A Traxectoria dos Bardos do Rexurdimento: Pondal e Curros Enríquez
Enviado por Chuletator online y clasificado en Otras lenguas extranjeras
Escrito el en
español con un tamaño de 6,7 KB
Eduardo Pondal: Vida, Obra e Temas Centrais
Biografía e Contexto Histórico
Nace en Ponteceso en 1835, fillo de fidalgos. Estuda latín e grego cun cura da reitoral de Nemiña. Marcha estudar a Santiago en 1848, na época do levantamento dos Mártires de Carral. Mentres estuda medicina, participa en movementos culturais como o Liceo da Xuventude, o Banquete de Conxo e a Irmandade. Traballa pouco tempo de médico para a armada. A partir de aí vivirá de rendas en Ponteceso, A Coruña e Santiago.
En Coruña contacta con intelectuais que valoran o pasado celta galego. Algúns esaxeran dicindo que a nosa lingua é celta. Vicetto é un historiador que esaxera o pasado celta. Reúnense para falar do pasado celta e a xente ridiculiza a súa esaxeración, chámanlles a Cova Céltiga, do que se senten moi orgullosos. Pondal apaixóase pola figura de Macpherson, que descubrira un bardo. Considérase a si mesmo como bardo do pobo galego. Pondal morre illado do mundo con problemas psicolóxicos na Coruña en 1917.
Obra Literaria de Eduardo Pondal
- A Campana de Anllóns: Aparece publicado na obra El álbum de La Caridad, que recollía os textos premiados do concurso dos Xogos Florais. Aparece o tema da paisaxe.
- Queixumes dos Pinos: Baseado en Rumores de los Pinos. Considerábase que esta obra pertencía a unha ideoloxía que se publicara posteriormente.
- Os Eoas: Obra na que traballa boa parte da súa vida e da que non temos unha versión definitiva. Tardaremos máis de 80 anos en vela publicada. É poesía épica narrativa. Defende que Colón era galego. Baseábase na obra Os Lusíadas. Pretende valorar o noso lugar no mundo, a nosa lingua e cultura.
Temas Centrais na Poesía Pondaliana
- O Celtismo: A historia serve para sentirnos orgullosos. Esaxera outros aspectos como o pasado celta. O pobo descoñece o seu pasado, carece de futuro, fronte a un presente marcado pola emigración. Chega a colocar algún topónimo.
- O Bardismo: É o poeta profeta que guía ao pobo dicíndonos o camiño para un futuro mellor. Vaise considerar como o bardo do pobo galego.
- O Helenismo: Pondal dálle moita importancia á cultura grega, que coñece dende a reitoral de Nemiña. Inspírase sobre todo no reino de Esparta, porque é unha cultura guerreira que indica fortaleza.
- O Iberismo: Pondal propugna a unión dos pobos ibéricos. Galicia como ponte de unión entre estes pobos (tema central en Os Eoas).
- Contraposición Masculino-Feminino: O mundo contraponse entre o masculino e o feminino. Nos versos aparece a misoxinia e o machismo. As mulleres son un froito para os guerreiros. A violación era algo común na época.
- A Natureza: Pondal críase na terra de Bergantiños, cunha paisaxe moi fermosa.
Símbolos Recorrentes na Obra de Pondal
- Horizontalidade: pasado, opresión, historia.
- Verticalidade: futuro, liberdade.
- Bosque de árbores: Guerreiros Liberais.
- Ave: Liberdade.
- Moucho: paso do tempo e sabedoría.
- Vento: voz dos antepasados que nos dan consellos de liberdade.
- Terra e chan: o pasado.
Manuel Curros Enríquez: Biografía e Poesía Social
Vida e Traxectoria
Nace en Celanova en 1851, é fillo dun notario, conservador e carlista. A súa nai é maltratada polo seu pai. Curros marcha da casa aos 14 anos despois de que seu pai o intentase agredir, vai a Ourense con uns amigos e máis tarde a Madrid co seu irmán. En 1871 vai casar polo civil en Madrid coa filla dun xuíz. O xuíz encadeouno, onde pasa menos dunha semana. Cando sae, decide dedicarse ao xornalismo. A súa nai publica Aires da miña terra. Curros escribe un libro con sentido do humor, O Divino Sainete. Será atendido no hospital do Centro Asturiano, onde morre en 1908. Enterrárono no cemiterio de San Amaro na Coruña.
A Obra Poética de Curros Enríquez
Curros é poeta. Tamén fai artigos xornalísticos. Destacan Cantigas, un poema que escribira sendo adolescente.
Aires da miña terra é un conxunto de poemas moi distinto que se publica en 1880. O libro vólvese popular.
Clasificación da Poesía de Curros
- Poesía Crítico-Social: Aquilo que nos quere converter en mellores cidadáns. Temas principais:
- Galeguismo: Defende a lingua galega.
- Anticlericalismo: Curros critica ao clero porque abusan do seu poder.
- Anticaciquismo: Crítica ao cacique político que controlaba unha zona determinada.
- Poesía Intimista: Aquela que expresa os sentimentos máis íntimos.
- Poesía Costumista: Aquela que expresa os costumes do pobo.
Poemas Costumistas Destacados
- O Gaiteiro: Tipo popular.
- Vooa: Costumes do pobo.
- A Virxe do Cristal: Escribíalle un poema á Virxe porque a súa nai é devota dela. Os seus poemas sitúanse no rural e describen costumes.
O Divino Sainete
É un libro profundamente anticlerical, respondendo ao que lle intentaran facer a el con Aires da miña terra. Está inspirado na Divina Comedia: unha viaxe que fai Curros a Roma, onde se atopa polas rúas con Francisco Añón. Deciden ir a Roma para solucionar os seus problemas e van en tren. Os vagóns representarían os pecados capitais:
- Na Preguiza ven, por exemplo, o xuíz que os enganou.
- Na Envexa ven a que ten España de Francia.
- Na Gula hai frades que devoran aos galeguistas.
- Na Luxuria aparecen curas e monxas participando nunha orxía.
- Na Avaricia obsérvanse os desexos da Igrexa de acumular riquezas.
- Na Ira e na Soberbia aparecen os carlistas cheos de odio e creéndose superiores.
Deciden ir ver ao Papa. O Papa acepta que van volver á pobreza repartíndolles riquezas aos pobres. Con este libro Curros pretende facer unha defensa do Rexurdimento galego e criticar os abusos da Igrexa Católica.