Tratamento Térmico do Aceiro
Tratamento Térmico
Proceso no que unha peza completa ou parte da mesma é sometida a ciclos térmicos para acadar as estruturas e propiedades desexadas.
Principais Obxectivos
- Abrandar
- Eliminar tensións residuais
- Homoxeneizar
- Aumentar a tenacidade
- Endurecer
- Modificar a superficie
Ciclo Térmico
Secuencia de quecemento controlado mantendo a temperatura de tratamento e enfriamento a velocidade adecuada.
Ten 3 Etapas
- Etapa de quecemento (40-80% do tempo total): introdúcese a peza en fornos ou baños de sales ata acadar a temperatura necesaria no centro sen quecementos bruscos.
- Etapa de mantemento: o tempo de mantemento debe garantir a austenitización e homoxeneización da austenita para que a súa transformación posterior sexa homoxénea.
- Etapa de enfriamento.
Recocido
Reducir a dureza e incrementar a ductilidade.
Recocido de homoxeneización
Elimina a diferenza de composición entre o centro e a periferia dos grans austeníticos (operacións de traballo en quente e pezas de aceiro moldeado).
Recocido de rexeneración
Rexenerar e homoxeneizar a estrutura, afinando o gran excesivamente grande obtido e eliminar estruturas Widmanstätten (moldeo de pezas, soldadura, traballo en quente). Lógrase abrandar, eliminar fraxilidade e mellora a maquinabilidade do aceiro eliminando tensións.
Microestrutura: Ferrita pro e perlita grosa.
Recocido de abrandamento
Lograr a estrutura de máxima ductilidade e mínima dureza do aceiro (matriz ferrítica con carburos ferroglobulizados).
En aceiros de baixo e medio contido en C constitúe unha etapa previa ao conformado en frío, e en aceiros de alto contido en C precede ó mecanizado.
As estruturas esferoidizadas son as máis estables dos aceiros e formaranse a partir de calquera outra (dependen do tempo e da temperatura).
- Perlita: esferoidización lenta
- Bainita: esferoidización rápida
Recocido de recristalización
Aplícase a aceiros de baixo contido en C tras ser sometidos a operacións de conformado en frío (recocido contra acritude). Nalgúns casos considérase recocido de proceso xa que se aplica como etapa intermedia en procesos de intensa deformación en frío.
Elimina a estrutura agria e as tensións recuperando a ductilidade.
Ten 3 etapas
- Restauración: recuperación parcial de propiedades eléctricas e mecánicas.
- Recristalización: estrutura nova de grans regulares. Proceso de nucleación, irreversible e prodúcese un cambio de propiedades (xeralmente hai un afino de gran).
- Crecemento de gran: diminución da enerxía libre superficial e crecemento de gran mediante tratamentos isotérmicos subcríticos e tempos de mantemento curtos.