Transformacións Socioculturais na España Liberal: Demografía e Sociedade
ESQUEMA DAS TRANSFORMACIÓNS SOCIOCULTURAIS NA ESPAÑA LIBERAL
Demografía
- Mantéñense os trazos característicos do modelo demográfico de Antigo Réxime até ben avanzado o século XIX: elevadas taxas de natalidade, elevadas taxas de mortalidade, elevada mortalidade infantil, escasa esperanza de vida, presenza cíclica de mortalidade catastrófica, escaso crecemento vexetativo.
- Desde o último terzo do s. XIX aprécianse elementos de modernización: lenta redución da taxa de natalidade, paulatino descenso da taxa de mortalidade e moderado crecemento vexetativo.
- Moderado crecemento vexetativo relacionado coa escasa industrialización e urbanización do país.
- Diferenzas espaciais: estancamento do interior (agás Madrid=capital) e aumento da poboación na costa.
- Importancia do fenómeno migratorio: migracións internas (éxodo rural) e migracións externas (transoceánicas) motivadas polo desequilibrio entre poboación e recursos, as miserables condicións de vida no campo e as oportunidades ofrecidas pola industria e a cidade tanto dentro como fóra do país.
- Nas migracións transoceánicas salienta o caso galego: emigración masiva a Latinoamérica sobre todo nas primeiras décadas do s. XX.
Nova sociedade de clases
- Paso dunha sociedade estamental (inmobilista polo privilexio xurídico) a unha sociedade de clases (fluída polo factor riqueza).
- Transformación dos grupos tradicionais (nobreza, clero e campesiñado) polo efecto dos procesos desamortizador e industrializador.
Nobreza
Conserva e aumenta o seu patrimonio polas desamortizacións, aburguesamento, escasa mentalidade emprendedora (rendista, non inviste en negocios)
Clero
Perda de patrimonio polas desamortizacións, conserva influencia social.
Campesiñado
Maioritariamente sen terras, prexudicado polas desamortizacións, duras condicións de vida, éxodo rural e conversión en proletariado industrial.
- Aparición de grupos novos en relación co desenvolvemento industrial e o crecemento demográfico.
Burguesía
Gran diversidade interna en función da súa orixe e riqueza (alta, media e baixa). Grupo en ascenso social, con poder económico e político.
Proletariado
Sobre todo procedente do campo, concentrado nunhas poucas cidades industrializadas, miserables condicións de vida e traballo. Grupo antagónico da burguesía, sen poder económico nin político.
Conflitividade social
Movemento obreiro
- Antes de 1868: accións espontáneas, en xeral pouco organizadas e de escasa repercusión consonte a reducida industrialización do país. Ludismo, folga, sociedades de socorros.
- Desde 1869: recoñecemento do dereito de asociación e influencia da I Internacional (AIT, 1864). Formación de organizacións proletarias de ideoloxía anarquista e socialista (marxista) que reclaman unha lexislación laboral favorable.
Logros: 1º de maio, dereito de folga, xornada de 8 horas...
Conflitividade agraria
- Sublevacións andaluzas polos prexudiciais efectos da desamortización (xornaleiros asalariados en míseras condicións.)
- Agrarismo galego: redención do foro. Importancia de Acción Gallega e do seu líder o crego Basilio Álvarez.
Conflitividade urbana
Motíns de consumos: escaseza de produtos de primeira necesidade, elevado prezo e imposto á súa compravenda.
Transformacións culturais
- Coexistencia de correntes de pensamento tradicionalistas e progresistas.
Cómpre destacar:
- As achegas á literatura da xeración do 98 (Unamuno, Valle Inclán, Machado, Baroja...).
- O pensamento intelectual rexeneracionista (Joaquín Costa, Macías Picavea) que cuestionaba a capacidade de progreso do país e criticaba o sistema da Restauración.
- A aparición de alternativas de ensino á marxe do Estado: a ILE de Giner de los Ríos e a Escola Moderna (anarquista).
- O importante papel da prensa na difusión das novas ideas.
gallego con un tamaño de 4,09 KB