Trastornos adaptativos e estrés traumático
Enviado por Chuletator online y clasificado en Ciencias sociales
Escrito el en
gallego con un tamaño de 7,29 KB
Trastornos adaptativos: categoría ponte entre normalidade e trastorno. Existe un continuo entre normalidade e códigos z (problemas que poden ser obxecto de atención clínica, por exemplo, unha dor), os trastornos adaptativos e, por fin, o que pode considerarse estritamente patoloxía. Denomínase así o desenvolvemento de síntomas emocionais e comportamentais relacionados de forma directa cun axente estresor. A característica definitoria deste trastorno é que é consecuencia dun estresor recoñecible e non presenta unha lista de síntomas senón que se describen como "malestar maior do esperable".
Trastorno por estrés agudo e trastorno por estrés postraumático
Inclúense dous procesos: 1) reacción de estrés agudo e 2) trastorno por estrés postraumático. O feito traumático ha de ser de maior gravidade que no trastorno de adaptación. Como consecuencia dun acontecemento deste tipo, a persoa reacciona con medo, problemas de concentración, estado de alerta, recordos recorrentes e soños sucedidos que provocan malestar, sensación de estar reexperienciando a experiencia, esforzos por evitar os recordos do sucedido ou situacións que poidan evocar o feito traumático; tamén pode variar a súa visión do mundo ou de si mesma.
As persoas senten malestar psicolóxico e fisiolóxico cando algún estímulo, interno ou externo, lles recorda o acontecemento traumático.
Funcións do traballo social en saúde mental
Definición xeral: Son tarefas e actividades que o traballador social leva a cabo para acadar os obxectivos profesionais da súa competencia. Dentro da finalidade xeral que lexitima a presenza dos traballadores sociais nos dispositivos psiquiátricos, as actividades representan un amplo abano e poden diferenciarse segundo as demandas que a propia institución lle faga ou dependendo da ubicación profesional. A efectos meramente expositivos clasificaremos as actividades segundo se trate de intervención directa ou indirecta.
Intervención directa
Teñen un carácter asistencial.
1. Traballo con individuos e familias
A intervención do traballador social pode ser simple, puntual, informativa, de consello ou levar o peso de determinados casos pola especial problemática psicosocial que comportan, tendo en conta a natureza do obxecto do traballo social. Son intervencións psiquiátricas:
- Recepción das demandas e primeiro contacto co servizo: é o momento de explicar o funcionamento do servizo e o que poden esperar del, calmar ansiedades e dar seguridade e confianza.
- Aportar ao equipo os datos da historia e situación social máis relevantes para establecer diagnóstico e tratamento: o traballador social aporta ao equipo o informe psicosocial, as circunstancias familiares, socioeconómicas e laborais que inciden no caso, así como valoración das mesmas e indicacións das posibles medidas sociais correctoras.
c. O traballo social de caso conleva o diagnóstico social, intervención e tratamento.
d. Seguimento do enfermo. Este seguimento inclúe:
- dar continuidade e seguridade na asistencia,
- traballo coa familia,
- facilitar información e axudar a establecer conexións coas diferentes institucións e servizos comunitarios.
2. Traballo con grupos
Os grupos terapéuticos, desde o traballo social, presentan os seguintes propósitos:
- Estimular o contacto e a interacción: as persoas que participan nos grupos están en situacións vitais cronicamente empobrecidas. A pertenza a un grupo provee en si mesma un contexto para atopar outros e rompe a espiral do illamento e o rexeitamento.
- Facilitar a comunicación sobre os problemas: o papel do traballador social consiste en facilitar unha comunicación satisfactoria e en capacitar para comunicar problemas e necesidades. Debe tomar a iniciativa no debate para orientalo a necesidades comúns.
- Axudar á aprendizaxe social e á maduración: o grupo contribúe a mellorar a aprendizaxe social. As habilidades deben ser desenvolvidas sempre coa esperanza de que poidan xeneralizarse e dar lugar a un comportamento máis maduro e satisfactorio fóra do grupo.
O traballo con grupos é un método rentable tanto dende o punto de vista do tempo profesional, porque se presta atención ao mesmo tempo a varias persoas, como terapéutico, porque a presenza do profesional engádelle a presenza de iguais cos que o paciente pode identificarse e chegar a comprender máis facilmente os seus propios problemas.
Intervención indirecta
A intervención na comunidade, método tradicional do traballo social, está asumida tamén hoxe en día por outras profesións sociais. Pola propia natureza da profesión, o traballador social é quen primeiramente incorpora o contorno ao proceso de axuda. Parte da idea de que moita da axuda que vai recibir o paciente ten que chegar do seu contorno próximo. Debe coñecer ben o tecido social da zona onde vive o usuario e intervir para que lle sirva de forma óptima: xerar apoios sociais para os usuarios do seu servizo. Compete construír unha comunidade máis xeradora de apoio e colaboradora co traballo do equipo asistencial.
Dous aspectos na abordaxe comunitaria, que na práctica non se dan por separado:
- Coñecemento exhaustivo da comunidade: non se refire tan só ao ficheiro de recursos, senón ao recoñecemento da existencia e potencialidades do sistema informal de recursos e das redes de axuda para establecer con eles un bo tecido de relacións e de cooperación. O coñecemento da realidade non é un fenómeno estático senón activo e participante. Trátase dunha actuación difusa ou organizada que leva tempo, pero que precisa dunha actitude previa por parte do profesional para darse a coñecer desde o plano profesional co fin de crear un tecido de relacións entre usuarios, profesionais e persoas ou institucións significativas da comunidade: líderes, asociacións diversas, funcionarios clave, directores de centros sociais dirixidos á poboación, curas parroquiais, alcaldes, conserxes, mestres, para sensibilizar e construír un sistema de axuda que cumpra funcións preventivas, reparadoras e favorecedoras da saúde mental. O traballador social debe dotarse de competencias instrumentais específicas en relación cos diferentes interlocutores e ter intuición do que pode facilitar a relación con esas determinadas institucións ou persoas.
- Intervención comunitaria: constituída por actuacións non dirixidas directamente ao usuario ou á familia, senón á comunidade en xeral, para que esta satisfaiga máis eficazmente as súas propias necesidades. Neste caso, aquelas que afectan á área da saúde mental. O traballador social comunitario pretende contribuír a que os entornos vitais sexan un recurso para si mesmos e ofrezan máis apoio e oportunidades ás persoas con trastorno mental ou en risco de selo, para evitar procesos de exclusión e marginación social e favorecer unha vida satisfactoria. Pero non debe quedar nunha idea abstracta: a partir da articulación dun tecido social creativo e participativo xurdirán proxectos concretos.