Transformacións Históricas: Bárbaros, Imperio Romano e Nacemento do Islam

Enviado por Chuletator online y clasificado en Otras lenguas extranjeras

Escrito el en español con un tamaño de 3,63 KB

Os Pobos Bárbaros e o Imperio Romano

Máis alá das fronteiras do Imperio Romano vivía unha serie de pobos moi diferentes aos que os romanos chamaban bárbaros, que significaba «estranxeiros», pero tamén «rudo», «inculto» ou «salvaxe».

Algúns pobos bárbaros que procedían do norte e do leste de Europa eran os xermanos. Organizábanse en tribos, dirixidas por unha asemblea de guerreiros que elixía ao xefe. Vivían da gandería e da agricultura itinerantes, polo que se desprazaban de maneira constante. Habitaban zonas frías, con abundantes neves. Atraídos por un clima máis benigno e polas riquezas do Imperio Romano, fóronse achegando ás fronteiras do Imperio.

A División do Imperio e o Nacemento do Islam

Ante a grave crise do Imperio Romano e a ameaza dos xermanos, no ano 395 d. C. o emperador Teodosio dividiu o Imperio en dúas partes para facilitar a súa defensa: o Imperio Romano de Occidente, coa súa capital en Roma, e o Imperio Romano de Oriente, con capital en Constantinopla. Cada un destes territorios tiña o seu propio emperador e as súas institucións.

En Oriente, en cambio, o Imperio mantívose outros mil anos, aínda que pasou a chamarse Imperio Bizantino.

Orixe e Expansión do Islam

O Islam naceu no século VII na península arábiga, unha rexión árida e desértica situada entre o mar Vermello, o golfo Pérsico e o mar Mediterráneo. A península estaba habitada por pobos nómades de pastores, organizados en tribos enfrontadas entre si, sen un poder político que as unise. A maioría dos árabes era politeísta e consideraba A Meca como a súa cidade sagrada.

Xunto ao mar Vermello, a menor dureza do clima permitía practicar a agricultura. Nesta zona atopábanse as cidades de Medina e A Meca, importantes centros comerciais grazas a que por elas pasaban as rutas de caravanas que transportaban especias, sedas e outros artigos de luxo de Oriente.

Na Meca vivía Mahoma, un comerciante de familia acomodada que aos corenta anos comezou a predicar unha nova relixión, o Islam. Defendía a existencia dun único deus, chamado Alá. A súa vían nela unha ameaza para a orde social. No ano 622, Mahoma fuxiu a Medina. Esta data recibe o nome de Héxira e marca o inicio do calendario musulmán.

En Medina, Mahoma recrutou un exército, e oito anos despois conquistou A Meca. Desde aí expandiu o Islam por Arabia. Á súa morte, no ano 632, o Islam estendérase polo oeste da península arábiga.

O Corán e os Cinco Piares do Islam

As predicacións de Mahoma recolléronse no Corán, o libro sagrado dos musulmáns. Nel descríbense as cinco obrigas fundamentais que debe cumprir cada musulmán:

  • A profesión de fe, pola que todo musulmán testemuña que «non hai máis deus que Alá e Mahoma o seu profeta».
  • A oración cinco veces ao día. O venres practícase na mesquita a oración colectiva baixo a dirección do imán.
  • A peregrinación á Meca polo menos unha vez na vida.
  • O xaxún durante o mes de Ramadán.
  • A esmola para axudar aos pobres.

O Corán recolle tamén normas para a vida cotiá; por exemplo, permite a poligamia e prohibe comer carne de porco, beber viño e participar en xogos de azar.

Entradas relacionadas: