Transformaciones Socioeconómicas en Galicia durante los Austrias

Enviado por Chuletator online y clasificado en Otras lenguas extranjeras

Escrito el en español con un tamaño de 7,02 KB

Economía y Sociedad en Galicia durante los Austrias

A Galicia dos s. XVI-XVII presenta na súa dimensión socioeconómica cambios e continuidades con respecto ó periodo anterior.

Características do Sistema Feudal

Estruturalmente, Galicia, ao igual que o resto de territorios da Monarquía Hispánica, presenta as características básicas do sistema feudal: desigualdade ante a lei, sociedade estamental moi xerarquizada con escasas oportunidades de ascenso social, e liderada polos sectores rendistas (nobreza e clero), señores xurisdicionais e territoriais sobre os seus feudos que viven da cobranza de rendas dos campesiños que traballaban as súas terras.

O Papel dos Fidalgos

Destacan os fidalgos, sorte de baixa nobreza que se incardina facendo de intermediario entre o pagador campesiño e o cobrador señor, aumentando o seu patrimonio e importancia social. Para moitos grandes señores, todo o que supuxera evitar o traballo era dignificante, xa que estaban desinteresados das labores contables e manuais, polo que lle arrendan esta xestión aos fidalgos.

Poboación Galega

A poboación galega é xove e presenta unha esperanza de vida curta, arredor dos 40 anos. É analfabeta (as mulleres na súa práctica totalidade). Máis de 4/5 do total vive no ámbito rural e traballa nas labores do campo. A economía é agraria de subsistencia ou autoconsumo, traballada con útiles rudimentarios e con ausencia de fertilizantes e innovacións salientables. Na dieta destacan as fariñas de trigo e centeo, o viño, verduras e pouco consumo de carne.

Estas condicións explican que dificilmente se xere excedente, xa que os campesiños teñen que pagar unha gran cantidade de tributos sobre o producido (décimo eclesiástico...), o empregado (moenda, por moer, montazgo, polo gando...), o consumido (alcabala...) e ao pago das rendas forais. Os foros eran contratos de cesión da terra, de longa duración, normalmente tres xeracións, a cambio dunha renda. Estes pagos soían ser afrontados en especie. Debido á insuficiencia produtiva da agricultura para xerar benestar, moitos optaron por realizar outras tarefas complementarias ás agrarias na casa, coma o fiado de liño, ou decidiron emigrar a Castela, Portugal ou a América.

Innovacións na Agricultura

Nas innovacións no campo da agricultura, ante a ausencia de melloras técnicas, resáltase o relevante cambio demográfico galego producido a partir do século XVII, cando se consolidan os cultivos de millo e pataca, aumentando as terras en labor e os niveis produtivos, creando un aumento poboacional que mitiga a crise demográfica do século XVII.

Situación na Galicia Costeira

Na Galicia costeira, esta situación vese aliviada polo traballo no mar, que tampouco permite superar o nivel de subsistencia, debido a problemas análogos aos da agricultura. As innovacións a nivel técnico e organizativo chegarán cos emprendedores cataláns no s. XVIII, coa introdución do arrastre e fábricas conserveiras. Os gremios de mareantes, coma o de Pontevedra, chegaron a ter gran relevancia económica. Os portos de cidades como Baiona, Vigo, Coruña... comerciaban con outras cidades costeiras españolas (Sevilla, Bilbao) e europeas coma Lisboa, Porto, Amberes... exportando diversos produtos e importando cereais, aceite ou sal, que eran unha mercadoría básica, xa que permitían a conservación do peixe. En contadas ocasións, organizaban campañas de altura, coma a de Terranova na busca de bacallau.

O Cambio Dinástico e a Guerra de Sucesión

A morte de Carlos II de Habsburgo sen descendencia no 1700 provoca un conflito internacional, a Guerra de Sucesión (1701-1714), que culmina co inicio da dinastía dos Borbóns en España.

Antecedentes do Conflito

A contenda radica na existencia de dous pretendentes ao trono: Felipe de Anjou, futuro Filipe V, neto do rei francés Luis XIV, e o arquiduque Carlos de Habsburgo. Ambos tiñan relación de parentesco con Carlos II, que designara como sucesor no seu testamento ao francés, o que provocou o medo á consolidación da hexemonía gala a nivel internacional pola posible unión da coroa francesa e española. Isto levou á formación dun bloque antiborbónico dirixido por Inglaterra, Austria, Países Baixos e a maioría dos estados alemáns, que loitaron polos dereitos da casa de Habsburgo.

Comezou un conflito internacional que se converteu nunha dura guerra civil en España, xa que os dereitos de Filipe V foron defendidos pola coroa de Castela e polos señoríos vascos e Navarra, e os dereitos da casa de Austria pola Coroa de Aragón, sobre todo polos condados cataláns.

Modelos Políticos en Conflito

Ámbolos representaban modelos políticos distintos. Filipe V encarnaba o absolutismo monárquico e a centralización do Estado. Carlos encarnaba a continuidade do respecto dos privilexios forais e a autonomía que acadaron os RRCC. Esta diferenza explica a escolla de bando por cada territorio, xa que na Coroa de Aragón existe o temor ás tendencias centralizadoras dos Borbóns que os privarían da súa autonomía, e a Cataluña súmase o mal recordo dos franceses despois da sublevación de 1640.

Punto de Inflexión e Tratado de Utrecht

A longa loita tivo un punto de inflexión cando o arquiduque Carlos accede ao trono austríaco. Os seus aliados, Países Baixos e Inglaterra, rexeitan a posible unión entre España e a Austria imperial (ao igual que coa posibilidade hispanofrancesa) na súa defensa de equilibrio continental. Isto leva a asinar a Paz de Utrecht en 1713, pero o conflito non remata totalmente ata 1714 coa toma definitiva de Cataluña polos Borbóns.

O acordo co que se pon fin á guerra é o Tratado de Utrecht, que recoñecía os dereitos de Felipe V a cambio da renuncia á unión con Francia e os seus dereitos sucesorios sobre esta. Flandes, Nápoles e Sardeña pasaban a Austria (España perde os territorios europeos que lle quedaban). Inglaterra consegue Xibraltar, Menorca e os dereitos de asento de negros e de navío de permiso, introducindo no comercio americano e asegurándose o lucrativo tráfico de escravos.

Filipe V comprometeuse a non tomar represalias coa Coroa de Aragón, pero non o cumpriu, xa que na promulgación dos Decretos de Nova Planta impoñía a extinción dos seus privilexios forais, o que iniciou o proceso de centralización da monarquía absoluta imposta.

Consecuencias do Conflito

Esto tivo consecuencias importantes a nivel internacional e nacional. En Europa, impúxose unha política de equilibrio continental que evitaba o predominio de calquera potencia sobre as demais. Para España, supón fortes cambios na configuración política e administrativa baixo a nova casa reinante.

Entradas relacionadas: