Transformacións da Poesía e o Idioma Galego Contemporáneo
Enviado por Chuletator online y clasificado en Otras lenguas extranjeras
Escrito el en español con un tamaño de 18,08 KB
A poesía a finais do século XX e comezos do XXI
No derradeiro terzo do século XX e os comezos do XXI destaca a definitiva eclosión da escrita feminina (e feminista) e a coincidencia de varias promocións poéticas. Este período está marcado tamén pola pluralidade de estilos e a heteroxeneidade de propostas e tendencias.
Evolución da poesía galega
- O asentamento da estética do socialrealismo a comezos dos anos 70.
- Reacción, a partir de 1976, contra as formas do socialrealismo (rexeitada pola súa falta de rigor estético e a súa mensaxe social repetitiva).
- A consolidación, da man da chamada Xeración dos 80, dunha nova estética: rexeitamento da poesía socialrealista, exquisito coidado da lingua e apertura a novos temas, como o erotismo.
- A Xeración dos 90 reacciona contra a estética dos 80, amosando certa despreocupación pola forma e pola lingua, e con predominio do intimismo.
- A aparición, co novo milenio, de novas autorías con estéticas diversas e de alta calidade.
1. O cambio de rumbo na poesía galega e a Xeración dos 80
- A Xeración dos 80 dáse a coñecer en revistas (Nordés, Dorna), premios (Esquío, Leliadoura), recitais (Festival de Poesía do Condado), colectivos (Rompente, Cravo Fondo) e antoloxías (De amor e desamor).
- Formada por autores/as nados entre os anos 40 e 50, marcados por loitas políticas e estudantís, e cunha formación influída pola universidade e os movementos sociais.
- Buscan renovar a poesía galega bebendo das fontes europeas e americanas, afastándose do socialrealismo e recuperando o valor estético da palabra e a variedade temática.
Trazos principais da poesía dos 80
- Culturalismo
- Abundancia de referencias literarias, filosóficas, mitolóxicas, musicais, pictóricas...
- Uso da intertextualidade e certo distanciamento da realidade social.
- Experimentalismo
- Investigación formal e idiomática para crear unha linguaxe poética nova e culta.
- Gusto pola interdisciplinariedade (poesía + música, cinema, plástica, fotografía...).
- Esteticismo
- Prioridade da beleza formal sobre o contido social ou moral.
- A poesía como arte da linguaxe, cun forte coidado da forma.
- Europeísmo e cosmopolitismo
- Influencias de vangardas, da lírica anglosaxoa e portuguesa (Pessoa).
- Renovación inspirada en autores como Cunqueiro e Manuel Antonio.
- Novos suxeitos líricos
- Abandónase a voz colectiva e o ton autobiográfico e confesional.
- Procura de novos modos de expresar o eu poético.
- Apertura temática
- Variedade de temas universais (tempo, morte, amor) tratados con enfoques íntimos, metafísicos ou existenciais.
- Revalorización do erotismo, visión cósmica da natureza e reflexión metaliteraria.
Conclusión
A poesía galega experimenta un dos seus mellores momentos en canto a calidade e cantidade, especialmente grazas á internet, que facilita novas formas de publicación e difusión.
Autores representativos da Xeración dos 80
- Darío Xohán Cabana – Ábrelle a porta ó día
- Pilar Pallarés – Sétima soidade
- Ramiro Fonte – As cidades da nada
- Manuel Rivas – Ningún cisne
- Antón Reixa – Viva Galicia beibe
2. A Xeración dos 90
A finais dos anos 80, a poesía galega perde forza, pero nos anos 90 xorde unha nova xeración que revitaliza o panorama poético, mantendo as bases anteriores.
Factores clave
- Novos premios literarios, como Espiral Maior, que inclúe premios para novos poetas.
- Festivais e recitais promovidos por colectivos como Ronseltz e o Batallón Literario da Costa da Morte.
- Novas editoriais e coleccións poéticas como Espiral Maior e Ablativo Absoluto.
- Creación poética feminina con enfoque feminista.
- Alta formación lingüística e literaria en galego.
Características das obras
- Temas tradicionais (amor, morte, patria) tratados de maneira íntima e vivencial.
- Uso directo e coloquial da linguaxe.
- Experimentación e novas formas poéticas.
- Compromiso social e político, con enfoque feminista.
Tendencias principais
- Poética feminina-feminista: Poetas como Luísa Villalta (Ruído) e Chus Pato (Nínive) cuestionan os modelos establecidos.
- Poesía do cotián comprometida co seu tempo: Temas sociais e políticos como o antimilitarismo ou o ecoloxismo, representados por Fran Alonso (Tortillas para obreiros) e Emma Couceiro (Humidosas).
- Poesía experimental: Mestura de xéneros e linguaxe contemporánea, con autores como Antón Reixa e Xela Arias con Tigres coma cabalos.
3. Novísimas voces: a poesía galega no século XXI
A poesía galega do século XXI está marcada por varias características clave:
- Escrita feminina e feminista: Continúa a relevancia da poesía feminista.
- Compromiso social: As obras están orientadas a tratar problemas actuais (violencia machista, ecoloxismo, pacifismo) con enfoques novos, afastados do socialrealismo dos anos 60 e 70.
- Experimentación e ruptura formal: Hai un rexeitamento dos esquemas tradicionais, tanto na forma coma na temática.
- Poesía da experiencia: Centrada na cotidianidade e no íntimo, con linguaxe directa e accesible, evitando artificios literarios. Rexéitase o culturalismo, procurando trasladar unha mensaxe clara e directa.
- Novas canles de difusión: A «ciberliteratura» crece, cunha maior presenza de poesía en redes sociais, revistas virtuais e performances. Novas editoriais como Apiario e Chan da Pólvora.
Correntes principais
- Poesía da experiencia: Antirretórica e depurada, representada por poetas como Berta Dávila (Corpo baleiro) e Ismael Ramos (Lixeiro, premio de Poesía Joven Miguel Hernández do Ministerio de Cultura en 2022).
- Poesía rupturista: Desconstrúe a linguaxe e segue liñas de poetas anteriores como Xela Arias e Chus Pato, representada por Andrea Nunes Brións.
- Poesía lúdico-irreverente: Influenciada por grupos como Ronseltz, representada por Aldaolado (María Lado e Lucía Aldao).
O galego de 1978 á actualidade
1. Contexto
- No ano 1975 remata a ditadura franquista e comeza unha nova etapa política democrática.
- En 1978 apróbase a Constitución Española e o Estado constitúese como monarquía parlamentaria.
- No plano territorial, créase o Estado das Autonomías.
- No plano lingüístico, declárase a oficialidade das linguas autonómicas nas súas comunidades xunto co castelán.
- A recuperación da democracia aumenta o nivel de liberdade da poboación e repercute no proceso de reivindicación cultural e lingüística de Galiza.
- No contexto galego, apróbanse diferentes textos legais que inflúen directamente na cuestión lingüística: o Estatuto de Autonomía (1981) e a Lei de Normalización Lingüística (1983), que recollen a obriga dos poderes públicos de cumprir coa cooficialidade da lingua galega.
- Destaca a introdución da materia de Lingua e Literatura Galega no ensino primario e secundario, xa que, por primeira vez, a poboación galega comeza a ser alfabetizada na lingua propia.
- A cultura galega e a literatura en particular acadaron un importante desenvolvemento, do que son mostra a creación de numerosas empresas editoriais, a profesionalización do mundo do teatro e o audiovisual, a aparición de periódicos, revistas e emisoras radiofónicas en galego, e a presenza da nosa lingua no mundo da internet.
- Nos anos noventa, o galego accede ao mundo da informática.
- Nos últimos anos, houbo un gran desenvolvemento da música galega.
- Na actualidade, o galego segue sen acadar unhas cotas mínimas en espazos como o audiovisual.
2. Situación sociolingüística
Na actualidade, dáse unha coexistencia diglósica de ambas as linguas, pois existe un maior uso do galego nas persoas de máis idade ca nas novas, e nas que habitan no mundo rural ca nas que habitan na cidade… A transmisión interxeracional é un elemento básico para o mantemento do idioma, e nese punto parece que o castelán gañou a batalla: estase a producir unha continua perda de galegofalantes.
3. Características lingüísticas fundamentais
Na lingua oral non se produciron cambios en profundidade no galego ao longo deste período, pois a fonética e a morfosintaxe son esencialmente as mesmas. Destacan a redución do sistema vocálico a cinco fonemas, alteracións da conxugación verbal, cambios no xénero dos substantivos, erros na colocación do pronome persoal átono, etc.
Na escrita, si que se aprecian cambios, que se deben á fixación dun modelo estándar da lingua contemporánea, acordado pola Real Academia Galega e o Instituto da Lingua Galega. Está recollido nas Normas Ortográficas e Morfolóxicas do Idioma Galego, aprobadas en 1982, publicadas en 1983 e reformadas por última vez no 2003.
A normalización lingüística
Falamos de proceso de normalización lingüística cando estamos ante a recuperación dunha lingua que, sendo propia dunha comunidade, foi desprazada por outra foránea e viu restrinxidos os seus usos, especialmente os máis prestixiosos.
1. O galego: lingua en proceso de normalización
O galego está abandonando a situación diglósica que leva vivindo desde hai décadas e está entrando nun proceso de normalización lingüística. Non obstante, este proceso aínda non dá contrarrestado a tendencia desgaleguizadora.
Os axentes sociais que reivindicaron o idioma durante a ditadura franquista puxeron as bases do proceso de recuperación lingüística levado a cabo no último cuarto do século XX. Na década dos anos 80 o proceso de normalización lingüística prodúcese dentro dun marco legal que contempla unha serie de institucións públicas que teñen como obxectivo a promoción social do idioma. O organismo que leva a cabo legalmente esa acción na actualidade é a Secretaría Xeral de Política Lingüística, que depende da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria. Focalizou a súa acción no ámbito educativo.
A nivel local, existe tamén o Servizo de Normalización Lingüística, un órgano do que se dotaron case todos os concellos. As universidades galegas, a Real Academia Galega, o Consello da Cultura Galega, son outras institucións que tamén desenvolveron iniciativas destinadas a promover o uso da nosa lingua.
A limitada acción institucional deu lugar a que ao longo destas décadas fosen xurdindo unha serie de colectivos que pretenden impulsar o uso do noso idioma. A Mesa pola Normalización Lingüística, fundada en 1986, e Prolingua, nacida en 2009, teñen un ámbito de actuación xeral. Outros colectivos cívicos actúan en ámbitos específicos como o ensino (Nova Escola Galega), a administración pública (Asociación de Funcionarios para a Normalización Lingüística), a actividade económica e empresarial (Fundación Galicia-Empresa), etc. Ademais, o traballo realizado polas entidades socioculturais (asociacións veciñais, culturais, deportivas, sindicais, etc.) foi e segue a ser imprescindíbel no uso normalizado do galego.
No ano 2004 o Parlamento de Galiza aprobou o Plan Xeral de Normalización da Lingua Galega (PXNLG), un documento que propuña medidas para potenciar a nosa lingua en distintos ámbitos sociais. Os obxectivos eran garantir a posibilidade de vivir en galego, conseguir máis funcións sociais e máis espazos de uso para o idioma e promover unha visión moderna e útil da lingua, desfacendo os prexuízos. Foron moi escasas as iniciativas desenvolvidas desde entón. Incluso, na segunda década do século XXI, a Xunta deixou de exercer o seu papel legal de impulsora da normalización. Isto trouxo como consecuencia unha regresión en ámbitos de uso onde houbera importantes avances como o ensino ou a cultura.
2. A lingua galega entre os máis novos
A transmisión xeracional garantiu a vitalidade da lingua galega ao longo dos séculos a pesar da súa situación de minorización, mais esta situación estase a quebrar. Na actualidade as xeracións de menor idade teñen un emprego do idioma moi baixo, algo preocupante para o futuro do galego. A potencialidade das xeracións máis novas para regaleguizarse e culminaren o proceso de normalización do noso idioma é grande, mais as institucións e os axentes sociais non están favorecendo este proceso. Cómpre crear contextos de socialización que permitan á xente nova desenvolverse no idioma que lle é propio, aínda que non o use a cotío. Se a mocidade recupera o uso do galego, o seu futuro estará garantido.
A variedade estándar: o proceso de estandarización do galego
1. Introdución
A variante estándar ou normativa é a que se escolle como modelo de lingua común. Mentres noutras linguas a elaboración do estándar é resultado dun longo proceso de séculos, no caso do galego trátase dun fenómeno relativamente recente. A normativización lingüística consiste na elaboración e selección dunha variante estándar de lingua que funcione como modelo de corrección idiomática.
2. Construción da variante estándar da lingua galega
O proceso percorreu diversas fases:
- Galego popular (1810-1880). Desenvólvese co Rexurdimento. Ten como fonte o galego oral, cunha forte carga de castelanismos, vulgarismos e dialectalismos, e presenta unha escasa pretensión codificadora.
- Galego enxebrista (1880-1936). Caracterízase por unha tendencia diferencialista con relación ao castelán e a exaltación da dimensión «enxebre» do idioma. Emprega arcaísmos, lusismos e hipergaleguismos.
- Galego protoestándar (1936-1980). Caracterízase pola simplificación ortográfica (eliminación de apóstrofos, guións, etc.), pola preservación da lingua do influxo castelán e pola corrección dos excesos diferenciais da época anterior.
- Galego estándar (ata hoxe). Coa aprobación do Estatuto de Autonomía de 1981, o galego convértese en lingua cooficial en Galicia, polo que se acentúa a necesidade de dispor dunha normativa. Procúrase un galego supradialectal, fiel á lingua oral, coherente coa historia e coa actualidade da lingua e harmónico coas linguas do seu contorno.
3. As diferentes tendencias normativas na historia do galego
A escolla dun modelo estándar deu lugar á aparición de diferentes tendencias:
- A tendencia autonomista, isolacionista ou partidaria da normativa oficial.
- A tendencia reintegracionista propugna a aproximación do estándar galego ao portugués. Con ánimo de consenso, aparece a proposta coñecida como normativa de mínimos. Na revisión do ano 2003 aprobáronse as normas vixentes na actualidade que se deron en chamar «normativa de concordia».
4. Interferencias lingüísticas e desviacións da norma
O noso estándar atopa unha serie de interferencias e formas non estándar que deben ser evitadas.
4.1. As interferencias lingüísticas: os castelanismos
- Castelanismos ortográficos. Reprodución da ortografía do castelán: *boda, *avogado, *harmonía, *ademais, *facilmente, *hai.
- Castelanismos léxicos. Restricións do significado, presión dunha palabra coincidente e simulacións de palabras autóctonas (*conexo).
- Castelanismos morfosintácticos. Afectan ao xénero, á conxugación verbal, ao uso da preposición «a» na perífrase ir máis infinitivo, etc.
- Castelanismos fónicos. Redución do sistema vocálico de sete fonemas vocálicos a cinco, mala pronunciación.
4.2. Desvíos da norma ou formas non estándar
Os desvíos léxicos son as voces que non se axustan á normativa.
- Arcaísmos. Formas lingüísticas anticuadas: *cor/corazón, *ren/nada.
- Vulgarismos. Son formas lingüísticas incorrectas: *teléfano/teléfono, *gomitar/vomitar.
- Hiperenxebrismos ou hipergaleguismos. Son ultracorreccións, palabras orixinadas mediante falsas evolucións: *estrano/estraño, *brilar/brillar, *zoa/zona, *primaveira/primavera.