Transformacións Históricas e Filosóficas: Renacemento, Reforma e Ciencia Moderna

Enviado por Programa Chuletas y clasificado en Otras lenguas extranjeras

Escrito el en español con un tamaño de 4,72 KB

Descartes, Locke e Hume: O Contexto Filosófico do Renacemento e a Reforma

O Renacemento e a Reforma

O Renacemento é o período da historia universal que marca o paso do mundo medieval ao mundo moderno. Neste período producíronse en Europa cambios de relevancia na orde social, económica e política. A arte, a filosofía e a cultura en xeral experimentaron tamén cambios importantes.

Durante o Renacemento, as cidades italianas convertéronse en estados territoriais que buscaban expandirse á conta doutros. Podemos entender o Renacemento como a suma de dous grandes paradigmas:

  • Un paradigma naturalista de carácter animista e máxico: A ciencia renacentista, abandonada da tutela do Aristotelismo (que promovía unha concepción da natureza coma unha orde de esencias estático) e das ideas cristiás (Deus intervén na natureza e é a orixe da orde natural), recupera unha visión animista da natureza.
  • Un paradigma mecanicista: Dentro deste caos de teorías pretendidamente científicas do naturalismo renacentista, empeza a perfilarse unha serie de enfoques representados por autores coma Copérnico e Galileo, ao que denominamos nova ciencia e que terán unha enorme influencia na época moderna.

A Reforma foi un movemento relixioso xurdido no século XVI no ámbito da Igrexa cristiá, que supuxo o fin da hexemonía do catolicismo e a instauración de igrexas ligadas ao protestantismo. A Reforma, precedida pola cultura do Renacemento, alterou por completo o modo de vida de Europa occidental e iniciou a Idade Moderna.

Durante a Reforma, as linguas nacionais e a literatura avanzaron en gran medida debido á extensa difusión da literatura relixiosa escrita nas linguas vernáculas en lugar do latín.

A Revolución Científica

A ciencia que se produce durante o Renacemento realizará unha crítica ás ideas herdadas do aristotelismo e dará orixe ás concepcións esenciais que determinarán as ideas filosóficas do Barroco.

No Renacemento empezan a abandonarse as ideas da escolástica e con elas deixa de darse tanta importancia á autoridade de Aristóteles. Ao mesmo tempo, da man das traducións e edicións dos diálogos de Platón, empezan a recuperarse a súa filosofía.

A Revolución Científica, representada por Copérnico, Galileo e Kepler, terá un gran efecto nas ideas filosóficas de Bacon e Descartes, bases do empirismo e o racionalismo.

1. A Revolución Científica en Astronomía

O cosmos aristotélico era un sistema xeocéntrico, eterno e presentaba unha composición heteroxénea. O movemento propio do mundo supralunar é o movemento circular. Este modelo, xeometrizado por Ptolomeo, era o usado na Idade Media.

Copérnico, Galileo e Kepler eliminan a concepción xeocéntrica substituíndoa por un modelo heliocéntrico.

A esta transformación científica, cuxo primeiro protagonista foi Copérnico, contribuíu a tradución e coñecemento dos científicos gregos, proporcionando unha actitude platónico-pitagórica ante a realidade: a estrutura matemática do real.

2. A Revolución Científica en Física

A física de Aristóteles caracterizábase por unha concepción finalista e esencialista do movemento. Era finalista xa que os corpos que caían ou se elevaban facíano porque "buscaban" ocupar o seu "lugar natural". Era esencialista porque o tipo de movemento dependía da propia natureza ou esencia do corpo. A natureza dos corpos pesados era a de estar abaixo e a dos lixeiros arriba. O movemento explicábase a través das calidades dos corpos.

Para Galileo, o Universo non pode ser lido ata que non aprendamos a linguaxe en que está escrito: a linguaxe matemática.

Galileo formulou tres tipos de movementos: o movemento uniforme, o movemento uniformemente acelerado (caída dos graves), e o movemento dos proxectís, e formula matematicamente as leis que segue cada un deles ("lei de inercia", "lei de caída"...).

Entradas relacionadas: