Transformacións Económicas na España Liberal: Reforma Agraria e Industrialización
Transformacións Económicas na España Liberal
Características xerais
- As transformacións propias da revolución industrial danse en España de xeito máis tardío ca no resto de Estados de Europa occidental. Ademais son máis lentas e teñen menor repercusión.
- É importante a dependencia respecto do exterior (técnica, capital...).
- Predominio das actividades do sector primario.
- Proteccionismo estatal, falta de competitividade, ausencia de espírito empresarial.
Reforma agraria
Lévase a cabo a través das leis de desamortización:
- Cortes de Cádiz de 1812 (inicio)
- Desamortización de Mendizábal 1834 (eclesiástica)
- Desamortización de Espartero 1841 (eclesiástica)
- Desamortización de Madoz 1855 (civil)
Obxectivos:
- Conseguir ingresos para o Estado (débeda, guerra...)
- Gañar adeptos para a causa liberal progresista.
- Transformar a propiedade da terra (liberala de trabas)
Resultados:
- Apenas afectou á estrutura da propiedade da terra: a terra cambiou de mans pero non se modificou o tamaño da propiedade.
- Non modificou a estrutura produtiva da agricultura ao non modernizar as formas de explotación: baixa produtividade, barbeito, atraso técnico...
- Apenas contribuíu á industrialización: non demanda produtos industriais para aplicar no campo nin achega capitais á industria. Fracasou no intento de dar acceso á propiedade a unha masa importante de campesiños.
- Impacto negativo pola supresión de comunais.
- Perda do importante patrimonio artístico da Igrexa.
Pódense apreciar importantes diferenzas entre zonas peninsulares debido ao impacto da desamortización:
- En Levante permitíu aumentar a superficie cultivada, introducir novos produtos, aumentar a produtividade, introducir maquinaria...
- Na maior parte de España a explotación agropecuaria estancouse e mantívose nos niveis de Antigo Réxime.
Industrialización
Verdadeira revolución industrial ou simplemente cambios?
Fracaso debido a:
- Escaseza de materias primas e fontes de enerxía.
- Escasa presenza de proxectos industriais privados e públicos.
- Reducida demanda (raquítica capacidade adquisitiva).
- Falta de capitais e de tecnoloxía (dependencia do exterior).
- Falta de mentalidade empresarial.
Fortes desequilibrios rexionais:
- Zonas industrializadas, urbanizadas e competitivas: Cataluña, País Vasco, Asturias.
- Zonas agrarias, rurais e pouco desenvolvidas: Andalucía, Galicia, Castela.
Medios de transporte e comercio
Dificultades na construción do ferrocarril: introdución tardía, trazado radial, empresas estranxeiras, largo de vía superior ao resto de Europa...
Comercio interior non integrado. Posta en marcha de medidas legais para a creación dun mercado estatal articulado: abolición dos aranceis interiores, unificación de pesos e medidas, establecemento da peseta...
Sistema bancario e financeiro
Modernización do sistema fiscal: reforma Mon-Santillán de 1845
Creación da Banca Nacional e da Bolsa (lei de 1856).
Establecemento da peseta como unidade monetaria
gallego con un tamaño de 3,32 KB