orientalismo. A fins de 1917 únese ás Irmandades da Fala e inicia a súa etapa galeguista. En 1920 funda e dirixe a revista Nós. Publica tamén Teoría do nacionalismo galego e convértese no primeiro teórico do galeguismo.
Cando en 1923 nace o Seminario de Estudos Galegos, Risco encárgase da dirección da sección de Etnografía e Folclore. En 1931 participa na creación do Partido Galeguista, do que se afasta cando este partido se achega a posicións ideolóxicas de esquerda. Tras a Guerra Civil, Risco abandona a súa militancia galeguista e a súa actividade literaria en galego.
Narrativa de Vicente Risco
Caracterízase polo seu didactismo e intelectualismo, xunto co humor crítico e a presenza de motivos esotéricos. Abandona o ruralismo e incorpora ambientacións urbanas. O seu estilo caracterízase pola sobriedade expresiva, con escasos artificios retóricos.
- O porco de pé
- Do caso que lle aconteceu ao doutor Alveiros
- O lobo da xente e A trabe de ouro e a trabe de alquitrán
- Os europeos en Abrantes
Ensaio e Teatro
- Ensaio: Teoría do nacionalismo galego, Nós, os inadaptados, Mitteleuropa.
- Teatro: O bufón de El-Rei.
Ramón Otero Pedrayo (1888-1976)
Principal literato do Grupo Nós. Centrouse no campo da narrativa e do ensaio, aínda que tamén cultivou o teatro e a poesía.
Obra Narrativa
Novelas longas e relatos breves. As novelas máis importantes son:
- Os camiños da vida
- Arredor de si
- A romería de Xelmírez
Ensaio
A súa numerosa produción ensaística céntrase en temas de xeografía e de historia. Destacan:
- Síntese xeográfica de Galicia
- Ensaio histórico sobre a cultura galega
Obras Dramáticas
- A lagarada
- O desengano do prioiro
Estilo Literario de Otero Pedrayo
- Abundantes descricións de paisaxes e ambientes.
- Uso de imaxes, metáforas e símbolos.
- Presenza de referencias culturais (historia, música, filosofía).
- Extensos parágrafos de oracións subordinadas.
Florentino López Cuevillas (1886-1958)
Desenvolveu un labor á fronte da Sección de Prehistoria do Seminario de Estudos Galegos e publicou diversos traballos de ensaio sobre este tema.
Principais Traballos de Ensaio
- «A Idade do Ferro na Galiza»
- «Catálogo dos castros galegos»
- «Prehistoria e folclore do Barbanza»
A súa obra literaria publicouse postumamente en 1962, nun volume titulado Prosas galegas.